ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Prexuizos Do Galego


Enviado por   •  27 de Marzo de 2013  •  1.514 Palabras (7 Páginas)  •  654 Visitas

Página 1 de 7

3.- Estereotipos e prexuízos lingüísticos

Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor negativos emitidos sobre unha lingua ou os seus

falantes a partir de realidades manipuladas, malinterpretadas ou ás veces simplemente inventadas.

Teñen a capacidade de propiciar, de maneira consciente ou inconsciente, o rexeitamento dunha

lingua e dunha comunidade lingüística. Ao igual que calquera outro tipo de prexuízo, baséanse en

estereotipos, que se moven entre ideas simplificadoras e falsidades tendenciosas (como, por

exemplo, afirmar que os musulmáns son intolerantes, que os xitanos nunca se lavan ou que os

cataláns están obsesivamente preocupados polos cartos).

Os prexuízos lingüísticos son moi variados, pero basicamente pretenden demostrar a existencia de

dous tipos de linguas: unhas que se poden cualificar como boas, importantes ou adecuadas para a

vida actual e outras que non posuirían estas características e por tanto habería que considerar malas,

irrelevantes ou non aptas.

Segundo esta visión, por exemplo, as linguas amerindias ou a maioría das linguas africanas

téñense caracterizado a respecto das occidentais, como primitivas e inaptas para temas abstractos.

Hoxe sábese que non existen diferenzas salientábeis entre as gramáticas das linguas que faciliten ou

dificulten a expresión do pensamento. As situacións históricas polas que pasan as comunidades

lingüísticas poden provocar carencias léxicas nunha determinada materia; mais o léxico pode

habilitarse sen maior problema, do mesmo xeito que linguas tan prestixiosas como o francés ou o

castelán deberon dotarse de numerosos anglicismos e neoloxismos para actualizarse en materias

propias das novas tecnoloxías.

Normalmente os prexuízos maniféstanse cara a linguas doutras comunidades. No caso de se

mostraren cara a unha lingua da propia comunidade (en territorios plurilingües) son especialmente

perigosos porque poden contribuír de maneira decisiva á súa desaparición.

3.1.- Os prexuízos lingüísticos en Galicia

Os prexuízos xerados contra o galego existen desde os inicios da situación diglósica, unha vez

que o castelán se asentou como idioma de prestixio no noso país, e teñen sido alentados, ás veces

como resultado dunha estratexia bem meditada, desde o poder centralizador, en diversos períodos

historicos, coa finalidade de denigrar o galego fronte á lingua do Estado. SOCIOLINGÜÍSTICA E HISTORIA DA LINGUA. Funcións sociais da lingua, diglosia e prexuízos 6

….........................................................................................................................

Se ben na actualidade parece que se reduciron as consideracións pexorativas sobre o galego,

especialmente entre a xente nova, hai algunhas que perviven e mesmo se están detectanto algunhas

novas. Algúns dos prexuízos máis comúns contra entre parte da sociedade galega son os seguintes:

 Falta de utilidade do galego: o galego íllanos do exterior, non serve para falar fóra de

Galiza. As linguas nacen para seren empregadas polas comunidades que as crean. Só uns

pouquísimos idiomas no mundo son empregadas internacionalmente. Ten tan pouco sentido

que alguén aquí non fale galego por ver niso unha limitación como que un noruegués se

negase a falar a súa lingua porque esta non se pode utilizar fóra das súas fronteiras.

 O galego é unha lingua máis pobre que o castelán tanto na gramática como no léxico. Este

é un dos máis vellos prexuízos sobre o galego, que propagou a falsa idea de que o galego

non era válido para certos usos cultos (ciencia, ensino, medios de comunicación...). Como

quedou dito máis arriba, non hai linguas mellores que outras, máis ou menos válidas para

expresar calquera tipo de coñecemento, salvo certas carencias léxicas facilmente superábeis.

 O galego normativo é un idioma inventado. Todo proceso de estandarización das linguas

ten unha parte de artificiosidade ou arbitrariedade na escolla da variante que se considera

culta fronte ás distintas variedades reais. Isto sucede no galego como en calquera outra

lingua. Pártese da lingua falada (real, pero con moitas variantes e non poucas veces

deturpada e vulgarizada) e adóptanse diversos criterios para realizar a necesaria

normativización, atendendo con frecuencia a aspectos históricos ou de lingüística comparada

descoñecidos polo falante común. O que resulta inaceptábel é que se critique o galego que

se aprende na casa por chapurrao, rústico ou acastrapado e o que se escoita nos medios de

comunicación (o normativo) por artificial ou inventado. A falsa percepción de “lingua

inventada” vén dada en gran medida, no caso do galego, polo feito de que a normativa é

aínda moi recente e sufriu nos últimos anos varias pequenas modificacións. Cando, co paso

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (10 Kb)
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com