Tema: A formacion da polis
Enviado por aerrre • 2 de Octubre de 2016 • Apuntes • 1.377 Palabras (6 Páginas) • 341 Visitas
- FILOSOFÍA ANTIGA (I). PLATÓN.
I. Marco Histórico conceptual.
- A FORMACION DA PÓLIS GREGA.
- Introducción.
A pólis é un concepto fundamental para entender a orixe do pensamento filosófico. Como afirma o profesor Emilio Lledó, a pólis é “unha rede de convivencia, de contrastes, de críticas, de información e de ideas”.
- Antecedentes históricos da pólis.
Os historiadores distinguen 5 etapas na evolución da Historia do mundo grego que van desde o ano 2000 a.c. atá o 146 a.c. aproximadamente.
- Cultura Micénica 2000-1150 a.c..
- Época Escura 1150-800 a.c.
- Época Arcaica 800-500 a.c.
- Época Clásica 500-338 a.c.
- Época Helenística 338-146 a.c.
A cultura micénica era unha civilización guerreira formada por reinos independentes, artellados arredor dun palacio-fortaleza controlado por un rei e unha casta militar que dominaban as aldeas.
A estructura social era vertical e moi xerarquizada e a mayoría da poboación carecía de poder e capacidade de decisión nos asuntos do reino.
Cando desaparece a civilización micénica e a sua estructura SOCIAL, as aldeas independízanse e aparece unha casta de nobres terratenientes que acaparan a riqueza económica e o poder político. Esta nobreza (aristoi) propiciará unha forma de goberno aristocrática.
Estas aldeas escomezaron a agruparse por intereses económicos e sociais e constituiron o xérmolo das cidades-estado, é dicir, das pólis.
- A formación da pólis.
A formación da pólis ten lugar na época arcaica e desenvólvese con esplendor nos séculos seguintes atá o seu declive no período helenístico.
Entre os anos 750 e 550 a.c. tivo lugar unha expansión colonial dos gregos por todo o Mediterraneo. Esta expansión foi debida a un empeoramento das condicións de vida provocado pola mala distribución das terras e polo incremento da poboación. Como consecuencia prodúcese un grande desenvolvemento da navegación e o comercio e o florecemento dunha nova clase social (os comerciantes) que reclaman maior poder social e político.
As novas colonias constitúense en cidades independentes das pólis gregas e só manteñen con elas relacións de carácter comercial ou meramente afectivas. E será nestas colonias independentes e liberadas dun réxime nobiliario, adicadas a unha actividade económica e práctica, donde nazca no século VI a.c. a ciencia e a filosofía que velozmente se traslada a Atenas e a toda a Grecia continental.
Xunto a aparición dunha clase de comerciantes moi puxante, prodúcese un cambio fundamental na estructura da defensa da pólis coa aparición da infantería militar (Hoplitas) que se incorpora e participa na guerra e na defensa da pólis por un custe asequible, nunha actividade que anteriormente era patrimonio da caballería e da nobreza.
Unha vez que esta nova clase popular participa na guerra e na defensa da pólis, adquire poder e dereito a participar nas asambleas nas que se deciden os asuntos do goberno.
Esta incorporación provoca a organización de novas formas de goberno novos aparellos lexislativos. Estamos no tránsito dunha oligarquía a unha democracia que vai ser unha das grandes novidades que xurden a partir da formación da pólis.
D) Características e consecuencias da formación da pólis.
- Características.
A pólis é o resultado dunha unión entre pequenas comunidades que se organizan como Estados independentes (Cidades-Estado).
Cando desaparece o poder central do palacio-fortaleza, cada pólis fórmase como unidade económica, social e política, coas suas propias relacións sociais e modelos de organización. A pesares de compartir idioma, relixión e moitos lazos culturais, estas cidades-estado non poideron (nen quixeron) formar un Estado unificado porque existía unha enorme rivalidade que as mantivo en permanente conflicto durante séculos.
A característica fundamental que aquí nos interesa salientar, é que o AGORA convértese no centro da vida social, económica e política. ÁGORA será o lugar donde os cidadáns libres comercian, discuten e toman as decisións en asamblea. Este tema resulta crucial para valorar as consecuencias deste profundo cambio.
Outras características importantes son:
- Unha extensión territorial reducida.
- Independencia económica e autosuficiente.
- Independencia política (autogoberno)
- Culto relixioso común.
- Defensa do espíritu cívico. O cidadán implícase nos asuntos públicos, aos que se daba absoluta prioridade.
- A pólis considérase –e ísto e moi importante- o espazo NATURAL do ser humano: o home é un animal político, dirá Aristóteles.
- Unha estructura social formada por: cidadáns libres que tiñan o dereito a participar na vida política; unha poboación extranxeira (metecos) que eran homes libres pero non formaban parte da vida política, e unha maioría de escravos de diversa índole, que carecían de dereitos civís e podían mercar a súa liberdade en determinadas circunstancias.
2. Consecuencias.
A pesar das contradiccións (dados os estamentos sociais existentes), a pólis xurde como un proceso de solidariedade e apoio mutuo para conseguir un ben común e unha forma de goberno afastada dos intereses particulares. Os cidadáns e os seus gobernantes, decía Aristóteles, deben obrar nobre e xenerosamente, porque na Grecia clásica tamén existían os casos de corrupción política.
Na ÁGORA non só se discute da economía e das finanzas, senón que tamén se dirimen as ideas sobre a mellor e mais favorable forma de goberno. As ideas e a linguaxe adquiren extraordinaria importancia á hora de convencer aos cidadáns.
...