AMÉRICA PRECOLOMBINA.
Enviado por sarius29 • 30 de Abril de 2016 • Trabajo • 378 Palabras (2 Páginas) • 147 Visitas
A AMÉRICA PRECOLOMBINA
Mayas, aztecas e incas. Escolle unha das 3 culturas precolombinas e despois busca información na internet sobre o tema. Elabora un pequeno presentación sobre a devandita civilización (podes incluír fotos e mapas).
A presentación debe ter, como mínimo, as seguintes partes:
- Localización (onde estaba asentada a cultura que estades a analizar, cal é a súa capital, con que países se corresponde actualmente... unha boa idea é engadir un mapa ao voso traballo)
- Organización social (quen era o xefe, como era o goberno, eran cidades-estado ou formaban un imperio? Había clases sociais ou eran todos os cidadáns iguais? Había escravos?...)
- Economía (que produtos cultivaban?Que tipo de artesanía facían? Que se vendía nos mercados? Cal era a moeda?...)
- Relixión e arte: (cales eran os deuses principais? Como eran os templos? E as cerimonias?...)Unha boa idea é incluír algunha foto dun templo, unha escultura... E non esquezades falar dos sacrificios humanos!
GUÍA DA PRESENTACIÓN DO TRABALLO
Déixovos as normas para realizar o traballo, seguide estes consellos e seguro que faredes un BO TRABALLO.
Primeiro realizades a PORTADA co Título, na parte de abaixo poñedes os vosos datos.
TÍTULO
Nomes:
Curso:
Materia:
Data:
Na seguinte páxina poñedes o índice.
Despois a introdución. Normalmente, a introdución non se comeza na parte superior da páxina, senón máis ben á metade de mesma. Aquí coméntanse os aspectos xerais que se van abordar.
Na seguinte páxina empezades o voso traballo.
Despois van as conclusións. É conveniente rematar un traballo cunhas conclusións que sirvan de colofón a este. Caben nelas as túas impresións, ou destacar a importancia que ten o tema, o que aprendices ou a súa transcendencia, etc.
O último apartado que debe conter será a Bibliografía ou webgrafía....(cada quen, dependendo das fontes que empregue). Deberán de estar referenciadas do seguinte xeito:
- Bibliografía:
BUZO I., LÁZARO M....: Xeografía e Historia. Madrid: Xerme SM, 2016, pp. 284-291 aquí está como exemplo o libro de texto da clase (fixádevos que inclúe as páxinas que deberedes traballar).
- Webgrafía:
Autor da páxina ou do texto consultado (se o hai). NOME DA PÁXINA WEB. Enlace. [data de consulta da páxina web].
NON ESQUEZAS:
Numerar as páxinas.
Xustificar as marxes.
Destacar os apartados.
Coida o FORMATO: usa sempre o mesmo tipo de letra, o mesmo tamaño para o texto, o mesmo tamaño para os apartados.
...