DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL DO EMPREGO POR SECTORES DE ACTIVIDADE 1820-1992
Enviado por irenepens • 7 de Marzo de 2022 • Ensayo • 2.219 Palabras (9 Páginas) • 119 Visitas
3.1.3 DISTRIBUCIÓN PORCENTUAL DO EMPREGO POR SECTORES DE ACTIVIDADE 1820-1992
As economías dos diferentes países cambiaron moito ao longo da historia, especializándose nuns ou noutros sectores dependendo da dispoñibilidade de materias primas, ou recursos necesarios para o seu crecemento económico. Ademais, tamén estiveron sometidos á necesidade de adaptación aos cambios e circunstancias, que fixeron mudar a súa produción.
Neste gráfico amósasenos a distribución da poboación destas diferentes potencias nos tres sectores económicos, entre o s.XIX e s.XX, no que diferenciamos 2 grupos no XIX. Os países europeos, que presentan menores índices no sector primario e maiores no sector secundario respecto aos non europeos. E no s.XX, vemos unha clara especialización das potencias europeas e EEUU, Xapón e Rusia cara o sector terciario, mentres que China se mantén no sector primario, o cal se mostra practicamente nulo no resto das potencias a diferencia dos demais sectores. No sector secundario amósase un certo equilibrio entre as potencias, algunhas rexistran maiores cifras ca otras, pero rondan os mesmos parámetros.
En primeiro lugar, temos a EEUU, o cal presenta importantes taxas en ambos séculos. A pesar de posicionarse en primeiro posto na concentración de empleos en torno ao sector primario nos inicios do s.XIX, acabou por representar no século seguinte o segundo posto máis baixo en canto a empleos neste sector. Xa que a economía pasou a especializarse en maior medida cara os outros sectores, como o secundario coa implantación de fábricas. Este sector medrou debido aos múltiples avances tecnolóxicos introducidos que permitiron unha mellora importante da productividade, como foi a especialización e produción en serie. Todo isto, achegou notorias facilidades aos fabricantes, como maiores capacidades para reparación das máquinas, o que lles permitía reducir os seus custos e incrementar a oferta dos bens. Neste ámbito, destacou a industria textil, especialmente a do algodón, que adoptou unha gran importancia en termos de valor engadido e representaba a segunda industria a nivel de empleabilidade.
Anteriormente, EEUU era un simple importador de tecnoloxía, esencialmente de Gran Bretaña. Pero, a partir do s.XIX, grazas á capacidade do país, escasa man de obra e implantación e proliferación de patentes (como a máquina de coser) naceu o desexo e necesidade de innovar a apostar pola invención de novos productos rompedores. De ahí, que se perciba esa clara subida na taxa de empleos no sector secundario no XX, debido a factores como os abundantes recursos naturais cos que contaba o país, o crecemento da poboación, a recepción de inversión estranxeiras, a acumulación de capitais, a inmigración tamén xogou un claro papel, xa que supuxo un aumento da man de obra, que resultaba máis atractiva para o empresario, xa que lle supoñía un menor coste. Por tanto, nesta época consolidáronse múltiples empresas a gran escala. Pero, a pesar destes avances produciuse un retroceso, debido ás complicacións e consecuencias derivadas de múltiples crises como a do petróleo (1973).
No sector terciario aos inicios era pouco notable na economía americana, máis pouco a pouco foi collendo importancia ata convertirse no principal motor da economía do país no s.XX. Xerouse unha sociedade de consumo, que demandaba cuantiosos servizos, estes proporcionados polo sector terciario. Este, resultou altamente beneficiado polo fenómeno do Baby Boom, que implicou un gran crecemento da poboación, que conlevou á maior demanda de bens e servizos por parte da sociedade.
Francia nos inicios do s.XIX, no sector primario tiña unha notoria actividade frente aos demais sectores. Pero cada vez decrecente, e potenciando o aumento de empregos no resto dos sectores. Francia foi un dos países máis precoces en canto á industrialización, de ahí que nos inicios do s.XIX amose unha das taxas de emprego máis altas no sector secundario. Pero cun escaso crecemento, xa que a pesar de ser un dos primeiros países en industrializarse o seu ritmo foi lento e irregular, xa que atopaba complicacións como a escasa poboación, maioritariamente rural, e a supremacía británica nos mares, que dificultaba e entorpecía o seu crecemento, como a falta de carbón.
No sector servizos nos inicios rexistra taxas algo inferiores ás do sector secundario no 1870-1880. Pero, xa no 1950 produce un despegue, especialmente destacable de 1950-1992, coa implantación do Estado de benestar e a vivencia da Belle Époque, na que se xerou unha sociedade de consumo.
Alemaña, rexistra taxas similares a Francia no sector primario, e no sector terciario. Aínda que se distancia un pouco dos valores recollidos no sector secundario. Ao igual que Francia, foi un dos países precoces na industrialización, aínda que o seu crecemento foi maior, especialmente tras a súa unificación. A todo isto, favoreceu a creación de infraestruturas, como os ferrocarrís ou canais, e tamén tivo un papel moi importante a construcción naval. Ademais, tamén foi destacable a abundancia de materias primas como o carbón e minerais coas que contaba o país, que lle permitirían establecer un intenso mercado interno. Na economía alemá xogaron un papel clave as industrias pesadas, como a química, a eléctrica ou a de motor.
No sector terciario, amosa taxas relativamente altas ao inicio do s.XIX, pero o seu crecemento non foi tan notorio coma o doutras potencias. Porén, neste sector rexistranse taxas máis elevadas en Francia que en Alemaña no s.XX.
Países Baixos, ao igual que o resto dos países europeos rexistra importantes taxas no inicio do s.XIX no sector primario que decrecen, xa que aumenta a súa implicación no sector secundario, potenciado por un mercado libre para mercancías e factores de produción, unha produtividade agrícola que acadou niveis que permitían a división do traballo, unha estructura política favorable e un desenvolvemento tecnolóxico que permitiu o avance e crecemento económico. Acadouse así, unha productividade moi superior á do resto dos países europeos, debido á implantación do seu modelo, baseado nun cuantioso uso de enerxía por traballador (obtida da hulla e do vento) e de fortes inversións en capital humano.
E vemos unha forte tendencia crecente respecto ao sector terciario, xa que partindo do nivel máis alto no 1870, mantívose aínda que foi superado xa en 1913 por EEUU.
Reino Unido, rexistrou taxas medias en canto á implicación no sector primario no s.XIX, como sempre decrecemtes co paso dos anos. E evidentemente, foi o que rexistrou maiores taxas de emprego no sector secundario, xa que foi o país onde se orixinou e se viviu con anterioridade a Revolución Industrial. Ademais, foi o primeiro país que instalou unha central nuclear para absatecer de nerxía á poboación e empresas, é dicir con fins civís.
...