O Unico Que Queda E O Amor
Enviado por abraham1077 • 4 de Junio de 2013 • 461 Palabras (2 Páginas) • 341 Visitas
É a historia de unha muller que se chama María que despois de moitos anos volve co seu marido a un pobo onde vivira 6 anos na súa infancia. Encontra todo moi cambiado pero iso faille recordar o seu primeiro amor e dáse conta que hai que volver a realidade e gardar os recordos e as ilusións da infancia na memoria.
Loanza da filatelia:
Un home fai colección de caixas de mistos dende a súa infancia, ao longo da súa vida conseguira xuntar moreas de caixas de todos os tipos. Ao cabo duns anos o home morreu e a súa muller decidiu queimar toda a colección porque lle parecía que non valía para nada... sen saber que tamén queimaba un magnífico diamante de vinte e catro quilates que o seu marido escondera nunha das caixas para regalarllo nas vodas de prata.
Unha foto na rúa:
Un home atopa nas rúas de Vigo varias fotos dunha muller moi guapa, detrás da foto pon solo Diana, e queda namorado de ela e decide buscala. Ao pasar un mes xa esta convencido de non encontrala nunca.
Diana subiuse ao vagón, e tirou a derradeira foto. Despois de gañar a lotería dedicábase a viaxar e a deixar en cada cidade oito fotos dela. Ela soñaba que o mellor unha persoa encontrara a súa foto e soñara con ela.
Meditación ante o álbum de fotos familiar:
Un home despois de herdar un pazo da súa familia decide facer unhas reformas e descobre entre dous tabiques un esqueleto cunha bala no cranio. Dende aquel día sempre mira o álbum familiar pensando quen pode haber sido o asasino.
Despois de tantos anos:
Unha muller ao decatarse da morte dun antigo noivo dela recordase de como o coñeceu nas festa de Mondoniedo, ela xa tiña un noivo que se chamaba Suso e que todos querían porque era dunha casa rica. pero ese dia coñeceu a Adrián e pasouno moi ben. O cabo duns días il mandoulle un libro e pediulle que lle escribira. Escribíronse 15 cartas pero logo ela deixouse convencer pola súa nai e decidiu deixar de contestarlle e quedar con Suso porque pensou que se estaba metendo en problemas. Agora despois de saber da morte de Adrián lamenta habelo deixado e preguntase se a súa vida habería sido distinta con el.
Un río de palabras:
Ao protagonista gústalle moito ler e compartir a súa lectura, entón ten a idea de poñer pequenas partes dos libros en anuncios e pegalos por todas as partes da cidade, e en lugar de que como nos anuncios poñer un telefono nun papeliño abaixo para arrincar el ponlle o nome do libro e o autor. De esa maneira quere que a xente lle guste e que compre o libro. O seu sistema funcionou e o cabo duns días outras persoas empezaron a f
...