Chamamos metabolismo ao conxunto de todas as reaccións químicas que suceden no interior das células coa finalidade de obter enerxía para manter a súa concentración iónica e rexenerar continuamente as moléculas e estruturas que se degradan.
Enviado por EliSpain • 2 de Marzo de 2016 • Resumen • 3.513 Palabras (15 Páginas) • 274 Visitas
O METABOLISMO
Chamamos metabolismo ao conxunto de todas as reaccións químicas que suceden no interior das células coa finalidade de obter enerxía para manter a súa concentración iónica e rexenerar continuamente as moléculas e estruturas que se degradan. |
- O metabolismo celular comprende dous tipos de procesos:
▪ Catabolismo (procesos de degradación)
▪ Anabolismo (procesos de síntese) - Os procesos catabólicos e os anabólicos non ocorren nin de forma simultánea nin no mesmo lugar da célula, pero están acoplados e as transferencias enerxéticas entre uns e outros prodúcense mediante intermediarios metabólicos (coencimas transportadores de e – e ATP).
- As reaccións do metabolismo están encadeadas en rutas metabólicas, e son catalizadas por encimas específicos.
- As reaccións do metabolismo son procesos redox (de oxidación–redución).
CATABOLISMO | ANABOLISMO |
● É a fase degradativa do metabolismo: as moléculas orgánicas complexas e reducidas (glícidos, lípidos, proteínas) degrádanse a compostos finais máis sinxelos e oxidados. ● Son procesos exergónicos (liberan enerxía, empregada na súa maioría para ADP + Pi → ATP). ● Prodúcese oxidación de moléculas orgánicas que liberan átomos ricos en enerxía e e – que se conservan en moléculas transportadoras (como o NADP+, que se reduce a NADPH). ● Son rutas converxentes: a partir dun gran número de compostos iniciais fórmanse uns poucos produtos finais. | ● É a fase construtora ou de biosíntese: as moléculas sinxelas e oxidadas son utilizadas para construír outras complexas e reducidas. ● Son procesos endergónicos (precisan a enerxía procedente da hidrólise do ATP → ADP + Pi ) ● Implica a redución de distintas moléculas a partir dos protóns e e – cedidos polos transportadores previamente reducidos (NADPH). ● Son rutas diverxentes: a partir duns poucos precursores fórmase unha gran variedade de produtos finais. |
INTERMEDIARIOS TRANSPORTADORES
■ Coencimas transportadores de electróns: Nucleótidos de nicotinamida (NAD+ e NADP+) e de flavina (FAD+ e FMN)
■ Coencimas transportadores doutros grupos: CoA
■ Transportadores de enerxía – ATP: Os procesos de hidrólise e síntese de ATP (ciclo de intercambio enerxético ATP-ADP) constitúen a forma máis xeneralizada e eficaz de transferencia de enerxía nos sistemas biolóxicos, aínda que existen outros (GTP, UTP e CTP).
Uso da enerxía liberada na hidrólise do ATP
Cando o ATP se hidroliza (ATP → ADP + Pi ou ATP → AMP + PPi) a enerxía liberada pode ser empregada para:
- A síntese de biomoléculas a partir de precursores máis pequenos (ANABOLISMO). Cando o grupo fosfato terminal do ATP se hidroliza e se transfire a outra molécula, esta queda cargada de enerxía e atópase preparada para ensambrarse e formar macromoléculas.
- O traballo mecánico (contracción muscular, correntes citoplásmicas, división celular...).
- O transporte activo de substancias a través das membranas.
- A creación de potencias de membrana, como na condución e transmisión do impulso nervioso.
- A produción de calor e outras formas de enerxía radiante, como a bioluminiscencia.
Os principais mecanismos de síntese do ATP na célula[pic 1]
O CATABOLISMO
AS CÉLULAS E OS ACEPTORES DE ELECTRÓNS
A degradación dos combustibles orgánicos prodúcese a través de reaccións exergónicas de oxidación–reducción nas que os electróns son transferidos dunha molécula orgánica rica en enerxía a un aceptor final cun nivel enerxético inferior. En función do aceptor final de electróns utilizado, as células clasifícanse en:
■ Aerobias (maioría).- Empregan o osíxeno molecular como aceptor final de electróns para oxidar as moléculas orgánicas que utilizan como nutrientes.
■ Anaerobias estritas (bacterias do fondo oceánico).- Son células que viven en ausencia de O2 (resúltalles nocivo) e degradan os seus nutrientes utilizando unha molécula orgánica como aceptor final de electróns.
■ Anaerobias facultativas (fermentos e a maioría das células de organismos superiores).- Empregan o osíxeno como aceptor final –proceso aerobio–, pero cando este escasea oxidan as moléculas orgánicas vía anaerobia.
...