Orgánulos celulares.
Enviado por EliSpain • 2 de Marzo de 2016 • Resumen • 4.206 Palabras (17 Páginas) • 271 Visitas
A orixe e a evolución das células
1as células
Proxenotas
- Capaces de autorreplicarse
- Illadas do medio por unha envoltura de fosfolípidos
- ARN = material xenético primitivo (cataliza a súa propia replicación)
- Anaerobias[1] e heterótrofas (vivían do caldo primitivo)
Cando se esgota a materia orgánica...
...1as células fotosintéticas
Procariotas
- Fabrican materia orgánica a partir de materia inorgánica e luz solar
- Desprenden O2 (gas tóxico)
Células aerobias
Procariotas
- Autótrofas
- Heterótrofas
Membrana plasmática
- Está formada principalmente por lípidos, proteínas e -en menor proporción- glícidos.
→ Lípidos
- Fosfolípidos: presentan carácter anfipático e forman a bicapa lipídica.
- Colesterol: principalmente en células animais.
→ Proteínas[2] (forma variable / integradas máis ou menos nas membranas)
- Transmembrana
- Periféricas
→ Glícidos: principalmente oligosacáridos, unidos cun enlace covalente a lípidos ous proteínas. Na parte externa forman o glicocálix. - Ao microscopio electrónico obsérvanse 2 liñas paralelas escuras separadas por un espazo claro, coas cara intracelular e extracelular lisas, salpicadas por abundantes partículas.
- Presenta propiedades de fluidez e de impermeabilidade que illan á célula do medio (pero permiten o intercambio selectivo de substancias).
Tendo en conta esta información, SINGER e NICOLSON propuxeron en 1972 o modelo do mosaico fluído.
O modelo do mosaico fluído dí que a membrana é asimétrica (distinta nas 2 caras):
- A cara externa (extracelular) presenta os azucres do glicocálix.
- A cara interna presenta unha rede de proteínas fibrosas que se unen ás proteínas transmembrana ou ás periféricas e reforzan a membrana.
Esta estructura, córtex celular ou citoesqueleto, determina a forma da célula:
- O modelo dí que a membrana se comporta como un fluído no que se observa movemento lateral e rotación (de fosfolípidos e proteínas), e movemento entre monocapas dos fosfolípidos (flip-flop).
FACTORES QUE AFECTAN Á FLUIDEZ DA MEMBRANA:
- Lonxitude das cadeas hidrocarbonatadas (colas) dos fosfolípidos: a – lonxitude + fluidez.
- Presenza de insaturacións: a + insaturacións + fluidez.
- Proporción de colesterol: a + colesterol – fluidez.
- Temperatura: a + temperatura + fluidez (a presenza de colesterol reduce a influenza da temperatura)
FUNCIÓNS DA MEMBRANA:
- Bicapa lipídica: Barreira impermeable a substancias hidrosolubles, ións e a maioría das moléculas biolóxicas.
- Proteínas:
►Transporte de moléculas: glicosa, Na+, K+, Ca2+...
►Unión de macromoléculas: glicocálix, córtex celular ou citoesqueleto
►Receptores de substancias químicas: hormonas
►Catalizadores: encimas da membrana - Glicocálix:
►Protección e lubricación da membrana celular
►Recoñecemento celular: macrófagos, espermatozoides-óvulos
►Fixación de encimas
TRANSPORTE A TRAVÉS DE MEMBRANA:
- Sen deformación de membrana
a) Transporte pasivo | b) Transporte activo |
|
|
- Con deformación de membrana:
ENDOCITOSE | |
Funcións | Tipos |
►Alimentación ►Defensa | - Fagocitose (sólidos) - Pinocitose (líquidos) |
DIFERENCIACIÓNS DA MEMEBRANA:
- Microvilosidades e invaxinacións: incrementan a superficie da membrana
- Estruturas de unión:
◘ Adhesións mecánicas (adherinas):
* Bandas de adhesión
* Desmosomas
* Hemidesmosomas
◘ Unións estreitas (claudinas e ocludinas)
◘ Unión tipo gap (conexinas)
◘ Plasmodesmos: perforación da parede vexetal
Matriz extracelular
Medio no que están englobadas as células dos tecidos animais.
Composto por:
- Proteínas: coláxeno (proporciona resistencia), elastina (proporciona elasticidade).
- Polisacáridos: glicosaminoglicanos (ácido hialurónico).
Parede celular vexetal
Nas células en crecemento consta de 2 capas: lámina media e parede primaria.
Cando termina o crecemento celular soe aparecer unha 3ª capa, a parede secundaria (pode ser reforzada con lignina, que proporciona a densidade e a resistencia da madeira).
...