ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A Conciliación Da Vida Laboral E Familiar


Enviado por   •  27 de Octubre de 2012  •  2.380 Palabras (10 Páginas)  •  622 Visitas

Página 1 de 10

INTRODUCIÓN E OBXECTIVOS DO TRABALLO

A conciliación, é dicir, a compaxinación da vida laboral, persoal e familiar, é un tema moi presente na sociedade actual. Todo o mundo precisa tempo para a formación, o ocio, a familia, o traballo remunerado… pero non sempre se consegue. Penso que é un tema a tratar moi interesante, xa que a calquera lle pode xurdir unha situación na que teña que desenvolver distintas facetas e lle sexa difícil poder coordinalas. O obxectivo principal deste traballo é o desenvolvemento de varias políticas e leis que pretenden facilitala, tanto a nivel nacional coma autonómico e local. Ademais, consideraranse os resultados obtidos tras a aplicación das diversas medidas e os aspectos a mellorar para conseguir que todas as persoas poidan compaxinar a vida persoal e o emprego.

Tradicionalmente, o traballo na casa e o coidado de nenos e anciáns era unha función desempeñada polas mulleres, pero a partir da década de 1976 esta foise incorporando ao mercado de traballo, sen que o home fixese o mesmo co traballo no fogar; para que esta situación fose sostible, é dicir, que os dous sexos estivesen ben incorporados ao traballo continuando, á súa vez, coa vida familiar, era necesario o desenvolvemento de medidas que facilitasen a conciliación.

No ano 1976 a taxa de actividade (é dicir, as persoas que estaban no mercado de traballo en relación ás que poderían estar) dos homes en España era do 77,57%, mentres que nas mulleres era do 28,53%, porque estas, na sociedade machista na que vivían, tiñan o papel de quedar na casa en lugar de traballar. Os datos de desemprego eran parecidos entre ambos sexos, entre o 4 e o 5%. Coa chegada da democracia a España, a muller comezou a ter máis liberdades, a reclamar os seus dereitos (coma o do emprego)… é dicir, pretendíase chegar á igualdade. Unha das consecuencias disto foi a incorporación da muller ao mercado de traballo; deste xeito no ano 1990, os datos converxeran, chegando a taxa de actividade ata o 68,43% e o 34,56%, respectivamente, aínda que a cifra feminina continuase a ser moi inferior á masculina. Porén, a taxa de desemprego das mulleres disparárase (era do 24,17%), mentres que a dos homes só aumentara ata o 11,74%. Isto quere dicir que o número de mulleres que buscaba traballo se incrementara, pero seguíase a preferir a homes á hora de contratar. Causas desta taxa elevada eran que, como as mulleres eran as que tradicionalmente coidaban do fogar, tiñan máis problemas para aceptar un emprego (polos horarios) e collían máis baixas que os homes, porque podían quedar embarazadas. No 2010, os datos de actividade eran do 67,72 e 52,5%, reducíndose aínda máis a diferenza, e a taxa de desemprego seguía sendo maior no caso do sexo feminino.

Nestas dúas gráficas da evolución das taxas de actividade e desemprego en España dende 1976, pódese observar o proceso de converxencia sufrido, malia que aínda se atopen as mulleres nunha situación de desvantaxe.

No caso de Galicia, o sexo feminino atopouse nunha situación mellor ca en España ata comezos dos 90, cunha taxa de actividade bastante alta (sempre entre 40 e 50%) debido a que antigamente moitas mulleres tiñan empregos na agricultura ou no marisqueo (actividades que podían desenvolver á vez que coidaban da casa e dos fillos), pero que non medra co paso do tempo. A taxa de desemprego era menor que a dos homes, pero dende 1986 a situación invértese.

Tamén é importante respecto ao tema que a poboación está envellecendo (tanto a nivel Estatal coma autonómico) e son necesarias novas estruturas e axudas para que non sexa necesario que algún familiar teña que quedar coidando dos maiores, en lugar de traballar. O 32% dos coidadores de anciáns no ano 2000 eran as fillas, mentres que os homes só representaban o 6%.

No ano 1995 celebrouse en Pequín a IV conferencia mundial sobre as mulleres, na que 189 estados asinaron un acordo para potenciar o reparto de responsabilidades entre os dous sexos.

Ademais, para facilitar a compaxinación de todos os aspectos da vida, e que a muller estea integrada no mercado de traballo do mesmo xeito que o home, sen existir diferenzas significativas entre eles, leváronse a cabo distintas medidas, a nivel do Estado, Comunidade Autónoma e Concello.

POLÍTICAS E LEIS ESTATAIS

Dende o ano 1992 fóronse emitindo directrices europeas, que os estados membros debían seguir para facilitar a conciliación na vida dos seus cidadáns. Así, no ano 1999 aprobouse en España a Lei 39/1999 , do 5 de novembro para promover a conciliación da vida laboral e familiar das persoas traballadoras, publicada no BOE nº266 do 6 de novembro de 1999. A Constitución española atribúe aos poderes públicos o deber de promover que a igualdade dos individuos da sociedade sexa real, eliminando todos os obstáculos posibles. Os cambios provocados pola incorporación da muller ao traballo fixeron necesario un novo modo de cooperación entre homes e mulleres que permita un reparto máis equilibrado das responsabilidades profesionais e familiares, e nesta lei preténdese impulsalo, con algunhas medidas que de detallarán a continuación:

• O dereito a unha hora de ausencia no traballo (ou redución da xornada de traballo este mesmo tempo) para os pais/nais que teñan un fillo/a menor de 9 meses, por motivos de lactancia.

• As persoas que teñan ao seu coidado un neno/a menor de 6 anos ou unha persoa con algunha minusvalía que non traballe, poderán reducir a súa xornada laboral entre un 33 e un 50% para o seu coidado, así como a parte do soldo correspondente.

• Dereito a 3 anos de excedencia polo nacemento dun fillo, e un ano por enfermidade dun familiar de 1º ou 2º grao. Durante o 1º ano reservarase o mesmo posto de traballo, e ata o fin da excedencia, un posto do mesmo nivel.

• No caso de parto, se os dous compoñentes da parella están empregados, a muller desfrutará as seis semanas inmediatamente posteriores ao nacemento dunha baixa laboral, e disporase de dez semanas máis de suspensión, que se poderán repartir entre o pai e a nai, sempre que esta se atope nun bo estado de saúde. O pai, ata o ano 2007, só posuía dous días de descanso obrigatorio tras o nacemento, pero coa Lei de Igualdade dese mesmo ano, as xornadas amplíanse en 13; tras estes días, poderá seguir optando ás dez semanas anteriormente citadas.

Observando as cifras obtidas pola Enquisa de poboación activa dende a aplicación desta lei, malia que no momento da súa imposición non se estabeleceran unhas cifras obxectivo, pódese considerar que non tivo un gran éxito. No ano 2009, o 23% das mulleres ocupadas estábano a tempo parcial, mentres que o dato nos homes era só do 4,9%, manténdose

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (14.1 Kb)  
Leer 9 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com