Composición histórica (XIX industrialización en España)
Enviado por Aliciaa.cm • 10 de Marzo de 2022 • Tarea • 566 Palabras (3 Páginas) • 67 Visitas
Debido ao atraso de España comparándoa co resto de Europa, o comezo da súa industrialización foi tardía. Comeza en 1830, pero non tomará forza ata mediados de século.
O sector téxtil inicia a súa modernización creándose as primeiras fábricas modernas en zonas de Cataluña próximas aos portos, por onde entraban as materias primas, o que abarataba os custos de producción. Pero debido a dependencia enerxética do estranxeiro, especialmente de Inglaterra, dende 1870 trasladanse as fábricas da cara ás concas fluviais dos ríos para aproveitar a enerxía hidráulica. Con isto xorden as colonias. Grazas a burguesía emprendedora modernízase a maquinaria e sustitúese a la polo algodón. Cara os anos sesenta, Cataluña é “o núcleo da forza e riqueza industrial da Península”, tal e como se afirma no documento 1. Pouco despois, nos anos sesenta, prodúcese unha crise económica, pero logo se consegue unha nova etapa de expansión. Ademais da industria do algodón tamén se desenvolverán ao final do XIX dous grandes núcleos laneiros e a industria da seda acabará abandonando os núcleos tradicionais de Valencia, Murcia e Granada, para trasladarse a Cataluña.
Pasando agora a siderurxia, debido á crecente demanda de ferro , os obradoiros artesanais irán crecendo ata chegar aos altos fornos, Nun comezo atopamos tres núcleos. Por unha parte o andaluz, creado na década de 1830 en Málaga, Marbella e Sevilla. Existían xacementos de ferro en Marbella e o carbón era importado de Asturias e Inglaterra, razón pola que a sproducción andaluza irá desdendendo a partir de 1860, como se aprecia no segundo documento, até desaparecer, pois non puido superar a competencia do norte e a estranxeira. Deste xeito a siderurxia asturiana toma o relevo da andaluza arredor de 1850. Nesta atopamos diversos defectos, polo que para facilitar o seu crecemento aplícase unha política proteccionista. A pesar disto, a siderurxia vasca toma o relevo. Esta apoiábase na explotación e exportación de ferro, o cal era exportado ao estranxeiro. A cambio, importábase carbón inglés. En 1960 xorde a primeira siderurxia vasca en Bilbao e os Altos Fornos de Biscaia en 1909. Desta, ao contrario do que ocorría en Andalucía, podemos ver o seu forte crecemento no documento dous.
En canto ao ferrocarril, Europa montou a rede ferroviaria a partir dos anos 30 mentres que españa ten a súa primeira liña en 1848, a de Barcelona-Mataró. A segunda foi a de Madrid-Aranxuez en 1851, da que se fala no documento tres, e a terceira e Gijón-Langreo en 1853. Coa chegada do bienio progresista apróbase a lei de ferrocarrís en 1855, co que se favorece e canalizan todos os investimentos posibles. A chegada de capitais extranxeiros permite o seu crecemento entre 1856 e 1858, momento o que atopamos diversas compañías, A partir de 1860 o país está en crise e en suma, ao escoller un ancho de vía diferente, dificultanse
...