Cantigas de Santa María
Enviado por soniagarcia26 • 30 de Diciembre de 2016 • Apuntes • 519 Palabras (3 Páginas) • 206 Visitas
Cantigas de Santa María
Afonso X promoveu una obra que o dereito as ciencias, o xogo e a historia. Foi quen dotou o castelán das bases necesarias para ser lingua e estado e de cultura. Durante o seu reinado a lírica galega alcanzou o seu máximo esplendor.
A el atribúese a autoría das cantigas de Santa María pero el non escribiu as 427 composicións. Xa que foron compostas moitas das pezas polo seu equipo de colaboradores.
Hai que ter en conta o seguinte:
- Algunhas cantigasescribiunas o rei como se indica nas frases ‘eu fige’ ou ‘eu fiz’
- Na obra interveñen varios trobadores entre os que destacan Airas Núñez.
- O rei coñecía a arte de trobar e o idioma galego
Para elaborar estas cantigas Afonso X e os seus colaboradores utilizaron distintas fontes como:
- As coleccións de milagres da Virxe, escitas en latín e linguas romances
- Coleccións de milagres relacionadas con santuarios, lendas orais ou sucesos presentados como persoais do rei
Os motivos polos que mandou componer estas cantigas foron políticos (para prestixir a corte castelá e reforzar o feudalismo cristián) e de tipo relixioso ( a devoción do rei á Virxe)
As cantigas de Sta María consérvanse en catro códices que proceden da corte do rei Afonso X. O códice Toledano está na Biblioteca Nacional de Madrid, dous códices conservados na Biblioteca do Mosteiro do Escorial e o cuarto gárdase na Biblioteca Nacional de Florencia, Italia.
TEMAS DAS CANTIGAS.
As 427 composicións que forman as cantigas de Sta. María poden agruparse en dúas clases
- Cantigas Narrativas, que relatan os milagres da Virxe con intención didáctica. Teñen todos a mesma estructura: Introducción, Presentación do protagonista nun perigo, a intervención da Virxe e a ensinanza.
Cada cantiga consta das seguintes partes:
- Unha epígrafe ou razón que resume o contido da cantiga
- Un refrán coa ensinanza a transmitir
- As estrofas que desenvolven o relato
- Cantigas Líricas: Loan (alaban) as calidades da Virxe. Os motivos que tratan son:
- O contraste entre o amor mundano e o amor divino
- A contraposición entre o pecado e a salvación ( Eva e María)
- Exaltación da figura da Virxe
- Os loores ( as alabanzas) dos dons maternais e a capacidade de intervir ante Deus
- A glosa do significado das letras que forman o nome da Virxe
Nestas cantigas hai un grupo formado polas cantigas das festas que engloban as cinco festas do noso señor e as cinco festas de Sta. María, un cantar dos sete pesares e unha maia que celebra a chegada da primavera.
As cantigas de Sta. María ábrense cun prólogo poético onde o rei declara a intención de cantarlle á Virxe e péchase cunha petición de recompensa pola composición do libro.
A obra organízase agrupando as composicións en series de nove cantigas narrativas e uha décima de loor.
...