Resumen de Novela Rebeldes
Enviado por nuu.13 • 31 de Mayo de 2017 • Resumen • 1.169 Palabras (5 Páginas) • 314 Visitas
REBELDES.
Susan eloise hinton.
Nuria Vila Parga 2º ESO. Nº 20
RESUMO:
Esta novela trata dun rapaz chamado Ponyboy Curtis que é un "greaser" (de clase baixa), que vive cos seus dous irmáns, Darry e Sodapop, xa que os seus pais morreran nun accidente no que un tren atropelara o seu coche cos dous dentro. Ponyboy pertence a unha banda de amigos que inclúe a Johnny Cade, Steve Randle, Winston Dallas ó que tamén lle chaman Rally, Two-Bit, os dous irmáns de Ponyboy e el.
Unha noite, despois de ir ao autocine con Dally e Johnny e coñecer a dúas mozas socs chamadas Cherry e Marcia (os socs son a banda rival dos greasers, é dicir, os da clase alta), Johnny e Ponyboy deciden quedar un intre no solar, pero quedaron durmidos. Ao cabo dunhas horas, Johnnny espértou a Ponyboy, e dixolle que marchara cara a súa casa para que os seus irmáns non se preocupen por el. Cando entra Ponyboy na casa, Darry, controlado polo medo que pasara ao pensar que lle ocorrese algo ao seu irmán pequeno, pegoulle a Ponyboy. Este vaise correndo ao solar, e dille a Johnny que fuxa con el, que vai a escapar da casa.
Os dous amigos foron correndo varias mazás ata que chegaron a un parque para descansar. Cando sentaron, chegan uns socs bebidos e enfadados porque un deles era o noivo de Cherry, e non podía crer que a súa noiva puidera estar cun greaser, colleron a Pony e empezárano a afogar na fonte do parque.
Johnny non pode soportar ver aos socs afogando a Ponyboy, polo tanto, colle á súa navalla e mata a Bob, que é o xefe do grupo e tamén noivo de Cherry. Ninguén pensaría que Johnny fixese unha cousa así, xa que desde que lle atacaran os socs había tempo e lle deran unha malleira, sempre estivera moi inseguro e remiso ás pelexas. O resto dos socs saíron correndo, e ó cabo dun tempo Ponyboy espertouse, Johnny dille que matara ao soc mentres Pony miraba ao corpo quieto e sanguento no medio do parque.
Fuxiron correndo para ver a Rally e a pedirlle consello xa que el era o máis duro e máis informado en asuntos como estes.
Rally déralles unha pistola cargada polo si ou polo non. A Pony déralle a súa chaqueta porque estaba mollado, e tamén lles dou 50 dólares para que se puideran apañar; tamén lles dixo que foran a unha igrexa no campo onde non había ninguén para esconderse e esperar a que el os fora ver.
Ponyboy e Johnny decidiron facer o que Rally lles dixera, así que se colan no tren de cargas que pasa por aí, e saltan do tren ao campo. Transcorre un tempo e ao final atopan a igrexa. Durante a súa estancia aí, Johnny compra provisións para os dous: chuches, tabaco, un libro de "O que o vento levou" e auga osixenada.
Para cambiar a súa aparencia, os dous foron cortar o pelo e Pony tinguiuno de louro.
Transcorren os días e; Pony e Johnny fanse moi amigos (xa o eran, pero como agora dependían deles mesmos, fixéronse máis amigos aínda).
Ao cabo duns días, Dally chega e dilles que todos estaban moi preocupados por eles. Deciden marchar con Dally a un pub para almorzar e cando volven á igrexa (convencidos que deben regresar para explicar todo) para coller as súas cousas e volver para casa, hai un incendio dentro da igrexa, con nenos atrapados. Ponyboy decide ir salvalos, e Johnny decide ir detrás de Pony, polo que os dous entraron na igrexa. Cando conseguiron ver aos nenos, sacáronos pola xanela e xusto cando Pony saíu, as vigas caeron e unha deulle nas costas a Johnny. Dally métese na igrexa, e saca ao seu amigo Johnny, xa que este non se podía mover
...