ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A historia da lingua galega


Enviado por   •  7 de Noviembre de 2023  •  Apuntes  •  454 Palabras (2 Páginas)  •  109 Visitas

Página 1 de 2

A historia da lingua galega

Vin ao mundo arredor do século IX d. C., filla do latín, nun lugar chamado Gallaecia, cuxa extensión superaba amplamente as actuais fronteiras do país; por nacer na Gallaecia puxéronme por nome Galega. Que vos parece se coñecemos un pouco máis do meu lugar de nacemento?

Durante séculos houbo na península Ibérica dúas realidades políticas dominantes, a Gallaecia cristiá e a Hispania árabe. A medida que eu me ía formando e diferenciando do latín, foise estabelecendo na Gallaecia unha autoridade real, na que Galiza era o centro de poder e mesmo os reis, desde o reinado de Ordoño II, posuían o título de emperadores. Tanto fose desde Galiza, Asturias ou León, todos se titulaban reis da Gallaecia e moitos asentaron a súa capital en Santiago ou na parte occidental do territorio. Sabiades que tivemos moitos reis, todos galegofalantes? Ramiro I, Afonso II, Ramiro II, Afonso V, García, Afonso VI... Así se demostra na crónica castelá que narra como recibiu Afonso VI en Toledo a triste nova da morte do seu fillo:

“y en la lengua que se usaba dijo con dolor y lágrimas que quebraba el corazón: ‘Ai meu fillo! Ai meu fillo! Alegría do meu corazón e lume dos meus ollos, solaz da miña vellez!...’”

A partir da raíña Sancha comezou unha segunda etapa na evolución da autoridade real galaica que acabará co nomeamento de Afonso Henriques como rei do novo estado portugués en 1139 e, por tanto, significará a separación política de Galiza e Portugal. A pesar de que Galiza se dividía politicamente en dous reinos, eu seguín a ser a lingua utilizada a ambos os lados do Miño. Esta división será un feito de gran transcendencia na miña historia. Así, por exemplo, pasarei a ter dous nomes, galego ou portugués, por pertencer a estes dous reinos peninsulares. A miña sorte a cada beira do Miño irá parella á sorte política do pobo que me fala.

[...]

No século XII Compostela ten un grande esplendor, mais a xente só me utilizaba na fala, mentres que na escrita seguían a traballar con meu pai, o latín. Cando no século XIII eu xa son lingua dunha brillante literatura, Galiza ía camiño de se someter ao reino de Castela, o que acabará por afogar a conciencia lingüística dos galegos, que se verán obrigados a me abandonar para a escrita na etapa coñecida como Séculos Escuros.

Debido ao que vos contei, hai na actualidade debates sobre o grao de parentesco que teño co portugués, se ben podo asegurarvos que na época medieval eramos carne e uña, con algunhas variacións a un lado ou outro do Miño que non impedían que falásemos dunha única comunidade lingüística.

Xosé Ramón Freixeiro Mato e Anxo Gómez Sánchez, Historia da lingua galega (1998) (adaptado).

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (3 Kb) pdf (54 Kb) docx (8 Kb)
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com