Feminismo. Virilidade E Violencia.
Enviado por porcelanosa999 • 18 de Marzo de 2014 • 272 Palabras (2 Páginas) • 418 Visitas
TRABALLO 1: FICHA TEMÁTICA
APELIDOS E NOME: Laura Grobas Sebio
PALABRA CLAVE: Violencia
FONTE: Bourdieu, Pierre (2000), La dominación masculina, Barcelona, Anagrama pp. 67 - 71
- Virilidade e violencia:
Introducción: Dominación e sumisión son actitudes que non se dan de maneira natural en cada un dos sexos senón que son produto dun profundo traballo de socialización.
A pesar de ser realidades presentes é preciso reafirmalas e por iso cada sexo é vítima de aparentar o que en realidade non é por esencia. A construción cultural esixe un determinado comportamento, ben masculino ou feminino e aquí entra a virilidade.
A virilidade é o conxunto de actitudes do xénero masculino. Asígnase á capacidade reprodutora, sexual e social do varón así como a súa aptitude para o combate e o exercicio físico.
A virilidade é un privilexio e unha carga. O honor da muller como di Pierre “só pode ser definido ou perdido” pero o honor do home debe ser revalidado constantemente ante os seus conxéneres. Dito coas palabras do autor “o privilexio masculino é unha trampa que impón a cada home o deber de afirmar ante calquera circunstancia a súa virilidade”.
Pero ¿por qué se fai necesaria a demostración constante da virilidade que a tantos actos moralmente reprobables levan a moitos homes? Do medo cara o feminino. Non podería dicirse mellor: “A exaltación dos valores masculinos ten a súa tenebrosa contrapartida nos medos ou angustias que suscita a feminidade”.
A valentía que promulga a virilidade agocha covardía. Covardía ante a idea de ser comparados co “sexo débil” e apartados da clase dominante.
...