Decalogo do bo conxuge
Enviado por maprende • 19 de Septiembre de 2015 • Síntesis • 336 Palabras (2 Páginas) • 354 Visitas
Página 1 de 2
Decálogo do bo marido:
- Se esquece-lo aniversario da muller, vai buscando unha boa escusa. Se se trata do aniversario de vodas, fuxe do país.
- Arranxa os electrodomésticos sen preocuparte por que se avariaron.
- Aprende a cociñar tres comidas diferentes.
- Se fiel. Non importa en que lugar che entre a fame, o importante é que sempre comas na casa.
- Permítelle conducir de vez en cando o coche novo.
- Se ela sufre un accidente de tráfico pregúntalle se está ben antes de interesarte polo que lle pasou ó vehículo.
- Antes de falar e actuar pregúntate: queres ser feliz ou queres ter razón?
- Non fagas gastos económicos elevados sen falar antes con ela; pero non a reprendas ou discutas coa muller se ela decide comprar algo caro.
- Lembra que ela casou contigo, polo tanto non pidas que sexa razoable.
- Non menciones nada sobre o seu aumento de peso e verás que ela non dirá nada sobre túa incipiente alopecia.
Recorda que ti es o home da casa, a persoa que manda pero non te esquezas de preguntarlle cada mañá: María, e hoxe que queres que mande?
Decálogo da boa esposa:
- Unha boa esposa sabe cal é o seu lugar.
- Non despilfarres. Ós homes non lle gusta que os cartos que gañan se tiren en pequenas tonterías.
- Ten a casa limpa. Unha casa limpa refresca o espíritu dun home casado.
- Non te abandones. Unha muller de apariencia descoidada logo se queixará dun marido desatento.
- Non permitas as atencións doutros homes. Os maridos son normalmente ciumentos e iso da lugar a sospeitas inmotivadas.
- Non pases demasiado tempo con túa nai. Recorda que para el é a súa sogra.
- Non aceptes o consello do teu veciño, nin da túa veciña, ni dos teus parentes sobre asuntos do fogar. Pensa en ti e consulta o teu marido.
- Non desprecies ó teu home. Aléntao.
- Non te poñas fea. Sorrí.
- Non esquezas as cousas importantes das mulleres. Ten tacto. Sé feminina. Ós homes hai que atraelos con dozura, como ós gatos; non a paos, coma os cans.
...
Disponible sólo en Clubensayos.com