Cementación cobre
Enviado por Atr5570 • 22 de Abril de 2021 • Práctica o problema • 569 Palabras (3 Páginas) • 82 Visitas
INFORME PRACTICA 5
Nesta practica realizamos a cementación de cobre mediante a chatarra de ferro, a cementación e un proceso no cal se desprazan ións metálicos nobres por aqueles dun metal mais reactivo, este proceso faise a partir dunha disolución acuosa de Cu 2+ que reacciona coa chatarra de ferro e reducíndose de Cu2+( acuoso)🡪 CU0 ( precipitado).
O proceso comeza cando vertemos 100 ml dunha disolución que conten Cu2+ nun vaso de precipitados, a primeira vista podemos observar que a súa natureza , podendo dicir que é un liquido de cor turquesa , sen precipitados , non fumea , e vese a través del. Posteriormente medín o ph para comprobar que se encontra entre 1 e 2 , de feito comprobei co indicador de ph que se atopaba moi próximo a 1 polo cor vermello intenso que obtiven .Este paso realizase para que a rección se faga de modo rápido e non se creen hidróxidos que ralentizarían a redución.[pic 1]
Tamén medín a densidade usando un densímetro e obtendo como resultado 1,055 de densidade da disolución de cobre. [pic 2]
O último paso antes de comezar o proceso e limpar o ferro deixando o máis limpo posible ( primeiro con un produto , despois con auga e xabón e por ultimo pasarlle un auga destilada).
O proceso de cementación comezou cando incorporei a placa de chatarra ó ferro en eses momento o cobre comeza a adherirse a placa de ferro formando unas especie de “cemento” , que posteriormente se desprendeu deixando un precipitado de cobre no fondo do vaso.
Deixeino repousar 2 días durante os cales se levou a cabo a cementación , despois diso filtrei colocando un filtro no funil Büchner e conectando a bomba de baleiro. Unha vez filtrado o precipitado peseino e introducino na estufa , onde estivo secando ata que se apagou a estufa e se deixou arrefriar todo o fin de semana, despois disto peseino sabendo así o numero de gramos que se obtiveron de cobre neste procedemento.[pic 3][pic 4]
[pic 5]
Nesta imaxe vese como se realiza o proceso , empezando con una disolución acuosa de cor azul , que vai perdendo esta cor a medida que se vai creando unha capa de cobre o redor da chatarra de ferro , que posteriormente acaba precipitando deixando cobre de ferro no fondo do vaso de precipitados.
Reaccións:
Cu2+ + Fe0 🡪 Cu0+ Fe2+
Semirreaccións:
Cu2+ +2e- 🡪 Cu0
E0Cu= 0,34V
Fe0🡪 Fe2++ 2e-
E0Fe = 0,44V
E0= 0,78V
[pic 6]
Que sexa menor a 0 implica que a reacción se realiza de forma espontánea.[pic 7]
Material e reactivos:
- Chatarra de ferro
- Disolución de Cu2+
- Vidro de reloxo
- Papel de filtro
- Indicador de ph
- Vaso de precipitados
- Estufa
- Probeta
- Densímetro
- Bomba de baleiro
- Kitasato
- Büchner
Datos experimentais:
Peso do vidro de reloxo | Peso do vidro mais o filtro | Peso antes de ir a estufa | Peso despois da estufa | Cobre obtido |
52,327 gramos | 52,640 gramos | 53,181 gramos | 52,908 gramos | 0,27 gramos |
Códigos Ler:
- Reactivos:
- Chatarra de ferro: 12 01 01
- Disolución acuosa de Cu2+ : 11 02 06
- Produtos
- Cobre: non é un residuo, é o resultado da valoración
- Fe2+ : 16 05 06
Diagrama de fluxo:
[pic 8]
Andrea Tacón Rodríguez
CS Química Ambiental
...