ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Branquias rodaballo


Enviado por   •  4 de Noviembre de 2024  •  Trabajo  •  514 Palabras (3 Páginas)  •  24 Visitas

Página 1 de 3

BRANQUIAS

A cavidade bucal dos peixes comunicase co exterior a través da boca e de fendas branquiais, unhas aberturas laterais presentes na farinxe nas cales desenvólvense as branquias. Grazas ao opérculo, unha estrutura sólida localizada a cada lado da cabeza, as branquias quedan protexidas.

[pic 1]

A estrutura das branquias é complexa. A partir dos arcos branquiais, unhas estruturas curvadas que pasan a través das fendas branquiais, xurden os filamentos dispostos entre eles formando unha V. Destes filamentos parten un conxunto de pregamentos chamados lamelas, dispostas perpendicularmente ao filamento. A cada lado do filamento atopamos entre 10 e 40 lamelas por mm. Así pois nestas lamelas é onde ten lugar o intercambio gasoso, xa que están formadas por unha parede moi delgada de tecido e está moi ben vascularizadas.

A auga que entra pola boca cargada de osíxeno , pasa a través das branquias e sae polo opérculo, mentres que o sangue circula en sentido contrario a través das lamelas  para atrapar o máximo de osíxeno. As branquias son as encargadas de realizar o intercambio gasoso coa auga, son considerados como órganos primarios polas súas funcións. As branquias teñen diversos compoñentes:

O arco branquial é unha estrutura ósea cuberta dunha membrana serosa que o protexe,  por esta membrana discorren os vasos sanguíneos de maior e menor calibre, que levan o sangue ás lamelas para o intercambio de gases. Pola cara externa do óso existe un  cartilaxe hialino, que se evaxina proxectándose cara aos filamentos. Xunto ao cartilaxe sitúase a túnica muscular que xera o movemento dos filamentos que facilita o intercambio gasoso. As branquias presentan a maior superficie posible para mellorar a eficiencia á hora de realizar o intercambio.

Os filamentos son estruturas constituídas por un núcleo de cartilaxe hialino que lles aporta soporte. O cartilaxe está cuberto por unha mucosa formada por epitelio plano simple e unha lámina de tecido conectivo laxo. Nestas estruturas dáse tamén a evaxinación do epitelio para aumentar a superficie de intercambio de gases.

As lamelas son estruturas dixitiformes (con forma de dedo) que están cubertas por un epitelio plano simple, formando pregamentos simples en forma de pegada dactilar, aumentando a superficie de intercambio de gases unha vez máis. Entre  as células do epitelio existen unhas rexións de células pilares que forman os canais pilares, que regulan o fluxo sanguíneo, tamén células defensivas como macrófagos que forman parte do sistema reticuloendotelial e fagocitan partículas estrañas.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (3 Kb) pdf (226 Kb) docx (193 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com