INTRODUCCION A VIOLENCIA DE XENERO
Enviado por MEIQUINTELA • 9 de Abril de 2014 • 5.662 Palabras (23 Páginas) • 153 Visitas
CURSO DE VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO
MÓDULO 1: MARCO CONTEXTUAL E CONCEPTUAL DE REFERENCIA
2
TEMA 1: O SISTEMA SEXO–XÉNERO. O PROCESO DE
SOCIALIZACIÓN, BASE DA DESIGUALDADE ENTRE
MULLERES E HOMES
Concepto de sexo e xénero.
Todas as persoas nacemos cun sexo determinado, é dicir, nacemos sendo mulleres ou homes.
En función diso, trátasenos de xeito distinto na sociedade e, pola súa vez, a sociedade espera
que actuemos de forma diferente segundo sexamos mulleres ou homes, isto é, que teñamos
condutas consideradas como “femininas” ou “masculinas”. Eses comportamentos que se
consideran propios de cada sexo adquirímolos ou aprendémolos da nosa sociedade, non
nacemos con eles. Isto fai preciso diferenciar entre dous conceptos básicos para a comprensión
dos contidos deste curso: o sexo e o xénero.
O sexo é a determinación biolóxica que ten cada persoa segundo sexa home ou muller. Fai
referencia exclusivamente ás diferenzas biolóxicas (órganos xenitais e reprodutivos) que se dan
entre homes e mulleres, polo tanto naturais, conxénitas e non modificables. O sexo diferenza
en calquera especie animal a machos e femias e, no caso das persoas, a homes e mulleres.
O xénero fai referencia aos comportamentos e ás características sociais, culturais, económicas
e psicolóxicas que cada sociedade asigna a cada un dos sexos. O xénero é o que condiciona o
noso comportamento, as nosas ideas e vivencias segundo sexamos homes ou mulleres, ao
adxudicarnos uns roles e estereotipos diferentes. O xénero é o que explica que as
desigualdades entre mulleres e homes non son naturais senón que se constrúen socialmente,
varían segundo as culturas e o momento histórico e, polo tanto, podemos modificalas. Pode
dicirse que o xénero é o sexo socialmente construído. NON é sinónimo de muller.
ASPECTOS DIFERENCIAIS
SEXO XÉNERO
Diferenzas sexuais físicas. Diferenzas sociais por ser homes ou mulleres.
Son xenéticas. Son aprendidas.
Invariable ou basicamente non modificable. Pode cambiarse.
Determinado pola natureza. Determinado pola sociedade. Aprendido
socialmente
Mulleres:
Posúen determinados
atributos sexuais.
Teñen capacidade de
xestar e aleitar.
Homes:
Posúen outros
atributos sexuais Non
teñen capacidade de
xestar e aleitar.
Exemplos:
Asignación diferenciada de roles.
Distintos estereotipos de xénero atribuídos.
Vestidos e ornamentos diferentes.
Distribución non homoxénea nas distintas
profesións.
3
Estereotipos e roles de xénero.
O conxunto de cualidades e características psicolóxicas e físicas que unha sociedade asigna a homes e a mulleres, constitúe o que se denominan estereotipos de xénero. Fan referencia a unha serie de ideas impostas —simplificadas, pero fortemente asumidas— sobre as características, actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes, que se fan “verdades indiscutibles a forza de repetirse”. Os estereotipos estipulan de maneira ríxida non só o que debe ser un home e unha muller, senón que tamén apuntan como deben comportarse para cumprir coas expectativas de rol que se ten para cada un dos sexos: son o que se chaman atribucións de xénero. Para reflexionar: Emilia Pardo Bazán, en referencia á educación das mulleres no seu tempo, escribiu: “A educación da muller non pode chamarse tal educación, senón doma, pois ten como fin a obediencia, a pasividade e a submisión”.
No seguinte cadro inclúense a modo de exemplos algúns dos estereotipos que conforman unha falsa realidade, que hai que evitar reproducir: Segundo as ideas estereotipadas … a muller é … o home é … Fantasiosa Realista Dependente Independente Cooperativa Competitivo Prudente Arriscado Tenra Agresivo Submisa Dominante Intuitiva Racional Pasiva Dinámico Medorenta Valente Subxectiva Obxectivo Insegura Seguro Débil Forte
Os estereotipos condicionan as vidas das persoas e non só se producen en referencia ao xénero, senón tamén en relación á etnia, á nacionalidade, á relixión, ou a certos colectivos. Para reflexionar: Trata de completar as seguintes frases e verás ata que punto temos interiorizado os estereotipos nas nosas mentes. Lembra que os estereotipos son falsos e inxustos.
4
Todas as xitanas son … Todos os musulmáns son … Todas as mulleres conducen … Todas as colombianas son … Todos os homes pensan en … Todas as persoas galegas son … Todas as persoas andaluzas son …
O papel que unha persoa representa nos diferentes espazos da súa vida é o que se coñece como rol (rol de esposo, rol de nai...). Os roles de xénero están directamente relacionados co reparto de tarefas entre mulleres e homes. Así, por exemplo:
Ás mulleres asígnanselles uns roles vinculados co desenvolvemento de tarefas no ámbito doméstico, relacionadas co coidado do fogar e co coidado de persoas no contorno familiar. O rol feminino tradicional, pois, establece que a muller sexa nai, esposa e coidadora das demais persoas.
Aos homes asígnanselles uns roles relacionados co ámbito público: co emprego e coa participación nos órganos de toma de decisións, e que afectan ao conxunto da sociedade. O rol masculino tradicional asóciase, así, ás tarefas que teñen que ver co produtivo, co mantemento e co sustento económico.
Cales son as consecuencias destes roles de xénero? Pois, por exemplo, que o coidado de menores e de persoas en situación de dependencia sexa máis atribuído ás mulleres que aos homes. Ou que se espere dos homes unha maior ambición profesional. Temos que ter en conta, e isto é moi importante, que estes roles condicionan as vidas tanto dos homes coma das mulleres, impedíndonos desenvolvernos de forma completa.
Nos últimos anos asistimos a importantes cambios sociais. Por unha banda, a participación imparable das mulleres no mercado de traballo e a súa crecente presenza en todos os ámbitos do público. É certo que se manteñen importantes atrancos que é preciso erradicar, pero non o é menos que se deron importantes avances neste sentido. No obstante, por outra banda, o camiño inverso (é dicir, o que leva aos homes a participar cada vez máis no ámbito do doméstico e do coidado) se está a transitar de xeito moito máis lento, se ben é certo que nos últimos anos vemos tamén certos cambios nos roles dos homes neste sentido, xerándose o que se deu en chamar “novas masculinidades”. Unha das consecuencias destes cambios é
...