ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Anatomia.


Enviado por   •  9 de Abril de 2012  •  Prácticas o problemas  •  2.233 Palabras (9 Páginas)  •  481 Visitas

Página 1 de 9

ANATOMIA

¿Qué é un oso, unha articulación e un músculo ?

Un oso é un órgano branco, duro e moi resistente que, xunto con outros, forma o esqueleto.

Polo tanto, o esqueleto e un conxunto de osos perfectamente articulados entre si que ten varias funcións: sostén as partes brandas, protexe algúns órganos, forma a sangue (medula ósea),...

No noso corpo existen ó redor de 200 osos, estes son de varios tipos. En función da súa forma podemos distinguir:

Osos curtos (tarso, carpo,...).

Osos largos (fémur, úmero,...).

Osos planos (occipital, coxal,...).

Unha articulación é o conxunto de formacións anatómicas que poñen en contacto dous ou máis osos, e poden ou non darlle a característica de mobilidade.

Existen varios tipos de articulacións segundo a súa mobilidade. Podemos atopar:

Articulacións Fixas (Sinartroses): p. e. as articulacións do cranio.

Articulacións Semimóbiles (Anfiartroses): p. e. as intervertebrais.

Articulacións Móbiles (Diartroses): p. e. o xeonllo, o nocello,...

*estructura dunha diartrosis

Dentro de cada un destes tipos, existen varias subdivisións pero nos, de momento, só nos imos a centrar nas Articulacións de tipo Diartroses ou móbiles que están formadas por:

Superficies articulares dos osos, revestidas por cartílago articular, que evita o rozamento e, polo tanto, o desgaste deses osos (artroses).

Anexos as superficies articulares: os discos ou meniscos, que teñen a función de axudar á congruencia entre os osos e evitar, tamén, o rozamento.

Formas de unión, que eviten a separación deses osos: a cápsula articular e os ligamentos.

Membrana Sinovial, que tapiza a articulación por dentro e ten como función producir e eliminar o líquido sinovial. Este atópase dentro da articulación nutríndoa e lubricándoa.

O músculo é o órgano activo do movemento e está formado por células musculares. Estas células, así coma o músculo, teñen a capacidade de acurtarse e alongarse en función dos estímulos que reciban. O corpo humano presenta un total de 500 músculos, aproximadamente. Existen tres grandes tipos de músculos (en función da súa estrutura interna) que convén que os teñamos en conta:

Músculo estriado, son un tipo de músculos voluntarios (son controlados voluntariamente) e esqueléticos (encárgase do movemento do esqueleto).

Músculo liso, este tipo é visceral (atópase nos vasos sanguíneos, nas vísceras,...) e involuntario (non podemos controlalos voluntariamente).

Músculo cardíaco, está a medio camiño entre os dous grupos anteriores. Ten un aspecto moi similar ó estrado pero o seu control obedece ó tipo de músculo liso. Encargase da contracción continua e rítmica do corazón.

*estructura dun musculo estriado

O grupo de músculos que máis nos interesa para estudar o movemento humano e dende o punto de vista da materia que nos ocupa e o músculo estriado. O músculo estriado pode presentar moitas formas pero, basicamente presenta a seguinte estrutura:

Tendóns, que son estruturas fibrosas de coláxeno moi resistentes e flexibles que unen os músculos ós osos que van mover.

Ventre/s, formados por fascículos musculares que, á súa vez están formados por células musculares (contráctiles).

Membranas, que envolven ó músculo, ós seus fascículos e ás súas fibras musculares. A que envolve todo o músculo chámase: epimisio.

2. Músculos, Articulacións e osos mais importantes.

PARTES DO CORP.

ARTICULACIÓNS

PARTES DO CORP.

ARTICULACIÓNS

Membros Superiores

Pulso

Membros Inferiores

Nocello

Cóbado

Xeonllo

M.M.S.S. co Tronco

Ombreiro (ombro)

M.M.I.I: co Tronco

Cadeira

Tronco

Art. intervertebrais

PARTES DO CORPO

OSOS

MÚSCULOS

CABEZA

Frontal

Músculos masticadores,

M. anexos ó globo ocular,

M. da mímica,...

Occipital

Parietais

Temporais

Maxilares

TRONCO

Vertebras

(7 cervicais)

(12 torácicas)

(5 lumbares)

Músculos dos canais vertebrais,...

Costelas

Diafragma (respiración),...

Esternón

Membros Superiores

Cintura escapular (ombreiro)

Clavícula

Deltoides, Trapecio,

Pectoral,...

Escápula (omoplata)

Brazo

Úmero

Bíceps, Tríceps,...

Antebrazo

Cúbito

Flexores, Extensores, Pronadores,..., dos dedos

Radio

Pulso

Osos do Carpo

Osos do Metacarpo

Dedos

Falanxes dos dedos

Membros Inferiores

Cintura pélvica

Coxal (cadeira)

Glúteos, Psoas-ilíaco, Adutores,...

Sacro (final da columna)

Muslo

Fémur

Cuadríceps, Isqueotibiais,...

Perna

Tibia

Xemelos, Sóleo, Tibiais,...

Peroné

Nocello

Osos Tarso

Flexores, Extensores, Pronadores,..., dos dedos

Osos Metatarso

Dedos

Falanxes dos dedos

Diferenza entre Tendón e Ligamento.

Despois de todo o visto parece evidente que os ligamentos e os tendóns son dúas cousas totalmente distintas. Aínda que a súa estrutura pode ser parecida xa que os dous están formados por fibras de coláxeno e son moi resistentes, as súas funcións son ben diferentes:

Os ligamentos teñen como función a de axudar a que os osos que forman unha articulación non se separe, e dicir, asegurar a congruencia articular. Hai varios tipos de ligamentos: intrínsecos (que pertencen á cápsula articular) ou extrínsecos (que non pertencen); máis fibrosos (que permiten pouca mobilidade) ou mais elásticos (permiten que se estiren lixeiramente).

Os tendóns, teñen como función a de unir os músculos ós osos que van mover, e dicir: fan de anclaxe entre as células contráctiles (musculares) e as estruturas óseas, posibilitando, así, o movemento do corpo humano.

CUALIDADES FÍSICAS

Enténdese por cualidades físicas aquelas que nos permiten

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (17 Kb)
Leer 8 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com