Sector, servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia
Enviado por lauar • 5 de Mayo de 2013 • 488 Palabras (2 Páginas) • 483 Visitas
Sector, servizos e o proceso de terciarización da economía en España e Galicia. Tema 9.
O sector terciario abrangue unha ampla variedade de actividades que teñen en común non producir bens materiais e están adicadas a satisfacer as necesidades da poboación e das empresas.
Dende hai aproximadamente tres décadas, España ten unha economía de servizos xa que máis de dous terzos de todos os empregos do país proveñen dese sector. A tendencia nos próximos anos semella que seguirá a ser crecente, polo que consideramos que España está inmersa aínsa nun proceso de terciarización da economía propio dos países máis avanzados do noso entorno. Sen embargo, antes, ata finais da década dos 70, os traballadores dos servizos eran arredor dun 30% do total o cal suponía unha cifra similar á da industria e inferior á do sector primario. Nas tres últimas décadas o sector terciario xerou en torno a 10 millóns de novos postos de traballo, moitos dos cales foron ocupados por mulleres polo que podemos falar dunha grande incorporación feminina ós traballos remunerados.
O rápido crecemento da industria en España do sector dos dervizos é resultado das tranformacións que sufriu a nosa sociedade nos últimos anos: É unha sociedade incenticada polo aumento do poder adquisitico da poboación e o desenvolvemento do comercio; unha sociedade de benestar, que aumenta a oferta de todo tipo de servizos sociais; unha sociedade de ocio na que a importancia do turismo e dos servizos relacionados co tempo libre é moi elevada; unha sociedade capitalista avanzada na que o sector financiero controla os cartos e o crédito necesarios para o desenvolvemento das empresas e do consumo familiar; unha sociedade de coñecemento na que son moi importantes os servizos avanzados que melloran a calidade e a competitividade das empresas como son os centro s de I+D; unha sociedade en rede na que os productos teñen cada vez máis mobilidade xerando densas redes de fluxos e aumentando a demanda de todo tipo de transportes e telecomunicacións e, por último, é unha sociedade regulada que esixe unha administración pública eficaz que xestione o seu funcionamento.
A localización do emprego en actividades de servizos mostra importantes diferenzas en canto ó volumen total de persoas ocupadas nas diferentes provincias. Por exemplo, Madrid, Barcelona e Valencia concentran case 5 millóns de empregos, equivalentes a máis dunha terceira parte do total. Esta distribución relaciónase coa influencia de diversos factores:
-Relaciónase sobre todo coa repartición da poboación e o seu nivel de renda, pois a mayoría destas actividades buscan estar cerca dos territorios con altas densidades e elevados niveis de ingresos.
-Tamén inflúe a presenza da poboación estacional relacionada co turismo, sobre todo nas áreas litorais.
-A densidade de empresas no territorio inflúe xa que son as principais demandantes
...