ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Biotecnología Aplicada Al Medio Ambiente


Enviado por   •  12 de Diciembre de 2014  •  751 Palabras (4 Páginas)  •  330 Visitas

Página 1 de 4

Biotecnoloxía aplicada ao medio ambiente

A biotecnoloxía ambiental abrangue calquera aplicación destinada a reducir a contaminación, dende a utilización de microorganismos para a xeración de combustibles ata o emprego de plantas modificadas xeneticamente para a absorción de substancias tóxicas.

Os microorganismos naturais aliméntanse de elementos químicos simples como carbono, xofre, nitróxeno ou certos metais. Cando encontran complexos na natureza deben, en primeiro lugar, descompoñelos en elementos simples para poder alimentarse deles. Cos contaminantes acontece exactamente o mesmo, descompoñen un composto toxico en elementos simples non tóxicos para o medioambiente.

No seguinte cadro relaciónanse algúns tipos de bacterias cos contaminantes que combaten

Bacterias Contaminantes

Pseudomonas Vapores tóxicos no aire

Streptotrix hyalina Materia orgánica no auga

Micrococos Gasolina no chan

As tecnoloxías clásicas de descontaminación aínda son moi empregadas e constitúen o que se denomina tratamentos fisicoquímicos. Son filtros, barutos, membranas e determinados produtos químicos que coagulan e floculan os contaminantes formando complexos non contaminantes.

No seguinte cadro relaciónanse as técnicas de descontaminación clásicas cos contaminantes ditos anteriormente.

Técnica de descontaminación Contaminantes

Filtro o columna de lavado Vapores tóxicos no aire

Precipitación con cloruro Erico Materia orgánica no auga

Membranas de encapsulado Gasolina no chan

Se se usan tecnoloxías clásicas entérranse en vertedoiros controlados envolvidos en membranas estancas. Transfírese a contaminación dun sitio a outro, co que non se resolve o problema.

Se se utilizan tratamentos biolóxicos o ataque devorador das bacterias permite eliminar totalmente o contaminante. Se as bacterias dixiren e degradan a gasolina infiltrada no chan transfórmana en carbono inofensivo para o medio. Para multiplicar o efecto das bacterias é suficiente subministrar auga e osíxeno ao punto onde se quere descontaminar. Non se transfiren os contaminantes senón que os hemos eliminado.

Biotecnoloxía aplicada ao mantenemento da biodiversidade

Pode axudar desenvolvendo procesos para conservar os xenomas en bancos ou coleccións de organismos vivos ou en forma de ADN. Por outra parte desenvolvendo as técnicas de clonación que poden ser moi útiles para recuperar especies en perigo de extinción. En sentido literal os procesos de recombinación que se realizan mediante técnicas de Enxeñaría Xenética contribúen a incrementar a biodiversidade na mesma medida que o fan os procesos naturais de recombinación.La creación dun organismo transxénico leva implícita a formación dun novo organismo con características distintas ao

organismo parenteral.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (6 Kb)
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com