ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

FIDEL ALEJANDRO CASTRO RUZ


Enviado por   •  16 de Mayo de 2020  •  Biografía  •  2.777 Palabras (12 Páginas)  •  292 Visitas

Página 1 de 12

FIDEL ALEJANDRO CASTRO RUZ 

Fidel Alejandro Castro Ruz

obtivo o seu título de bacharelato en 1945. Ese mesmo ano entrou na Universidade da Habana, onde chegou a cursar tres carreiras ao mesmo tempo: Ciencias Sociais, Dereito e Dereito Diplomático. Nesta institución tivo acceso a algunhas obras literarias, que lle permitiron alcanzar unha certa madurez política. Os seus primeiros pasos na política foron no ámbito estritamente universitario. Foi delegado de curso e chegou a recibir ameazas de morte ao enfrontarse a un candidato da FEU (Federación Estudantil Universitaria) apoiado polo Goberno de Ramón Grau San Martín.

En 1947, como presidente do Comité Pro Democracia Dominicana da FEU, promoveu accións para reclamar a destitución do ditador dominicano Rafael Trujillo, e formou parte da Invasión da Cayo Confites, co obxectivo de derrocalo, pero este movemento militar fracasou.

En 1948 gracias ao apoio económico de Juan Domingo Perón, viaxou a Caracas, Panamá e Bogotá como delegado da FEU á Conferencia Interamericana de Estudantes en oposición á IX Conferencia Panamericana. En Bogotá estaba citado para encontrarse co candidato a presidente  Jorge Eliécer Gaitán  a mesma tarde que este foi asasinado, durante a revolta coñecida como o “Bogotazo”.

De regreso a Cuba, Fidel casouse coa estudante de filosofía Mirta Díaz-Balart, coa que tería o seu primeiro fillo, Fidel Ángel Castro Díaz-Balart.

En 1950 graduouse como avogado. Tras o suicido de Eduardo Chibás, líder do Partido Ortodoxo, Castro presentouse por este partido como candidato á Cámara de Representantes do Congreso cubano, pero o golpe de estado do xeneral Fulgencio Batista derrocou o goberno do presidente Carlos Prío Socorrás e anulou as eleccións, razón pola cal Fidel decidiu denunciar a Batista ante un Tribunal de Urxencia, pero os tribunais rexeitaron a demanda. Como consecuencia, o 26 de xullo de 1953 Castro participou na elaboración de un ataque armado contra os cuarteis Moncada, de Santiago de Cuba, e Carlos Manuel de Céspedes, de Bayamo, xa que estaba convencido de que a loita revolucionaria era a única vía posible para derrocar a ditadura.

O intento de tomar o Cuartel Moncada debeuse a que, polas súas características (posición estratéxica, agrupaba 3000 armas e encontrábase nunha zona oposta ao golpe dado por Batista), podería propiciar un levantamento popular armado e ademais as cualidades do terreo favorecerían ao desenvolvemento da loita armada.

A táctica empregada consistiu en chegar armados e disfrazados de sarxentos, coa única diferencia do calzado, para asi poder recoñecerse entre eles. Unha vez dentro, tratarían de contactar coas demais guarnicións e animalos ao levantamento. Pero en caso de que a rebelión non recibise apoio, a idea era escapar ás montañas e armar o pobo para continuar a loita.

O ataque sería realizado por tres grupos: un dirixido por Abel Santamaría (militante político), que debía de tomar o Hospital Civil, outro encabezado por Raúl Castro, irmán de Fidel, que debía tomar o Palacio de Xustiza e o grupo principal ao mando de Fidel que tomaría a xefatura do cuartel.

A tentativa fracasou: o cuartel non chegou a ser tomado e a acción non provocou a esperada insurrección popular.

A pesar de contar coa axuda dalgúns cidadáns que trataron de camuflalos, moitos dos aliados de Fidel foron capturados polas autoridades, aínda que el conseguiu escapar con algún dos seus homes a Sierra Maestra.

Tras varios días camiñando deciden gardarse nunha casa na serra, pero foron sorprendidos polas autoridades. Castro salvou a súa vida gracias ao sarxento que o detivo, xa que ao entregalo esixiu que non fose torturado.

Fidel Castro foi encarcelado e sentenciado a quince anos de prisión. Tras 22 meses de prisión foi liberado durante a amnistía xeral de maio de 1955

REVOLUCIÓN CUBANA 

QUE FOI A REVOLUCIÓN CUBANA?

A Revolución cubana foi o resultado do movemento revolucionario cubano de esquerda  que provocou a caída do réxime do ditador Fulgencio Batista, e a chegada ao poder do líder do Exército guerrilleiro, Fidel Castro.

CONTEXTO HISTÓRICO: CUBA ANTES DA REVOLUCIÓN

Baixo o mando do intelectual José Martí, Cuba foi unha das últimas nacións do continente americano en conseguir a independencia. E para que isto sucedera, contou co apoio das tropas estadounidenses, que formaron unha especie de asociación entre as nacións, creando así unha unión política, que para Estados Unidos era muy útil, xa que o país tiña un grande interese na illa debido a súa estratéxica situación.

A independencia de Cuba foi obtida a través da guerra hispano-americana. En 1898, tras a derrota española, Estados Unidos apresurouse a establecer o seu dominio sobre a illa. Para conseguilo, o Senado estadounidense aprobou o proxecto do senador Oliver Platt e obrigou ós cubanos a incorporalo á súa  Constitución, a “Enmienda Platt”, a cal daba ós estadounidense o dereito de intervir en Cuba cando o considerasen necesario.

Así, houbo o inicio da tutela político-económica e militar norteamericana sobre Cuba. Esto incluíu, en 1903, a concesión de un territorio de 117 quilómetros cadrados na Bahía de Guantánamo. Posteriormente construirase unha base naval e unha prisión na rexión.

Na década de 1950, a economía cubana basease exclusivamente na produción de azucre e o 35% da fabricación eran controlados por capitais norteamericanos .

CAUSAS DA REVOLUCIÓN

As causas principais desta revolución foron:

O réxime de Batista: cando Batista deu o golpe de Estado estableceu un goberno militar de carácter ditatorial. A pesar de que convocou unhas eleccións para tratar de lexitimar a súa posición, a fraude era evidente.                                                                                                                                      Este sistema de goberno xerou unha gran oposición en boa parte da cidadanía, e para tratar de acabar con ela Batista reprimiu con brutalidade a todos os movementos que consideraba que podían serlle prexudiciais. E tamén limitou ao máximo a liberdade de prensa.

O se mandato caracterizouse polo nepotismo (trato de favor cara familiares ou amigos, aos que se lle outorgan cargos ou empregos públicos),a mala administración, a corrupción, que se converteu nun dos grandes problemas da illa, e non so afectaba ó goberno, si non que se estendeu por outros sectores, como por exemplo para favorecer a grandes empresarios e a neglixencia coas necesidades básicas de toda a poboación.

Dependencia de EE.UU: a maior parte da riqueza da illa atopábase en mans de empresarios estadounidenses que dominaban as industrias de azucre e controlaban boa parte da industria de ocio (dende os casinos ata a prostitución estaban en mans de mafias estadounidenses).                          EE.UU influía tamén na política e apoiaba ós presidentes que estaban a favor de Norteamérica.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (14 Kb) pdf (73 Kb) docx (219 Kb)
Leer 11 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com