ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Platón: Mito da caverna


Enviado por   •  30 de Noviembre de 2013  •  Reseña  •  1.205 Palabras (5 Páginas)  •  266 Visitas

Página 1 de 5

PLATÓN : Mito da caverna.

Platón naceu en 427 a.C. en Atenas. Era descendente do sabio Solón e do rei Codro. Nesta época a cidade de Atenas tiña unha gran diversidade cultural e debido á forma de goberno (democracia) os cidadáns gozaban de liberdade e certos privilexios que contribuían ao desenvolvemento e mellora da cidade. Neste contexto aparecen os filósofos, que se interesan pola orixe das cousas e as súas causas. Platón é discípulo de Sócrates. A cidade-estado de Atenas lidera a liga de Delos (unión de varías polis) que combaterán contra a liga do Peloponeso (liderada por Esparta). Vence Esparta e implanta o seu réxime conservador en Atenas. Platón estuda filosofía co obxectivo de crear un marco axeitado da xustiza nunha comunidade humana. Na súa filosofía trata os seguintes puntos: o dualismo ontolóxico (separa a realidade en dous mundos: o das ideas e o sensible), a teoría do coñecemento, a política, a ética e a antropoloxía.

O pensamento de Platón recibiu influencias de filósofos anteriores como Heráclito, que xa aseguraba que as cousas están suxeitas ao devir ( o cambio); Parménides, que distingue entre dous camiños para o coñecemento : a Vía da Verdade (o ser é inmutable e eterno, só se pode coñecer mediante o uso da razón) e a Vía da Opinión . Ademais establece as diferenzas entre ciencia-opinión e verdade-apariencia ; Anaxágoras , ao igual que Heráclito, admite que as cousas materiais están relacionadas co cambio e ademais defende a existencia dun principio organizador infinito que posúe todo o saber (o Nous) que Platón identifica co demiurgo. Protágoras afirma que o mundo é un constante devir e as nosas percepcións sobre el varían continuamente. Non podemos chegar a coñecelo realmente porque utilizamos os nosos sentidos para acadar a verdade, que será unha ou outra dependendo de cómo percibamos o mundo nese momento. Con Sócrates comparte algúns aspectos como, por exemplo, que o ben, a verdade e a xustiza son valores absolutos universais e necesarios para que o ser humano poida descubrir a través da razón.

Platón, a diferenza do seu mestre, escribiu numerosas obras en forma de diálogo ( imitando a forma do discurso falado de Sócrates).Tamén creou mitos ou contos para explicar a súa filosofía, como o que aparece neste texto que se titula o mito da caverna. Nel explica a diferenza entre o mundo sensible e o mundo das ideas. O primeiro mundo está formado por cousas que nacen, se transforman e perecen, como no que vivimos nós; no mito correspondería co interior da cova onde os prisioneiros están encadeados contra unha parede onde se proxectan as sombras (as cadeas simbolizan a ignorancia que só nos permiten ver as sombras proxectadas, e estas constituirían a nosa realidade). Detrás dos homes hai un lume, e no medio, pasan porteadores con obxectos fabricados que son os que proxectan as sombras (estes obxectos constituirían os obxectos materiais). Fóra da caverna (mundo das ideas), o fuxitivo, só é capaz de ver os reflexos das cousas na auga ( as árbores, casas,…), estes reflexos Platón identifícaos coas entidades matemáticas. Logo, o home será capaz de ver as árbores, casas ,etc. en si mesmas (son as ideas) e por último o home será capaz de ver o Sol que constitúe o Ben Supremo e é a causa de todas as ideas. Para Platón hai tres ideas que constitúen a base do resto. Estas son: a Beleza , que é o que nos fai ser felices; a Xustiza, que é a armonía entre as clases sociais, as partes da alma e as virtudes; e o Ben, que

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (7 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com