A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica)
Enviado por martapineiro • 30 de Mayo de 2021 • Resumen • 6.219 Palabras (25 Páginas) • 356 Visitas
1. A crise da monarquía absoluta (abdicacións, ocupación napoleónica)
En 1789 ten lugar a Revolución Francesa. As novas ideas procedentes de Francia empezan, a
pesar das trabas institucionais (levadas a cabo polo conde de Floridablanca, entres as que destacaron a ruptura das relacións con Francia, a prohibición das publicacións francesas consideradas anticristianas e a censura de periódicos de carácter político), a cruzar a fronteira. Xunto co pensamento ilustrado empeza a
denunciarse a necesidade da modernidade (social, económica e política). O Antigo Réxime
comeza a desquebraxarse.
Hai un descontento xeral cara o sucesor de Foridablanca, Manuel Godoy(1792), polas súas medidas educativas e económicas, o que desemboca nuns plans de proclamar rei ao príncipe Fernando. En 1807 son descubertos e o denominado Proceso de El Escorial remata co suposto arrepentimento de Fernando. No plano exterior, en 1973 tras ser executado Luis XVI, España rompe relacións con Francia o que desemboca na guerra dos Pirineos. En 1795 firmase a paz de Basilea, un éxito diplomático de Godoy. España aliease con Francia contra Portugal e Gran Bretaña no tratado de San Ildefonso de 1796. En 1805 na batalla de Trafalgar España perderá gran parte da súa frota contra os ingleses.
A chegada de Napoleón ao poder e o seu nomeamento como emperador (1804), fai que comece a espallarse por Europa. Na súa dominación parece que só hai un país que se lle resiste: Inglaterra. De tal xeito que decide contrarrestar ao seu inimigo atacando ao seu principal aliado: Portugal. Para iso aprovéitase da influencia que Godoy ten na corte de Carlos IV para firmar o tratado de Fontainebleau (1807) polo que, ambos políticos, acordan invadir e repartirse Portugal. Nada máis lonxe da realidade: Napoleón invade España e, ante a ocupación o país álzase contra Godoy e o rei. É o coñecido como Motín de Aranxuez (19 de marzo de 1808). O seu resultado foi a destitución de Godoy e a abadicación de Carlos IV en nome do seu fillo, Fernando VII.
Pero a situación xa era irreversible e o avance francés inevitable. O dous de maio o pobo de
Madrid álzase en armas contra o invasor mentres que, a familia real, trasládase a Baiona
(Francia) a petición de Napoleón. Na cidade francesa Napoleón consegue que Fernando VII
abdique de novo no seu pai, Carlos IV, e este, de novo, abdique en Napoleón. O emperador
cédelle a coroa ao seu irmán Xosé (Xosé I, que será coñecido popularmente polo pobo como
Pepe Botella).
Os anos da ocupación francesa e a guerra de independencia (1808-1814), supoñen para España unha certa modernización ideolóxica. Os “afrancesados”, partidarios dos ideais revolucionarios,
consideran preciso unha importante transformación do Antigo Réxime. O novo rei, Xosé I, e os
seus homes de goberno, promulgan en 1808 a coñecida como Constitución de Baiona que, aínda que non foi unha verdadeira Constitución (máis ben unha carta outurgada), xa regula para España, por primeira vez, certos principios propios do liberalismo como por exemplo unha certa separación e limitación de poderes cun corpo lexislativo bicameral coa creación dun Senado (ademáis do congreso), reformas económicas (supresión de privilexios, unha pequena desamortización eclesiástica e liberdade de industria e comercio), reconocimento de dereitos e liberdades (libertade de imprenta e inviolabilidade do domicilio). (aínda que conservadora en gran medida, conserva a confesionalidade do estado e privilexios coma o morgado para atraer á nobreza). unificou a Xustiza coa creación do Ministerio de Xustiza e as audiencias nacionais. Dividiu España en 38 prefecturas (provincias).
A pesar de que Xosé I intentou gobernar España con boas intencións e a necesidade de renovación, a guerra e o desprestixio da súa persoa, imposibilitou a súa aplicación. Coa derrota francesa no conflito (tralo desastre que supuxo para Napoleón a fronte aberta en Rusia e o desgaste das guerrillas en España(el Empecinado, Espoz y Mina, cura Merino)), O tratado de Valençay supón a volta de Fernando VII e, consecuentemente, a do Antigo Réxime.
2. As Cortes de Cádiz e a constitución de 1812
Durante a guerra de independencia, entre as elites dirixentes, vaise estendendo a idea da
necesidade de convocar unhas cortes xerais para coñecer a vontade do país e impoñer as
reformas que sexan necesarias. Para uns, nobres e eclesiásticos, tratábase de restablecer o
sistema político tradicional; para outros, partidarios do liberalismo, era necesario realizar
grandes cambios e restrinxir o poder real e establecer unha Constitución baseada na soberanía
da nación e na separación de poderes.
Durante a guerra formáronse novas institucións políticas, as xuntas locais e provinciais, para organizar a resistencia, un acto de soberanía popular fronte ao estatuto de Baiona. En 1808 reuniranse delegados das xuntas provinciasi en Aranxuez para formar a Xunta Xeral Suprema Gobernativa do Reino, presidida polo Conde de Floridablanca. Pasará a Sevilla e despois a Cádiz (cidade liberal), e disolverase en 1810.
Tras unha consulta á nación, reúnense as Cortes en Cádiz en 1810. Estas Cortes, divididas en
liberais e realistas ou absolutistas, levaran a cabo unha importante labor lexislativa que
podemos resumir nos seguintes decretos:
- A proclamación da soberanía nacional e a separación de poderes (1810): Fronte á soberanía
real proclámase a soberanía nacional, soberanía que residía nas Cortes como representantes da nación española.
- Abolición dos señoríos xurisdiccionais e dos privilexios de orixe feudal (1811): A xustiza que ata entón estaba en mans da nobreza e da Igrexa, pasou ao Estado. A abolición dos señoríos
xurisdiccionais non afectou os dereitos dos nobres sobre a propiedade da terra.
Tamén se aprobaron diversas medidas como por exemplo: a liberdade de imprenta sen a
censura previa, a regulamentación do poder executivo, a formación de Concellos constitucionais e Deputacións provisionais, a creación do Tribunal Supremo de Xustiza ou a supresión da Inquisición.
Pero, sen dúbida, a súa labor máis importante foi a configuración da primeira Constitución (a
“Pepa”). Tratábase dunha Constitución revolucionaria que tiña como obxectivo abolir o
...