ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Comportamento Consumidor


Enviado por   •  28 de Diciembre de 2011  •  1.044 Palabras (5 Páginas)  •  795 Visitas

Página 1 de 5

Cuestións a resolver:

1.Escolle un producto de compra duradeira (electrodomésticos, mobles…) e sinala cales son os principais factores externos e internos que inflúen no seu proceso de decisión de compra. En que etapas do proceso de decisión de compra exercen unha maior influencia?

Unha vez elixido o electrodoméstico como produto de compra duradeira paso a sinalar cales son os factores externos e internos que inflúen no proceso de decisión de compra.

As influencias externas que proveñen do macroentorno poden ser de tipo económico, xurídico, tecnolóxico, ecolóxico e sociocultural. Afectan e condicionan o comportamento de compra das persoas. Detéñome na análise do entorno sociocultural, dado que é o que máis inflúe de todos eles.

A cultura terá influencia na compra na medida en que a través das subculturas (nacionalidade, rexión, idade, sexo…) supón unha especial importancia dado que constitúen segmentos de mercado con pautas de comportamento diferentes que poden ser considerados como mercados-meta para as empresas de electrodomésticos.

A clase social dentro da escala máis aceptada (alta, media e baixa), onde a súa vez cada unha delas contén outras tres subclases (alta, media e baixa) será moi importante á hora de elixir o electrodoméstico, xa que os gustos, preferencias e aspiracións difiren dunha clase á outra.

Os grupos sociais (amigos, grupos de traballo, tertulias..) poden ter influencia na decisión de compra ao buscar aprobación social a través da compra dun determinado electrodoméstico. Algún dos membros dun grupo social pode ter máis influencia nunha determinada categoría de produtos. Exemplo: Arguiñano na compra dun frigorífico ou vitrocerámica.

A familia será a variable externa que máis influencia exercerá na decisión de compra. O rol de iniciadora corresponderá, posiblemente, á esposa e no resto dos roles compartirá posición co marido, agás no de usuarios que será toda a unidade familiar.

Os factores internos que afectan ás decisións de compra do consumidor que imos analizar son as seguintes:

A motivación, a percepción, a experiencia e a aprendizaxe xogarán un papel importante como consecuencia da satisfacción das necesidades coa compra do electrodoméstico.

As características persoais, tanto dende o perfil demográfico (sexo, idade, estado civil…) como do psicográfico (personalidade, estilo de vida, etc.) terán tamén unha influencia na decisión de compra do aparato electrodoméstico.

Finalmente, as actitudes do comprador como xuízo ou preferencia por un determinado electrodoméstico, a través dun tipo de conduta ou avaliación (cognoscitiva, afectiva ou conductual). Exemplo: Bosh calidade, Siemens deseño, Balay tradición.

A incidencia das variables internas e externas nas distintas etapas do proceso de decisión de compra, resúmense neste gráfico.

2. Analiza as políticas comerciais minoristas en réxime de autoservizo que proporcionan carros de compra mini para os nenos e colocan os produtos máis atractivos para eles á altura dos seus ollos. Teñen en conta o comportamento do consumidor? En que facetas?

Os comerciantes minoristas e produtores en xeral, son conscientes de que os nenos son un mercado cun extraordinario potencial por diversas razóns.

Poboación por grupos de idade e sexo. Censo 1 outubro 2011

Ambos sexos

Grupos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (6.8 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com