ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cronotropos


Enviado por   •  2 de Diciembre de 2011  •  2.266 Palabras (10 Páginas)  •  455 Visitas

Página 1 de 10

TEORIA DA LITERATURA

TEMA 1. O concepto de literatura: a súa conformación histórica.

1.O concepto de literatura.

A palabra LITERATURA procede do étimo latino LITTERA (letra), que remite de forma máis xeral a todo ó escrito. Introduciuse no latín como cultismo da palabra grega GRAMATIKE.

O mundo clásico tiña un concepto máis xeral da literatura. O Instituto Oratoriae de Quintiliano consideraba a literatura como os saberes e ciencias profanas conservados mediante a letra escrita (por exemplo: a astronomía, a física, a historia, etc.).

Co Humanismo (s. XVI) a literatura supedítase ás 3 regras da retórica:

PURITAS: corrección gramatical na expresión lingüística.

PERSPICUITAS: grao de comprensibilidade do discurso.

ORNATUS: virtude encargada de proporcionar beleza.

A literatura segue abranguendo eses saberes pagáns transmitidos a través da escrita pero que teñen que estar ben escritos, claros e ter beleza.

O termo foi lentamente variando o seu alcance. Na segunda metade do XVIII pasou a ser considerada como unha comunicación artística, rexida pola beleza e con finalidade estética.

No XVIII, as ciencias da natureza viven un momento de expansión, co que se crean disciplinas diferentes, e como consecuencia aparecen especialistas para cada disciplina. Implantouse o concepto de que un científico era como un ser superior.

No XVIII, tamén a estética se converteu nun elemento importante, grazas o inventor do termo Baumgarten.

Cando coa manifestación da comunicación (XIX/XX), como os xornais, aumentou o público que se achega á lectura en prosa, polo que sofre unha revalorización.

A palabra “poesía” reduce o seu alcance. Pasa a designar aqueles textos que teñen unhas determinadas técnicas rítmicas e formais (verso); o que nos coñecemos agora como literatura, ata o século XVIII era coñecido como poesía.

Nesa mesma época amplíase o termo poesía para abranguer todo o campo da beleza. Comeza a dicirse que unha pintura, unha paisaxe… son poéticas.

No Romanticismo é habitual a contraposición entre poesía (natural) e literatura (artificial).. estas acepcións chegan ata nós en variantes considerables que se foron fixando ó largo do XIX.

O problema máis importante que se deriva deste cambio de terminoloxía…

1.1. Implicacións etimolóxicas. Literatura e oralidade

A concepto de literatura está a unha elevada variabilidade histórica. Desde os comezos, a GRAMATIQUE ou LITERATURA, é un termo que remite a unha textualidade nun soporte firme, que non cambia. As implicacións que temos do uso de ese termo son enormes, conservaban a súa etimoloxía para sempre, e dalgunha maneira os elementos a partir dos que se compón un termo subsisten nos significados interiores a veces con moita forza, cando pensamos en literatura pensamos en algo que se transmita a partir da escrita, a partir dun soporte firme. A pesar d todo, tamén existe literatura fóra das manifestacións escritas porque a maior parte dos exemplos literarios propios das culturas minorizadas e emerxentes son de soporte oral. O mesmo ocorre cas primeiras manifestacións de todas as literaturas, aínda que hoxe accedamos a elas a partir dun soporte escrito. Omero, considerado o primeiro escritor occidental, foi un simple compilador de textos orais, que despois uniu entre si; o que fixo foi recuperar diferentes “cantares” de zonas distintas de Grecia e unilos para formar unha historia máis ampla, que tivese unha introducción, nó e desenlace. Aínda así todas esas cousas alguén as creaba e alguén as transmitía, como fixeron sécalos despois os xograres.

RAPSODIEIN era un verbo grego que significaba literalmente “coser cancións”, “texto” é unha palabra moi culta que ven de “tecidos”, de unir cousas distintas.

A literatura escrita, a culta, non é, salvo quizá nos comezos, unha simple representación grafomática da literatura oral, son sistemas semióticos distintos en canto a súa producción, a súa estructura e a súa recepción. Son máis breves para atraer a atención, para que o público aguante e sobre todo para que poidamos seguir a historia.

Hoxe, a literatura e a cultura de tradición oral, só se conserva de maneira residual e para nós, que somos persoas educadas en séculos de tradición escrita resúltanos case imposible entendela por completo. Como asegura un dos seus máis coñecidos estudosos, Walter Ong, en realidade, considerar a tradición oral como literatura oral é o mesmo que pensar nun cabalo como nun automóbil con rodas. O que pretende dicir e que nos é imposible imaxinarnos como era a vida antes sen mp3, móbiles, etc.

En tódalas sociedades existe algo parecido á literatura, é o que se coñece como PROTOLITERATURA, que son indicios de rituais colectivos, as primeiras manifestacións que conservamos.

Os salmos, himnos triunfais, cantos fúnebres da natureza relixiosa… todas esas fórmulas acaban converténdose en elexías, epitafios, panexíricos ou odas.

A oralidade condicionaba a forma e os procedementos expresivos facendo que fose formularia, que tendese á unha determinada forma rítmica (solía ser de letanía) e redundante.

Hai unhas fórmulas para saber cando empezaban (“Érase una vez…”) e rematan (“…colorín colorado este conto acabouse”, “…viviron felices y comeron perdices.”).

Para facelo máis ameno usaban o paralelismo e o leixaprén, que basicamente consistían en repetir o mesmo pero con pequenas variacións.

Empreñaban tamén os epítetos épicos, os retrousos (estribillos) como fórmulas para descansar…

Na escritura o sistema permite modalidades recorrentes de lectura. O texto pasa a ser un artefacto material e único, sen cambios, ilimitadamente ofrecido para a súa recepción.

Consecuencias do paso da oralidade á escritura:

A medición técnica da letra elimina os elementos cos que se presentaba: a mímica, a voz, a música, a xestualidade…

Deixan de ter importancia a expresividade e a interpretación, porque o traballo do escritor non precisa da instantaneidade do bardo ou do rapsodo.

O texto escrito pode revestir complexidade e abstracción moito maiores que o oral, xa que este depende dunha recepción momentánea máis simple.

Ó non responder ó estímulo dunha festividade ou colectividade, as composicións escritas poden abranguer un abano temático moito maior.

O texto non se dirixe a un público de oíntes ou a un auditorio onde se poden ver as reaccións do público, senón a un receptor múltiple, virtual, ausente, descoñecido…

Mentres a literatura oral,

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (15 Kb)
Leer 9 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com