Función de nutrición: Aparatos dixestivo e circulatorio
Enviado por irismonteero_ • 16 de Mayo de 2023 • Apuntes • 1.050 Palabras (5 Páginas) • 42 Visitas
Página 1 de 5
RESUMO TEMA 2.1 – Función de nutrición: Aparatos dixestivo e circulatorio.
- O aparato dixestivo: é o encargado de transformar os alimentos en nutrientes cun tamaño axeitado para chegar ás células. Está composto polo tubo dixestivo e as glándulas anexas.
- O tubo dixestivo: está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado e remata no intestino groso.
- Boca: é a cavidade de entrada do tubo dixestivo. Está formada polos dentes, a lingua e as glándulas salivares.
- Farinxe: é a cavidade que teñen en común o aparato respiratorio e o dixestivo. Ten unha lámina que evita que os alimentos pasen ás vías respiratorias: o epiglote.
- Esófago: tubo que une a farinxe co estómago.
- Estómago: dilatación do tubo dixestivo. Presenta dúas válvulas que impiden o retroceso do alimento: o cardias na entrada e o píloro na saída.
- Intestino delgado: tubo que se encontra dobrado na cavidade abdominal. Divídese en: duodeno, xexuno e íleo.
- Intestino groso: última porción do tubo dixestivo que rodea o intestino delgado en forma de U invertida. Divídese en: cego, colon e recto.
- As glándulas anexas: sitúanse fora do tubo dixestivo e vértenlle zumes dixestivos que conteñen encimas dixestivos.
- Glándulas salivares: producen saliva e vértena á boca.
-Glándulas sublinguais: situadas baixo a lingua.
-Glándulas submaxilares: situadas na mandíbula.
-Glándulas parótides: diante das orellas.
- O páncreas: órgano alongado situado baixo o estómago. Verte zume pancreático ó duodeno e hormonas á sangue.
- O fígado: filtra a sangue e produce a bile, que antes de ser vertida ó duodeno almacénase na vesícula biliar.
- Os procesos dixestivos: inxestión, dixestión, absorción e formación de feces.
Neste proceso os alimentos transfórmanse en nutrientes grazas a dous tipos de accións:
- Accións mecánicas: consisten en reducir o tamaño do alimento.
- Accións químicas: rompen as macromoléculas dos alimentos grazas a acción dos zumes.
- Inxestión: entrada do alimento na boca.
- Dixestión: tritúrase o alimento e mestúrase coa saliva, entón fórmase o bolo alimenticio, logo, o bolo alimenticio vai dende a boca á farinxe e da farinxe ó esófago, onde grazas os movementos peristálticos chega ó estómago. As paredes do estómago segregan zumes gástricos que se mesturan co bolo alimenticio grazas os movementos peristálticos e forman o quimo. No intestino delgado, o quimo mestúrase coa bile, co zume pancreático e os zumes intestinais e da lugar ó quilo.
- Absorción: é o paso dos nutrientes obtidos na dixestión á sangue para ser transportados ás células. Prodúcese nos intestinos polo que é chamada: absorción intestinal. Neles absórbense sales minerais, auga e vitaminas.
- Formación de feces: os alimentos que non podemos dixerir convértense en substancias de refugallo que debemos eliminar. Fórmanse as feces, que son expulsadas a través do ano.
- Principais enfermidades do aparato dixestivo.
- Carie: enfermidade infecciosa producida por bacterias que viven na boca e se alimentas dos restos de comida. Como resultado prodúcense ácidos que debilitan os esmalte do dente, orixinando pequenos buratos.
- Úlcera péptica : lesión na mucosa do estómago ou do duodeno que pode provocar hemorraxias e a perforación destes. O tabaco, o alcohol e o estrés favorecen a súa aparición.
- Gastroenterite: inflamación do estómago e do intestino delgado producida pola inxestión de alimentos en mal estado ou polo contacto cunha persoa infectada. Causa vómitos, diarrea, febre etc.
- Apendicite: inflamación do apéndice debido a súa obstrución. As súas consecuencias poden ser graves se non hai unha rápida atención médica.
- Estrinximento: as feces están tan secas que son difíciles de evacuar. O seu causante pode ser o estrés.
- Hepatite: infección do fígado que pode ser orixinada por un virus, medicamentos ou alcohol.
- Hábitos saudables para o aparato dixestivo.
- Comer amodo e mastigar ben os alimentos.
...
Disponible sólo en Clubensayos.com