ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

La vida es bella


Enviado por   •  6 de Marzo de 2022  •  Apuntes  •  960 Palabras (4 Páginas)  •  108 Visitas

Página 1 de 4

A película comeza co transcorrer peculiar da vida de Guido, quen en reiteradas ocasións se ven atopando coa súa futura esposa, Dora, sendo encontros fortuítos que rematan por crear ilusión en ámbolos dous, aínda que pertencen a mundos moi diferentes. Afortunadamente, rematan por formar unha familia co nacemento de Giosuè,

Un momento importante do filme para a comprensión das presións sociais e políticas que transcorrían por aquel entón son as pintadas que se poden encontrar na librería que rexenta o pai desta familia, onde poderemos ver na reixa do seu negocio unha mensaxe antisemita, así como o avance do fascismo no estado italiano. Ante estas circunstancias e o estalido da Segunda Guerra Mundial, Guido, e o seu fillo, que son xudeus, son recluídos nun campo de concentración, e ante esa inminente detención, Dora, non o dubida, e tamén se sobe ao tren que a levará canda eles. As duras vivencias que debe soportar alí a familia separada, pódense comprobar coa tristeza, frustración e dureza do resto dos internos así como dos arduos oficios que teñen que realizar para garantir a súa supervivencia, a cal, algúns rematan por non ser quen de acadar, véndose dende un primeiro momento nas terroríficas cámaras de gas.

Para o pequeno, seu pai intentará que esa experiencia se trate dun xogo, conseguindo puntos para o tan soñado tanque que quere acadar o rapaz, e facendo alusión ao propio título da película, como se a vida fose bonita, pero, neste caso, atopándose nun campo de exterminio. Ademais, o propio pai, será quen o advirta de certas regras de comportamento, nas cales, de incumprilas, os puntos veranse reducidos (ademais das consecuencias que iso podería acarrear ao encontrarse alí internado). Isto, tamén estará reflectido nas xustificacións que se dan para o propio “xogo” e a realidade, e así ser factible crear a fantasía no rapaz.

Desgraciadamente, e coa retirada das tropas do campo de concentración, Guido comprométese consigo mesmo a buscar á súa querida Dora, e para iso, disfrázase, pero, remata por ser fusilado, mentres o seu fillo está agochado dos gardas. Finalmente, para a súa alegría, na mañá seguinte do tráxico suceso, e en canto sae do agocho, atópase cun tanque dunhas dimensións inimaxinables para o rapaz, como o que aparecía en cada un dos seus soños. Con esta ilusión, corre xunto á súa nai, para comunicarlle que gañaron o xogo grazas aos esforzos e coñecementos do seu pai.

En canto ao contido visto na clase, podemos abordar o desenvolvemento cognitivo, socio afectivo e da personalidade na infancia, onde trataremos a cognición, o apego, e o desenvolvemento emocional, entre outros aspectos.

En canto á cognición, co desenvolvemento intelectual de Piaget, podemos observar como Giosuè, se atopa no estadio preoperatorio, comprendido entre os 3 e os 7 anos, e cunhas características que o virían a definir como que se centra nunha soa cousa (o tanque tan soñado), ou que tamén ten problemas para diferenciar

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (6 Kb) pdf (37 Kb) docx (9 Kb)
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com