Prácticas De Laboratorio (galego)
Enviado por Lubisaragarcia • 1 de Abril de 2013 • 1.881 Palabras (8 Páginas) • 347 Visitas
1. PRÁCTICA DE LABORATORIO Nº1
Preparación dunha disolución 0,1 M dun sal en auga
1.1. OBXECTIVOS
Preparación dunha disolución mesturando un soluto sólido cun disolvente líquido:
Preparar unha disolución acuosa de ioduro de potasio (KI) 0,1 M (50 ml)
1.2. MATERIAL E REACTIVOS:
Reactivos:
-Ioduro de potasio sólido (KI) (soluto)
-Auga destilada (H2O) (disolvente)
Material de laboratorio:
-Balanza eléctrica: utilízase para a medición de masas de substancias.
-Vidro de reloxo: permítenos conter distintas substancias.
-Espátula: utilízase para retirar pequenas cantidades dese sólido dos botes.
-Vaso de precipitados de 100 mL: utilízase para conter e medir un volume de 100 mL de unha substancia líquida.
-Frasco lavador: utilízase para conter algún disolvente, polo xeral auga destilada ou desmineralizada.
-Variña de vidro: utilízase para axitar ou remover substancias.
-Funil: axuda no transbase de substancias dun recipiente a outro.
-Matraz aforado de 50 mL: utilízase para conter e medir un volume de 50 mL de unha sustancia líquida.
-Pipeta graduada e pipeteador: con eles medimos cantidades pequenas de líquidos.Tamén son utilizados para enrasar.
1.3. PROCEDEMENTO:
1.3.1. CÁLCULOS:
Cantidade (en g) de soluto necesaria para preparar 50 mL de disolución 0’1 M de ioduro de potasio (KI)
1.3.2. PASOS:
NOTA: Toda a operación se realizará sobre a mesa, sobre a cal haberá papel de filtro para evitar manchala en caso de posible derramamento.
Temos un soluto ( ioduro de potasio, KI) sólido. Polo tanto, para medir a masa previamente calculada (0’83 g) usaremos unnha balanza eléctrica:
Enchufamos a balanza, encendémola e estabilizámola ao 0. Sobre esta, colocamos o vidro de reloxo limpo (como a balanza é eléctrica, non temos que ter en conta o seu peso) e taramos. Nese momento, e mediante a espátula botamos o noso reactivo pouco a pouco sobre o vidro de reloxo (collemos só a punta da espátula para evitar operacións de “devolta” que contaminarían o reactivo).
O sólido arrástrase agora a un vaso de precipitados de 100 mL coa variña de vidro. A continuación, para limpar os restos de ioduro de potasio (KI) que poidan quedar no vidro, usamos auga destilada do frasco lavador (esta tarefa é mellor facela entre dous para que resulte máis sinxelo dirixir a auga; un aguanta o vidro de reloxo, mentres outro bota a auga destilada). Se é necesario, engadimos máis auga destilada, coa precaución de non superar nin acercarnos demasiado á marca dos 50 mL. Logo axitamos coa variña de vidro para acelerar a disolución, impedindo a saturación arredor dos cristales de vidro.
Colocando a variña de vidro sobre a boquiña do vaso de precipitados, introducimos a disolución nun matraz aforado de 50 mL a través dun funil (debemos levantar un pouco o funil da boca do matraz, pois pode ocorrer que este se encaixe tan ben que non deixe pasar o aire nin o líquido). Engadimos un pouco de auga destilada. Limpamos as paredes do vasiño co frasco lavador dos restos do sólido, e esta auga levarase á disolución. Repetimos esta operación con pequenas cantidades ata chegar un pouco por debaixo do aforo.
Axitamos o matraz, o cal, de novo, acelera a disolución e impide a saturación arredor dos cristais de soluto.
Sacamos o funil e enrasamos mediante unha pipeta aforada e un pipeteador. Para facelo, primeiro enchemos a pipeta indefinidamente de auga destilada contida no frasco lavador (que abro), utilizando a roda do pipeteador. Seguidamente, introducimos a pipeta na boca do matraz evitando tocar as paredes deste, e deixamos caer (gota a gota, con moito coidado) auga destilada, ata que, vista a marca horizontalmente, o punto máis baixo da curva que forma o líquido coincida coa marca.
Unha vez obtida esta disolución, pasámola a un frasco de vidro a través dun funil e etiquetámolo, sinalando a concentración da disolución (0’1M) e tamén o soluto desta (KI).
2. PRÁCTICA DE LABORATORIO Nº2
Reacción de precipitación. Separación dos produtos obtidos
2.1. OBXECTIVOS:
-Observación da reacción química: 2 KI + Pb (NO3)2 → 2 KNO3 + PbI2 , mesturando 50 mL de dúas disolucións (unha de ioduro de potasio (KI) 0’1M, e outra de nitrato de chumbo (II) (Pb(NO3)2), na cal obteremos un sólido non soluble cristalino, ioduro de chumbo (II) (PbI2) e un líquido (disolución de nitrato de potasio (KNO3).
-Separación dos produtos da reacción mediante técnicas físicas.
-Determinación do rendemento da reacción.
2.2. MATERIAL E REACTIVOS:
Utilizados na reacción:
Reactivos:
-50 mL de disolución 0’1 M de KI
-50 mL de disolución 0’05 M de Pb (NO3)2
Material:
-2 Matraces aforados de 50 mL (nos que se atopan os reactivos): serven para conter e medir 50 mL de distintas substancias líquidas.
-Matraz Erlenmeyer de 125 mL: permite conter substancias.
Utilizados para a separación:
-Productos da reacción anterior
-Funil: axuda no transbase de substancias dun recipiente a outro.
-Matraz Erlenmeyer de 125ml: permite conter substancias.
-Papel de filtro: utilízase para a filtración.
-Soporte de ferro con aro: serve para soster distintos materiais de laboratorio (funís, matraces, etc.).
-Balanza eléctrica: usada para medir a masa dunha substancia.
-Vidro de reloxo: nos permite conter distintas sustancias
-Frasco lavador :se utiliza para conter algún disolvente,
...