¿Por que Montesquieu, Steuart ou Adan Smith vían na fuga de capitais efectos positivos para a política?
Enviado por pepitogrillo14 • 26 de Noviembre de 2022 • Tarea • 874 Palabras (4 Páginas) • 137 Visitas
- ¿Cal é a idea central do texto?
A idea central do texto é a internacionalización do capital e as súas consecuencias a tódolos niveis como a perdida soberanía estados nacionais.
- ¿Por que Montesquieu, Steuart ou Adan Smith vían na fuga de capitais efectos positivos para a política?
Montesquieu, Steuart e Adam Smith tiñan distintas visións pero, para os tres a fuga de capitais tiña efectos positivos para a política. Os tres consideraban que as letras de cambio eran difíciles de controlar debido a que eran facilmente movibles e eludibles. Pero coas terras pasaba o contrario, posto que estas estaban gravadas, polo que ao ter letras de cambio que non se podían controlar facilmente, evita pasar recursos aos soberanos arbitrarios, que non collían diñeiro para investir para os cidadáns, o facían para financiar palacios, guerras, as monarquías,... Así os propietarios das letras de cambio podían escapar da autoridade política dos monarcas absolutistas para quitar a súa vontade a riqueza dos cidadáns, isto era unha forma de substituír a acción arbitraria do soberano polo bo goberno. As letras de cambio era facilmente movibles e eludibles.
- Explique e ilustre a diferenza entre bens mobles e bens inmobles.
A diferenza entre bens mobles e bens inmobles é que os bens mobles son o diñeiro, pagarés, letras de cambio (a mellor imaxe de ben moble para Montesquieu), accións de compañías, bens e mercancías, estes bens foron creados para contribuír na expansión do comercio e as finanzas promovida polo Estado absolutista para sufragar os gastos suntuosos da Corte e manter grandes exércitos profesionais cos que expandir o seu poderío, isto xurdiu nos séculos XVII e XVIII. Estes bens foron diversificándose e saíndo durante o florecemento das teses favorables ao comercio exterior, son bens que se poden mover sen problema entre cidades ou países sen que se teña un total control. Mentres que os bens inmobles son aqueles que non se poden mover libremente entre países ou cidades, aquelas propiedades que non poden transportarse, este tipo de bens eran as terras que os habitantes dun lugar chegaban a posuír, as casas, os camiños,...
- ¿Cales son as consecuencias para os estados da fuga de capitais na sociedade democrática?.
As consecuencias para os estados da fuga de capitais son que estas fugas de capital están dadas como resposta as accións arbitrarias e caprichosas do soberano, os donos do capital non están dispostos a facer o que el quere co seu diñeiro e, posto que se poden levar o seu capital sen problema algún a calquera outro lugar non hai nada que se llo impida(non está gravado e ninguén ten porque sabelo).
- Expoña as diferenzas entre o “neoclasicismo global” e o paradigma keynesiano.
As diferenzas entre o neoclasicismo global e o paradigma keynesiano radican en que para o paradigma keynesiano o goberno é o protagonista da política económica a nivel nacional, mentres que para o neoclasicismo global a unidade de análise deixa de ser a nación para pasar a ser o mundo enteiro. Mentres que o modelo keynesiano reclamaba unha progresiva liberalización comercial para que se favorecera o comercio internacional de bens e servizos, o neoclasicismo global establece que só hai un mercado e un prezo para os bens e os factores de produción polo que os salarios, tipos de interese e prezos igualaríanse en todo o mundo, cousa co que o paradigma keynesiano non estaba de acordo posto que consideraba necesaria para o éxito dunha política efectiva a restrición de movemento de capital. Ademais, para o neoclasicismo global a propiedade do capital carece de importancia.
...