ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tema: Arredor de si e a súa vinculación con outros textos de Otero Pedrayo


Enviado por   •  30 de Mayo de 2016  •  Tarea  •  620 Palabras (3 Páginas)  •  543 Visitas

Página 1 de 3

Arredor de si e a súa vinculación con outros textos

de Otero Pedrayo

Arredor de si é unha novela composta por quince capítulos cunha estrutura que alterna os feitos acaecidos en Galicia con feitos que suceden fóra da terra galega. A extensión xa constitúe unha primeira diferencia, básica e evidente, entre os textos e a obra cuxo protagonista é Adrián Solovio.

En Arredor de si lévase a cabo unha viaxe na procura de algo, na busca dun sentido. Neste caso concreto isto vaise articulado en dúas vertentes intimamente ligadas. Por un lado hai un percorrido que ten que ver coa evolución persoal e íntima do protagonista mediante o estrañamento, por outra banda hai unha procura espiritual, "colectiva", que vai unida ao percorrido espacial e á busca dunha tradición galega. Por así dicilo, Adrián é el mesmo e a vez todo o pobo galego na procura do seu ser esencial. Solovio non é un personaxe estático senón que evoluciona. Ao longo da narración o lector observa a transformación psicolóxica e de pensamento deste personaxe marcado pola súa confusión mental, a presenza de ideas opostas e pola mestura de sentimentos contrapostos ata o seu "redescubrimento" de Galicia. O redescuberta da terra funciona a modo de revelación e fai que o protagonista da peza asuma a "conciencia galeguista" e remata por darlle sentido a súa existencia. O obxecto final da busca, a derradeira xustificación da viaxe de Solovio é Galicia, a terra galega a partir da cal nace a propia identidade do suxeito e por extensión a identidade do pobo.

No sentido anterior podemos vincular esta procura e achado da "conciencia galeguista" de Solovio coa viaxe iniciática que o fidalgo novo do relato Dona Xohana e Don Guindo fai seguindo a vontade do seu pai. Nesta viaxe o fidalguiño aprende sobre os distintos xeitos de vivir do seus parentes vencellados ás diferenzas xeográficas. Do mesmo xeito que Adrián Solovio acepta a súa idiosincrasia e identidade galega o fidalgo novo do relato tamén remata por comprender o seu ser galego e deste xeito inxírese total e definitivamente na idiosincrasia galega ao decatarse da "beleza sinxela do vivir das nosas aldeas".

Fronte a este Adrián intelectual e espiritual onde salienta a abstracción atopamos ao seu irmán Xacobe personaxe no que o compoñente físico acentúase, o práctico defíneo. Adrián é o respecto pola tradición mentres que Xacobe é a modernidade, ambas personaxes son dous caras ben distintas da realidade da novela. Otero Pedrayo fai unha crítica ao mundo da modernidade e defende a estrutura social tradicional, isto é unha constate na súa obra. Tamén podemos atopar este tipo de crítica no texto Medicina Legal onde a pesar de se producir un asasinato (o señor Venerando mata ao seu cuñado o Señor Delmiro) o autor non toma parte neste feito, non o condena nin censura, e o propio lector sente

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (4 Kb) pdf (54 Kb) docx (10 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com