FILOSOFÍA, CIENCIA E OUTRAS FORMAS DO SABER
Enviado por elenaaxvi • 24 de Enero de 2015 • 2.242 Palabras (9 Páginas) • 264 Visitas
I.- O ÁMBITO DO SABER
Que é saber?
O termo do “saber” está relacionado co do “sabor” ( “probar” para descubrir ). É un contacto coa realidade para distinguila e entendela. Ademais relaciónase co ser
consciente, sistematizar o sabido e preguntarse criticamente polo sabido.
Fontes do saber.
O ser humano dispón de dúas fontes de saber: a sensibilidade e a razón.
A sensibilidade proporciona a experiencia básica das cousas ( mostra a realidade a través dos sentidos ).
A razón vai máis aló dos sentidos e mostra a esencia. ( verdade das cousas dende o entendemento )
Experiencia e razón van sempre xuntas, así conséguese chegar á REALIDADE das cousas.
Tipos de saber.
1. COMÚN.
Fórmase na experiencia da vida cotiá. Non se di/explica como urxe ese saber. É froito do sentido común e tamén é acrítico xa que non sistematiza, analiza ou valora.
Está cheo de prexuízos.
2. CIENTÍFICO.
Intenta explicar porque os feitos son de determinada forma. Comparte co saber filosófico que é sistemático, rigoroso e crítico. Mais diferéncianse en que este está baseado na experiencia e aplica as matemáticas para explicar a realidade . A súa metodoloxía está baseada en hipóteses e leis que se deben probar.
3. TÉCNICO.
Explica como realizar diferentes actividades. Persigue o control e o dominio do “mundo”.
O seu orixe é a aplicación da ciencia (tecnoloxía)
4. FILOSÓFICO.
Hai diferentes respostas, perspectivas e sistemas filosóficos.
Filosofar é pensar, empregando a razón para argumentar de forma crítica e rigorosa, co fin de entender a realidade e a propia razón.
5. ARTÍSTICO.
Está máis vinculado coa narración que coa explicación. Literatura, cine, poesía, artes plásticas, etc , narran a experiencia da vida.
6. RELIXIOSO.
Trátase do saber do sagrado e do divino dende as crenzas relixiosas e manifestacións místicas froito da “fe”.
II.- O SABER CIENTÍFICO
Evolución do termo “ciencia”
A noción da ciencia sempre estivo moi ligada á da filosofía. No mundo grego a ciencia era o intelixible, eterno e inmutable: “Epistéme”
Aristóteles tomou a epistéme coma un coñecemento universal e necesario producido pola dedución. (Coñecemento previo á sabedoría)
Tanto ciencia coma filosofía eran coñecementos universais, eternos e inmutables.
A epistéme difería da ciencia actual, baseada na observación e na hipótese, sendo así revisable. Esta última foi elaborada na Rev. Científica.
Os dous termos diferenciadores son a experimentación e a aplicación da matemática.
O coñecemento científico non trata de determinar que son as cousas, senón como se comportan, polo que é preciso construír e controlar a experiencia.
É ciencia a Filosofía?
Filosofía é ciencia si entendemos por ciencia UN SABER RIGOROSO QUE OFRECE A ESTRUTURA FUNDAMENTAL DA REALIDADE.
Os enunciados científicos son verificables ou falseables a diferencia dos filosóficos.
“Saber” e “ciencia” non se identifican, pois a filosofía é racional pero non é ciencia.
Cientifismo: todo o científico é racional, pero non todo o racional é científico. Só a
ciencia é racional.
Tipos de ciencias.
As ciencias poden ser formais (non tratan feitos) ou empíricas (tratan sobre feitos).
CLASIFICACIÓN DAS CIENCIAS
FORMAIS.
EMPÍRICAS
O seu obxeto de estudo é a realidade externa: física ou humana.
LÓXICA
MATEMÁTICAS
Naturais
Sociais
(Humanas)
Son menos formais que as ciencias naturais.
FÍSICAS
BIOLÓXICAS
Socioloxía
Psicoloxía
Economía
Politoloxía
Xeografía humana
Antropoloxía
Historia(da arte, da ciencia, da política)
Sociobioloxía
Aritmética
Teoría de conxuntos
Xeometría
Álxebra.
Física
Química
Xeoloxía
Astronomía
Xeografía física
Bioloxía
Fisioloxía
Anatomía
Botánica
Xenética
Zooloxía
Teñen un método dedutivo, vaise do xeral ao concreto.
As súas afirmacións chámanse verdades de razón porque non é necesario comprobar na realidade e na experiencia se iso é verdade ou non.
Relación cos seres vivos ou inertes.
Relación co ser humano.
Teñen un método fundamentalmente indutivo. Parten do concreto pata chegar a unha lei universal. As súas afirmacións chámanse verdades de feito. Necesitan ser comprobadas na experiencia.
Os métodos do saber científico.
-Método das ciencias formais:
As ciencias formais refírense á forma dos razoamentos. Teñen gran aplicación na lóxica e na matemática.
Existen dous modos de demostración na ciencia: a dedución (nas ciencias formais e empíricas) e a indución.
*Dedución: proceso de razoamento que permite derivar premisas, outra, que é a súa consecuencia lóxica e necesaria. (conclusión)
O ideal metodolóxico é axiomático, é dicir, adopta a estrutura dedutiva. Elementos:
Axiomas: son principios fundamentais indemostrables dentro do sistema. Selecciónanse pola súa utilidade, fecundidade, implantación na ciencia ou pola súa evidencia.
Regras de formación e de transformación: permiten extraer novos enunciados válidos para ampliar o sistema.
Teoremas: son os enunciados obtidos dedutivamente a partir de axiomas ou doutros teoremas xa demostrados.
-Método das ciencias naturais:
Sobre todo emprega o método indutivo. O seu método completo é o hipotético-dedutivo.
Hai dous tipos de indución:
-Completa: Cando se coñecen todos e cada un dos casos.
-Incompleta: Non abarca a totalidade de casos posibles (a conclusión non é necesariamente certa, senón só probablemente certa)
-Método hipotético-dedutivo:
(Combina a dedución coa indución)
...