ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

HISTORIA DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL:


Enviado por   •  28 de Diciembre de 2015  •  Apuntes  •  7.392 Palabras (30 Páginas)  •  252 Visitas

Página 1 de 30

HISTORIA DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL:

- Os conceptos de historización e comunicación:

Como introdución á materia, imos intentar rechazar dous conceptos que aparecen no propio título e que non necesariamente teñen que ir da man do feito audiovisual: historización e comunicación.

  • O cine, máis alá de ser un simple intermediario comunicativo, é toda unha fonte de racionalidade, e ademais disto, aparece como un feito conmovedor e subxectivo. Ademais, o cine non cumpre ben a función de medio comunicativo, xa que renuncia á claridade expositiva propia deste.

Exemplo: ''Armonías de Werkmeister'' Béla Tarr

  • A televisión non ten só un papel comunicativo, senón tamén reflexivo, revelador das diferentes realidades.

Exemplo: ''The Whire'' 

  • En canto a Internet, a súa característica principal é a heteroxeneidade ou variedade de interpelacións, polo que é difícil dotalo dun cualificativo, e isto pódese aplicar a todo o feito audiovisual.

*Interpelación: Segungo a Teoría do Texto de Umberto Eco, é unha chamada na que implicitamente se fai unha caracterización do usuario, se prefigura unha especie de espectador modelo.

Entre todos estes medios de comunicación hai ademais un obxectivo común, que non é só o comunicativo, senón que se fai unha chamada ao goce.

[pic 1]

A promesa do goce é o aliciente último e propósito primeiro da imaxe audiovisual. O que plantexamos ata o momento segundo a teoría da imaxe é que unha imaxe é antes que nada a colocación da ignición na cultura, o cal se traduce na interpelación que estimula o ollo do espectador, que ten como propósito non necesariamente entender senón gozar. O que mobiliza a imaxe no seu estado primitivo é o goce. Posteriormente, ese artefacto de goce que serve á cultura introdúcese nun discurso, se chea de significantes que permiten contar ou describir algo, pero a función primeira de producir goce non desaparece.

Este é, en definitiva, o paradigma que plantexamos en lugar do de ''historización'' ou ''comunicación''.

- ¿Como aparece por primeira vez a imaxe en movemento?

Se atendemos á teoría da aparición da primeira protoimaxe, podemos datalo cunha data concreta: 1888. Anteriormente a esta fecha estaban os chamados ''pioneiros'', entre 1888 e 1908 os ''precursores'', e a partir de entón os ''inventores.

                              1888        1908[pic 2][pic 3][pic 4]

        Pioneiros        Precursores        Inventores

Sen embargo, non todo podemos clasificalo en forma de progreso ou de evolución. No que temos que pensar é en puntos de conflito que permiten avanzar e progresar.

Os historiadores da imaxe case non conceden importancia ao período que se estende ata 1908 afánanse en construír unha historia moderna deixando atrás a protoimaxe. Esta carencia é algo que se aprecia particularmente en España.

 Non obstante, este período conduciu á aparición da cámara escura e, con ela, a imaxe en movemento. É un período de fundamento das bases da imaxe en movemento.

Toda a época anterior ao século XX no ámbito audiovisual coñécese como ''precine'', e viuse apoiado pola influencia da fotografía e da fonografía.

Á hora de pensar na historia do cine e os seus antecedentes podemos apreciar un certo francocentrismo, considerando aos irmáns Lumière como creadores (efectivamente son considerados creadores do cine en 1895, pero non son creadores do precine). Sen embargo, hai un autor estadounidense Noël Burch, do que non se fala moito a pesar de ser un personaxe clave na historia do cine.

Noël Burch realizou un estudo detallado sobre esta época, que el denomina ''cine primitivo'', xa que todo o que se fabrica antes do século XX é en certo sentido unha imaxe primitiva.

Este cine enfróntase ao MRI (Modo de representación institucional). É un enfrontamento radical entre o cine que non atende a ningunha norma ou modo de representación e outro tipo de cine que si vai ser institucionalizado. A primeira imaxe da que falamos ten un propósito unicamente testemuñal, mentres que a segunda xa está codificada, sistematizada e responde a un propósito ou modelo narrativo.

No que se centra Noël Burch na súa análise é nos elementos constitutivos da imaxe en movemento, que teñen que ver cos códigos que a imaxe mobiliza (icónicos, sonoros, visuais, etc.). Por esta vía, o traballo de Burch conecta coa teoría do texto.

*TEORÍA DO TEXTO: Teoría endóxena que se centra na propia imaxe, os elementos que a formas e os códigos que esta mobiliza.

- ¿Podemos botar man das ferramentas científicas no ámbito da imaxe?

*Epistemoloxía: ciencia que estuda o coñecemento científico

*Gnoseoloxía: teoría que se ocupa do coñecemento en xeral, non científico

Na imaxe máis primitiva ou protoimaxe atopamos unha fonte de coñecemento absolutamente radiante en moitos ámbitos, pero non no científico, polo que a protoimaxe solo pode ser fonte de gnosis. A imaxe, lonxe de estar sometida a procesos experimentais, o que establece é experiencias, o que se encontra no fondo.

Como ámbito de coñecemento, a protoimaxe presenta unha característica: En primeiro lugar a interpelación que propicia apunta ao fondo do suxeito, e en segundo lugar ao ámbito experiencial.

A cultura sitúa no mundo o que denominamos imaxe, portadora de experiencias. Coloca ao espectador nunha posición experimental. Co feito audiovisual nace a manifestación cultural máis característica do século XX, se ben xa empezara no século anterior, pero maniféstase plenamente no XX.

Isto implica que esta manifestación cultural, a imaxe, é portadora por excelencia da ideoloxía contemporánea. Logo hai unha serie de manifestacións culturais que están nas marxes e que se utilizan como soporte á imaxe e ao feito audiovisual.

O feito audiovisual é a veces utensilio dos obxectos ideolóxicos, pero só en algunhas ocasións. Noutras reduce ese carácter experiencial. Non obstante, isto non contradí esa idea da imaxe como fonte de experiencias.

Concibimos a cultura como un extenso discurso que se crea grazas á incorporación das imaxes audiovisuais, é dicir, concibimos a cultura como a colocación de imaxes no mundo. Se a cultura maniféstase en algo, é en imaxes.  

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (46 Kb) pdf (311 Kb) docx (247 Kb)
Leer 29 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com