ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Burgundios


Enviado por   •  6 de Mayo de 2022  •  Ensayo  •  3.316 Palabras (14 Páginas)  •  109 Visitas

Página 1 de 14

A Lei de Hospitalidade de Arcadio e Honorio e a súa relación co pobo burgundio

Sara Vilariño Rama

[pic 1]

ESQUEMA DE CONTIDOS

1. Introdución

2. O contexto no Imperio

3. O pobo burgundio

        3.1 Orixes

        3.2 Asentamento no Val do Rin

        3.3 Fin do Reino Burgundio

4. A lei de hospitalidade de Arcadio e Honorio

5. As leis burgundias

6. Conclusión

7. Bibliografía

1. INTRODUCIÓN

Na redación e elaboración deste traballo buscouse debuxar un percorrido da historia burgundia utilizando como base as leis de hospedaxe de Arcadio e Honorio. Poderíase interpretar como un traballo exemplificativo de cómo actuaban estas leis en relación ao propio pobo, comezando con unha visión xeral do contexto que propicia o asentamento deste pobo no interior do limes romano dende as primeiras teorías dos seus orixes ata o declive e absorción do reino burgundio por parte dos merovinxios. Nunha segunda parte do traballo exporase a parte máis política onde se explican as leis burgundias e o seu enlace coas leis que introduciron no imperio con respecto a estos pobos ademáis das consecuencias de ambas lexislacións e os diferentes efectos segundo o pobo ao que se lle aplicasen.

2. O CONTEXTO NO IMPERIO

Para comprender o contexto no que se asentou e formou o pobo sobre o que se falará neste traballo, “os burgundios”, é necesario ter en conta a situación na que se atopa o Imperio durante o século III principalmente como introdución. O poder de Roma comeza a decaer e a transformarse ao desencadearse unha crise logo da morte de Alexandre Severo. Os inminentes ataques contra o limes e as consecuencias de carácter político, relixioso e social na política interior propiciaron o ambiente perfecto para o declive imperial. Tomaron grande importancia os persas que, coas ambicións de expansión sasánida e a captura do emperador Valeriano no ano 260, fixeron que a autoridade romana en Oriente quebrase. Os ataques en Europa, por outra parte son continuos durante o século III, os pobos bárbaros buscan facerse un camiño entre os antigos ocupadores do territorio imperial.

Outro dos aspectos que nos fan comprender a situación de crise que se vivía era o descenso do poder senatorial que ainda que nun principio tivese o apoio de emperadores, como o anteriormente mencionado Alexandre Severo, non conseguiu gobernar sobre as provincias senatoriais posto que a crise borra a distinción entre as provincias imperiales armadas e as senatoriais desarmadas [1] Así pois, os senadores son paulatinamente eliminados do mandato militar do exército e polo tanto tamén do goberno das provincias porque estaban militarizadas. Neste contexto, a relación co exército non era especialmente fácil polo poderío militar sobre os emperadores, resultando en usurpacións e un novo modelo de emperador ideal, como Decio. A falta de materias primas e o descenso do traballo en minas e no campo son unha grande consecuencia tamén deste proceso resultando nunha crise de produción. Abandónanse as terras por mor da guerra e a despoboación crece exponencialmente. Os recursos tamén eran escasos en canto a vías de transporte, quedando  reducidos os circuitos comerciales en parte provocado polas guerras, as invasións e os problemas internos de Roma.

Pero pronto chegaría unha época de cambios a mellor coa paulatina regularización do equilibrio entre a cambiante poboación e os bens e servizos, froito das campañas de Claudio e Probo. Aumentaron os recursos, e debido á peculiar forma de invasión dos pobos xermánicos, que consistían maioritariamente en incursións sen obxectivo directo de situarse de forma permanente nin ocupar a terra, en ocasións incluso o Imperio permitía unha serie de saqueos a cambio de que a terra ocupada quedase libre. [2] Os bárbaros que se instalaban no Imperio mantiñan unha relación peculiar con Roma como explicaremos ao longo do traballo.

Co imperio atravesando todos estos cambios, Roma viuse na obriga de tomar as riendas do asunto e regularizar as estadías de pobos xermánicos como coa lei de hospedaxe de Arcadio e Honorio.

3. O POBO BURGUNDIO

3.1 Orixes

A escaseza documental e a ausencia de restos materiais relativos aos burgundios fan que a labor de investigación sexa moito máis complicada para os historiadores, ainda así conservamos testemuños escritos por outros autores como Plinio o Vello ou Tácito que nos levaron a coñecer un pouco máis a vida, os hábitos e en resumo a historia desta civilización.

Ademáis, a historia dos burgundios está extremadamente ligada a Roma e é innegable tamén que as fontes documentais eran predominantes durante a Roma imperial [3](PÁXINA 200) Máis non parece que os romanos tivesen moito interese polo conxunto de pobos en si senon máis ben polo individuo.

En ocasións, investigadores como Lucien Musset [4]afirman que os Burgundios tiñan orixes escandinavos pero non está contrastado na súa totalidade pois non dispoñemos testemuños da época que falen de pobos escandinavos como tal. Especúlase pois que na illa de Bornholm, ao sur de Suecia no século I d. C, xurdiu este pobo principalmente polo abrupto desuso dos seus cemiterios e pola toponimia da propia illa “Illa dos burgundios”.

Así pois comezaron as migracións por parte de este pobo, desencadeadas pola insuficiencia de recursos no seu lugar de orixe. Dito movemento producíase mediante o desprazamento dun tercio da poboación en conxunto cos gobernadores do momento. Nesta primeira ocasión e durante o século terceiro migraron ao Sur, descendendo ata a actual Polonia , máis concretamente, asentáronse nas riveiras do Oder e o Vístula. Jordanes redacta que a mediados de século, Fástida, os rei dos Getas venceu aos burgundios reducindo o seu número a mínimos.

Os alamáns tomaron unha grande importancia nas seguintes migracións burgundias xa que este pobo ocupou as terras abandonadas alamanas ás veiras do Rin e o Meno. O Imperio, arredor do ano 369 viuse ameazado polas invasións de ambolos dous pobos ata que se aliaron co rei Macriano, alamán, no ano 374. Os burgundios tomaron ventaxa sobre aqueles e avanzaron ata o Rin cruzandoo xunto con alanos, vándalos e suevos penetrando no Imperio.

3.2 Asentamento no Val do Rin

Dentro do contexto do Völkerwanderung, sendo este o termo utilizado para referirse ás invasións de pobos bárbaros no limes romano, os burgundios aproveitaron para migrar  entre finais do século IV e principios do V.  Nunha tentativa de presionar máis ao Imperio, o rei burgundio Gondahar, aliouse co rei dos alanos, Goar, gracias a varios movementos afíns a darlle máis poder aos seus reinos con respecto a Roma.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (21 Kb) pdf (170 Kb) docx (26 Kb)
Leer 13 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com