Desenvolvemento cognitivo
Enviado por pelojapi • 19 de Noviembre de 2017 • Resumen • 1.365 Palabras (6 Páginas) • 217 Visitas
Página 1 de 6
Desenvolvemento cognitivo, intelectual e/ou cognoscitivo
A nivel cognitivo, a psicoloxía
- Aporta á educación o coñecemento daqueles procesos que rixen o comportamento humano en situación de ensino e aprendizaxe.
- Dános información acerca do que son capaces os alumnos e cómo podemos favorecer o desenvolvemento.
- Dínos que a cognición é aquel conxunto de coñecementos que posibilitan ó individuo a súa adaptación ó medio (Intelixencia) pero tamén capacidade de modificalo para adaptarse.
O desenvolvemento é o obxectivo da educación
- Significa un paso dun estado inicial de menor coñecemento a un estado final de maior coñecemento a través de estados intermedios.
- Tres son os conceptos principais: maduración ou estado a punto do organismo humano, aprendizaxe (neste caso escolar) e desenvolvemento (neste caso intelectual).
Catro concepcións explican o desenvolvemento intelectual.
Responden a formas de entendelo o desenvolvemento e a sua relación co ensino e aprendizaxe:
- Xenética de Piaget: A / D
- Conductista: A = D
- Gestalt: A / D pero o D é a xeralización da A.
- Sociocultural de Vygotski: A ⬄ D
Tódalas funcións intelectivas aparecen duas veces no D: primeiro social e logo individual.
CATRO FACTORES DO DESENVOLVEMENTO
- Maduración, experiencia física, organización e social.
A ORGANIZACIÓN E O SOCIAL
- Prodúcese como consecuencia do uso por parte do ser humano (Ferramentas intelectivas).
- Está caracterizado pola cultura.
- É instrumento e fin cultural
- Aséntanse sobre o psicobiolóxico.
- A aprendizaxe escolar é fundamental para o Desenvolvemento
Dende o punto de vista piagetiano, no curso do desenvolvemento intelectual prodúcense ademais cambios relativamente bruscos denominados estadíos.
ESTADIOS:
[pic 1]
INTELIXENCIA PREOPERATORIA
Nesta etapa aparecen:
- A imitación diferida: É imitar un modelo ou unha escena sen que esta esté presente. (Unha nena imita a un amigo que chora, cando este suceso xa pasou e non está presente).
- O xogo simbólico ou xogo de ficción: Este xogo consiste en "facer como si". O neno ou nena aparente durmir, é dicir, reprensenta como se durme acompañada de obxetos que se fixeron simbólicos.
- O debuxo: Aprende a representar mediante debuxos a súa visión do mundo.
- A imaxe mental: Tanto se é dun obxeto como doutra cousa pode considerarse que é como unha imitación ou copia interna dese obxeto.
- A linguaxe: Comeza a aparecer a linguaxe como modo de referirse a obxetos que non están presentes.
CONCRETA OPERACIONAL
- De 7 a 11 anos de idade. Cando se fala aquí de operacións faise referencia ás operacións lóxicas usadas para a resolución de problemas. O neno nesta fase ou estadio xa non só usa o símbolo, é capaz de usar os símbolos dun modo lóxico e, a través da capacidade de conservar, chegar a generalizaciones atinadas.
- Ao redor dos 6/7 anos o neno adquire a capacidade intelectual de conservar cantidades numéricas: lonxitudes e volumes líquidos. Aquí por 'conservación' enténdese a capacidade de comprender que a cantidade mantense igual aínda que se varíe a súa forma. Antes, no estadio pre-operativo por exemplo, o neno estivo convencido de que a cantidade dun litro de auga contido nunha botella alta e longa é maior que a do mesmo litro de auga trasegado a unha botella baixa e ancha, en cambio, un neno que accedeu ao estadio das operacións concretas está intelectualmente capacitado para comprender que a cantidade é a mesma (por exemplo un litro de auga) en recipientes de moi diversas formas.
- Ao redor dos 7/8 anos o neno desenvolve a capacidade de conservar os materiais. Por exemplo: tomando unha bóla de arcilla e manipulándoa para facer varias bolillas o neno xa é consciente de que reunindo todas as bolillas a cantidade de arcilla será prácticamente a bóla orixinal. Á capacidade recentemente mencionada chámaselle reversibilidade.
Ao redor dos 9/10 anos o neno accedeu ao último paso na noción de conservación: a conservación de superficies. Por exemplo, posto fronte a cadrados de papel pódese dar conta que reúnen a mesma superficie aínda que estean eses cadrados amontoados ou aínda que estean dispersos.
FORMAL OPERACIONAL
Estadio das operacións formais (segundo Piaget).
- O estadio das operacións formais desenvólvese desde os 11/15 máis ou menos.
- O suxeito que se atopa no estadio das operacións concretas ten dificultade en aplicar as súas capacidades a situacións abstractas. Si un adulto (sensato) dille "non te burles del porque é gordo... que dirías si che sucedese a ti?", a resposta do suxeito no estadio de só operacións concretas sería: EU non son gordo. É desde os 11 anos en diante cando o cerebro humano está potencialmente capacitado para formular pensamentos realmente abstractos, ou un pensamento de tipo hipotético deductivo.
Características delimitativas da forma de pensar son:
Sincretismo, yuxstaposición, egocentrismo, centraxe e irreversibilidade.
...
Disponible sólo en Clubensayos.com