ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A RELACIÓN FE-RAZÓN EN AGOSTIÑO DE HIPONA E TOMÉ DE AQUINO


Enviado por   •  30 de Marzo de 2020  •  Apuntes  •  1.097 Palabras (5 Páginas)  •  173 Visitas

Página 1 de 5

A RELACIÓN FE-RAZÓN EN AGOSTIÑO DE HIPONA E TOMÉ DE AQUINO

 Primeiramente é preciso saber que o cristianismo, en primeiro lugar, é unha relixión e logo aparecerá unha filosofía cristiana. O cristianismo non cuestiona os principios fundamentais da súa doutrina, pois estos veñen dados pola fe.

Cando ocorreu o encontro entre cristianismo e filosofía, xa dende o primeiro momento xorde o problema das relacións fe-razón: posto que a filosofía é unha búsqueda do coñecemento levada a cabo polo home dende si mesmo (seguindo a razón), e o cristianismo parte de que os seus contidos fundamentais veñen determinados pola fe (que é concedida como unha gracia divina). Pode suceder que ambas, fe e razón, non coincidesen. Neste caso habería que que definir que corresponde á fe e que á razón. E así, ao longo da historia do pensamento cristiano, fe e razón pasaron por unha serie de dificultades nas súas relacións. Entre estas relacións cabe distinguir as aportacións de Agostiño de Hipona e as de Tomé de Aquino.

A postura de Agostiño ante a fe e a razón:

Agostiño, cando se refire ao papel da fe e a razón o fai tendo en conta fundamentalmente a súa experiencia personal. Así, considera que nun primeiro momento a razón axuda ao home a atopar a fe. (Recordemos que Agostinño comezou adheríndose a diversas doutrinas filosóficas que o deixaron insatisfeito. A súa búsqueda rematou no momento da súa conversión que se produce a través da fe.). Pero, unha vez en posesión da verdade a que a conduciu a fe, a razón ten por finalidade axudarlle a entender esta verdade. Polo que, a partir de entón, a razón acabará subordinada á fe (como o estará, en todo o pensamento cristiano medieval posterior, a filosofía á teoloxía) En efecto, se a filosofía é aspiración á sabiduría e esta non é outra que Deus e, máis concretamente, o verbo encarnado en Cristo, o territorio da filosofía pasa a identificarse coa relixión cristiana. Ademais, como Cristo se da na fe, mediante a gracia e as escrituras, o punto de partida da filosofía debe ser a fe e as escrituras, que son a expresión da divinidade. Isto exprésase na frase: "Creer para entender".

Segundo o parágrafo anterior, non ten sentido teórico a cultura profana, o estudo de autores ou problemas ao marxe das escrituras e da relación viva con Deus, unha vez que o home descubriu en Deus a verdade e a verdade revelada nas escrituras.

Isto non significa que Agostiño abandone e renuncie a toda a cultura antiga, pero si implica que esta e as distintas filosofías que contén só valen na medida en que coinciden nalgún punto ou outro coa verdade cristiana e poden, polo tanto, integrarse nela axudando a unha mellor comprensión das escrituras. Agostiño explica,ademais, esta coincidencia coma un préstamo tomado polos filósofos paganos da sabedoría do Antigo Testamento con ocasión das súas viaxes a Exipto e anima a integrar na sabedoría cristiana os elementos da cultura antiga compatibles coa verdade revelada nas escrituras.

 A postura de Tomé de Aquino ante a fe e a razón:

Visto que a solución ao problema fe-razón pasa en Agostiño pola subordinación da razón (da filosofía) á fe (da teoloxía).

Esta subordinación da filosofía á teoloxía permanecerá durante toda a Idade Media. O primeiro intento dende o pensamento medieval de romper esta situación virá da man de Averroes e seus seguidores, quen desenvolverán a teoría da doble verdade: a un mesmo tema a razón pode dar unha resposta e a fe outra distinta.

Tanto a posición de Averroes como a dos seus seguidores cristianos da Universidade de París, chocan coa Igrexa, polo que o pensamento cristiano veuse obrigado a tomar unha posición ao respecto.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (6 Kb) pdf (50 Kb) docx (9 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com