ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Kant (1724-1804)


Enviado por   •  24 de Abril de 2023  •  Apuntes  •  3.624 Palabras (15 Páginas)  •  78 Visitas

Página 1 de 15

I.kANT (1724-1804)

        Nace en Könisberg, Prusia Oriental, de familia humilde, a súa nai incúlcalle a súa profunda relixiosidade(pertencía ó pietismo) o que deixará pegada na súa filosofía moral. Ós 16 anos ingresa na Universidade de Könisgberg, onde estuda filosofía de corte racionalista (racionalismo de Wolf). Kant admira a Newton, entusiasmándose polas ciencias físicas. Despois dun período de tempo dedicado a profesor privado, será nomeado profesor da Universidade de Könisberg. En 1770 é nomeado profesor titular de lóxica e metafísica. A súa tese doutoral marcará  o inicio do período crítico (“Disertación”).

        O seu pensamento vai a estar influenciado por Hume, a raíz da lectura da obra de Hume, esperta do seu “sono dogmático”. Sente admiración por Rousseau e a súa defensa  da autonomía e liberdade (bases da ética kantiana). Tamén a mostra simpatía pola Guerra da Independencia e a Revolución francesa.

        A súa obra podémola dividir en tres momentos:

  • Período precrítico: toda a súa obra ata a Disertación de 1770
  • Período crítico: iníciase en 1781 coa súa obra Crítica da razón pura, é a súa obra fundamental e nela expón a súa teoría do coñecemento (que podo coñecer?) e o rexeitamento da metafísica tradicional.

Prolegómenos a toda metafísica futura, é un resumo divulgativo da súa obra anterior.

Fundamentación da metafísica das costumes (que debo facer?)

Crítica da razón práctica

  • Período poscrítico: que me cabe esperar?
  • A relixión dentro dos límites da mera razón (que me cabe esperar?)

A paz perpetua

IDEA KANTIANA DA ILUSTRACIÓN

Kant no seu artigo “Que é a Ilustración? (1784) define a Ilustración como a “saída do home da súa minoría de idade”, unha minoría da que el mesmo é culpable, pola súa covardía e a súa pereza. O lema da Ilustración é “sapere aude”, atrévete a pensar por ti mesmo, o cal quere dicir facer uso da propia razón. Kant reivindica unha razón autónoma, é dicir, libre, non tutelada.

Para acadar a Ilustración só precisamos de liberdade. Kant cre que esta é unha época de Ilustración e non unha época ilustrada, porque aínda non se acadou ese ideal, a autonomía ou maioría de idade do ser humano.

Kant diferenza entre “uso privado”  e “uso público” da razón. O uso privado refírese ó uso que facemos da razón en calidade de funcionarios e debe estar sometido ó principio de obediencia. O uso público  da razón é cando facemos uso da razón en calidade de eruditos. Este uso no deber ser limitado, nin tutelado, ten que ser libre e autónomo.

A liberdade constitúe o fundamento do sistema kantiano, pois para Kant a liberdade é o fundamento de toda actividade humana. Só os homes libres poden ser considerados realmente como persoas, si lle quitamos a súa liberdade, arrebatámoslle a súa humanidade.

Seguindo ós contractualistas Locke e Rousseau, un poder é lexítimo si se respecta a liberdade e a igualdade, por iso neste artigo afirma “o que non pode decidir o pobo sobre si mesmo e os seus compoñentes, tampouco pode o soberano decidilo sobre o pobo”.

Para Kant a liberdade constitúe o postulado fundamental da razón práctica, é a capacidade dos seres racionais para determinarse a si mesmos a obrar segundo leis dadas pola súa razón práctica. Estas leis exprésanse a través do imperativo categórico e a súa finalidade será a instauración dun reino  no que as persoas sexan fins en si mesmas e nunca medios. O ser humano vale por si mesmo, ten dignidade e nunca é medio. Dende esta perspectiva, a Ilustración é unha obriga ética. Estamos obrigados a construír  ese reino dos fins no que a dignidade humana non teña prezo, unha época ilustrada na que os homes actúen racionalmente, acaden a súa autonomía eu maioría de idade.

OS LÍMITES DO COÑECEMENTO EN KANT

O século XVIII coñécese co nome de século da Ilustración(terceira etapa da Filosofía moderna, primeira o Renacemento, segunda o Barroco), ou século das luces, debido á esixencia de clarificación que se propuxo en todos os aspectos da vida humana .  A Ilustración sitúase entre 1688 (Revolución Gloriosa inglesa) e 1789 (Revolución francesa) e non foi un fenómeno homoxéneo en Europa. Podemos falar de tres xeracións de ilustrados.

  1. Vinculada a Gran Bretaña, onde se inicia con J. Locke e as ideas políticas liberais que defendía xunto co  empirismo e escepticismo de Hume
  2. En Francia, onde se consolidou, ca Enciclopedia francesa (Diderot, Voltaire ..) Rousseau, Montesquieu.
  3. En Alemaña, onde acada o seu máximo esplendor con Kant.

Unha das características fundamentais da ilustración é a confianza na razón para loitar contra a ignorancia, a superstición e a tiranía. A confianza na razón persigue levar ó ser humano cara o progreso, tanto  cultural como económico. Para iso é necesario educar á sociedade , porque unha sociedade culta, que pense por si mesma, adquiriría un espírito crítico e libre.

Os ilustrados , a través da razón, loitan contra a relixión revelada e a superstición. A cultura que se difunde é cada vez máis secular , ó marxe da tradición cristiá. O poder da igrexa irase debilitando(Reforma protestante) e en consonancia co humanismo renacentista , o pensamento céntrase na vida do ser humano.

Os ilustrados defenderán o Deísmo , entendida como relixión natural, dentro dos límites da razón e critican a intolerancia en materia relixiosa.

A razón ilustrada é unha razón limitada pola súa propia natureza , son límites internos non externos, de aí o seu carácter autónomo, válese por si mesma. O lema da Ilustración será “sápere aude”, atrévete a pensar por ti mesmo, paso necesario, para kant, para que o ser humano acade a maioría de idade. Por iso, a razón ilustrada ten que ser unha razón crítica contra os prexuízos, contra a autoridade ou titores externos e contra todos aqueles factores que coarten a súa liberdade. Ademais, debe ser autocrítica, polo que tenderá sempre a ser tolerante. A razón ilustrada é unha razón secularizada (reduce a fe ó racional), analítica porque é instrumento axeitado para coñecer e interpretar o mundo.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (23 Kb) pdf (162 Kb) docx (255 Kb)
Leer 14 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com