ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Este é o relato da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña


Enviado por   •  16 de Noviembre de 2022  •  Apuntes  •  1.193 Palabras (5 Páginas)  •  84 Visitas

Página 1 de 5

Texto

Este é o relato da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña. Foi alá polo 1970, cando el acababa de cumprir os dez anos. Seus pais prometéranlle a viaxe se aprobaba o curso con boas notas.

Lito, coa ilusión da viaxe, non pegou ollo en toda a noite. Era a primeira vez que ía á cidade, ademais vería o mar bater bravamente nas rochas de Punta Herminia, preto da Torre de Hércules. Coas présas e co querer chegar canto antes, apenas almorzou.

Logo dunha hora de viaxe en tren chegaron á estación de San Cristovo. Alí mesmo colleron un autobús que os levou directamente ata a Torre. Alí estaba, fincada como un xigante contemplando e dirixíndoo todo. Aos seus pés había un canteiro esculpindo unha cruz. Interesouse polo seu traballo xa que el quería ser escultor.

Cando saíu do obradoiro decatouse de que perdera de vista a seus pais. Foi correndo ata a entrada da Torre, pero soamente atopou ao garda. Preguntoulle polos pais, pero non sabía nada. Baixou a toda présa cara á parada do autobús, pero tampouco estaban alí. A súa desesperación ía en aumento. E agora como volvería á casa. Non coñecía a ninguén na cidade; non tiña cartos…

Pasou toda unha hora dun sitio para outro preguntando polos seus pais. Cando as bágoas deitaban polas súas meixelas e xa pensaba en acudir á policía, alguén pousou enerxicamente a man sobre o seu ombreiro. Era seu pai. Todo quedou nun susto.

COMENTARIO

  1. Tema principal.- Conta unha anécdota da nenez de Lito. Tamén fala da ilusión da viaxe, do medo por perderse...

  1. Deseño editorial.- O texto non presenta ningún tipo de división externa.

  1. Estrutura interna.-
  • Introdución: 1º parágrafo. Cóntanos como a Lito lle prometen unha viaxe á Coruña como premio por sacar boas notas.
  • Desenvolvemento.- 2º, 3º e 4º parágrafos. Fálanos da ilusión da viaxe, de como chegaron e do que fixo alí. Tamén nos conta como, por observar a un canteiro, perde a seus pais e non os dá atopado.
  • Desenlace.- Último parágrafo. Aquí Lito, desesperado e a punto de acudir á policía, por fin atopa ao seu pai.
  1. Modalización narrativa.- Trátase dun narrador interno, porque, aínda que non pertence á historia, si coñece aos protagonistas. Sabemos que é un amigo do protagonista “...da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña” e cóntanos a historia (que coñece perfectamente) como se fose un espectador externo.

Chámase narrador testemuña. Non obstante, se vos fixades, ten moitos datos (sabe o que pensa e sente Lito, sabe que o seu pai lle pousou a man no ombro “enerxicamente”...

  1. Narratario.- Neste texto non hai narratario.

  1. Temporalidade.-
  • En que época se localiza a historia.- Sabemos que é 1970 porque se nos di explicitamente ao principio do texto; ademais, se é un premio por aprobar o curso con boas notas, ten que ser no verán.
  • Tempo da Historia. Sabemos que entre que perde aos seus pais e os atopa pasa unha hora porque nolo di Pasou toda unha hora dun sitio para outro preguntando polos seus pais”; pero temos que engadir a noite que non durmiu, o tren e o bus que tivo que coller para chegar e o anaco que estivo mirando para o canteiro. En total non chega a un día.
  • Tempo do discurso. Estamos diante dun texto rápido porque atopamos varios mecanismos que aceleran a acción: hai varios sumarios (por exemplo cando se nos resume por que vai Lito á Coruña) e varias elipses (fálanos de que collen o tren para ir a Coruña e que a viaxe tarda unha hora, pero non nos di nada do que sucede durante a viaxe).

O fragmento máis lento é o que nos conta como o neno non atopa aos seus pais, pero tampouco é demasiado lento porque se supón que pasa unha hora perdido e só menciona as cousas que fai para solucionalo.

  • A ordenación dos acontecementos.- Os acontecementos están contados na orde en que sucederon, pero trátase dun feito pasado hai tempo (unha “analepse” ou “flash-back”): “Este é o relato da primeira viaxe que o meu amigo Lito fixo á Coruña. Foi alá polo 1970”.

  1. Espazo.-
  • Os distintos lugares onde transcorre a acción.- Aquí menciónase A Coruña e tamén sitios concretos dentro dela: “A estación de San Cristovo” e mais a “Torre de Hércules”.
  • A presenza, ou non, de descricións.- Poucas hai e todas teñen que ver co mar vería o mar bater bravamente nas rochas de Punta Herminia” e coa Torre fincada como un xigante contemplando e dirixíndoo todo”.
  • O espazo ten unha función referencial, xa que se limita a reproducir con exactitude o espazo extratextual.
  • Todo o conto está baseado no desprazamento do neno e mais dos seus pais á Coruña. Tamén son relevantes os pequenos desprazamentos que Lito fai mentres trata de localizar á súa familia.

  1. Personaxes .-
  • Principais.- Só está Lito, cando era pequeno.

Do seu físico non sabemos absolutamente nada. Coñecemos polo narrador que ten 10 anos, que aprobou o curso con boas notas (porque gaña a viaxe prometida), que nunca fora á Coruña, que quere ver o mar, que estaba tan emocionado que non durmiu nin almorzou e que quere ser escultor (non é o habitual nun neno).

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (7 Kb) pdf (95 Kb) docx (11 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com