Historia Grand
Enviado por cm23066 • 3 de Junio de 2014 • 2.141 Palabras (9 Páginas) • 302 Visitas
A CAÍDA DO ANTIGO RÉXIME (1789-1791)
REUNIÓN DOS ESTADOS XERAIS (1789)
Ó longo do século XVIII, os gobernos franceses foron acumulando un crecente déficit que só solucionaban pedíndolles máis créditos ós banqueiros.
Por fin, o goberno de Luís XVI (1774-1792) decidiu afronta-lo problema esixindo ós privilexiados, nobreza e clero, que aceptasen pagar máis impostos ( un deles subvención territorial). Pero estes negáronse e esixiron que, para resolve-lo problema do déficit público, se convocasen os Estados Xerais.
Nos Estados Xerais participaban a nobreza, o clero, os burgueses e os representantes do Terceiro Estado.
A idea central da burguesía era que, posto que eles representaban o 80% da poboación francesa, era a eles a quen lles tocaba dirixi-la asamblea.
Reunidos os Estados Xerais (maio de 1789), axiña se produciu o enfrontamento entre o rei xunta os privilexiados, que só querían falar do déficit, e os representantes do Terceiro Estado, que dogoiraban transformar o sistema político.
A OBRA DA ASAMBLEA CONSTITUÍNTE. ELIMINACIÓN DO ANTIGO RÉXIME (1798-1791)
Os acontecementos que se produciron entre xuño de 1789 (xuramento do xogo da pelota) e o 14 de xullo do mesmo ano (asalto á Bastilla) transformaron os Estados Xerais nunha Asamblea Constituínte.
Formaban parte desta asamblea os representantes do Terceiro Estado e unha parte do clero e nobreza. O seu obxetivo era a destrucción do Antigo Réxime; por este motivo unha parte dos representantes do clero e da nobreza rexeitaron integrarse nela.
O primeiro documento que elaborou a Asamblea foi a Declaración Universal de Dereitos do Home e do Cidadán (agosto de 1789), no que se establecen os dereitos políticos que teñen tódolos habitantes do país. Estes dereitos son: igualdade ante a lei, liberdade política fronte ó poder do Estado e defensa da propiedade privada.
Co recoñecemento da igualdade ante a lei eliminábanse os privilexios do clero e a nobreza.
A CONSTITUCIÓN CIVIL DO CLERO
A Asamblea Constituínte tratou a situación do clero francés cunha serie de reformas drásticas:
O clero regular (frades e monxas) foi suprimido e tódalas súas propiedades pasaron ás mans do Estado.
O clero secular (bispos, cóengos, cregos) perdeu as súas propiedades expropiadas polo Estado. Pero non foi suprimido: seguía exercendo as súas funcións aínda que con importantes cambios.
Esta reorganización do clero fixouse nun documento elaborado pola Asamblea Constituínte en 1790; a chamada Constitución Civil do Clero.
O clero secular dividiuse en dous grupos: o dos que aceptaron a nova situación e o dos que a rexeitaron. Estes últimos, chamados refractarios, foron apoiados por unha parte da poboación. As autoridades comezaron a persegui-los refractarios, considerados inimigos da revolución.
A MONARQUÍA CONSTITUCIONAL (1791-1792)
O NOVO SISTEMA POLÍTICO. A CONSTITUCIÓN DO ANO 1791
A obra máis importante da Asamblea Constituínte foi a elaboración dunha Constitución que comezou a rexer en 1791. A nova Constitución baseábase no concepto da soberanía nacional. Segundo este principio a soberanía estaba en mans da Nación constituida polos habitantes do país, cidadáns.
A nova Constitución establece a división de poderes en Francia:
O poder lexislativo teno unha Asamblea Lexislativa que representa á Nación. Esta Asamblea elabora e aproba as leis, os impostos e o orzamento do Estado. Fórmana os representantes elixidos polos cidadáns activos (homes mayores de idade que pagaban a partir dun certo nivel de taxas).
Con este sistema electoral, chamado sufraxio censitario, que exclúe as mulleres e os homes de condición económica modesta, a burguesía aseguraba o control do poder lexislativo.
O poder executivo conservábao o rei, que tiña liberdad para escolle-los ministros que formarían o goberno encargado de facer cumpri-las leis.
O poder xudicial estaba nas mans dos xuíces elixidos polos cidadáns, entre persoas expertas en leos, e pagadas polo Estado. Tamén se estableceu o sistema do xurado, polo que os cidadáns interviñan na actuación dos tribunais.
A CAÍDA DA MONARQUÍA (1792)
Luís XVI amosouse denda o principio contrario ás decisións da Asamblea Constituínte. En xuño de 1791 fuxiu de París para se reunir cun corpo do exército que o apoiase no seu intento de forzar un cambio político. Pero, detido en Varennes antes de se poder reunir coas tropas, tivo que voltar a París e, en setembro de 1791, aceptou a nova Constitución.
Entrementres, moitos nobres, contrarios á Revolución, saíran de Francia e concentrábanse nos Estados alemáns fronterizos.
Estes feitos foron creando tensión entre Francia e os dous poderes políticos máis fortes de Alemaña: o emperador, Leopoldo II de Austria e o rei de Prusia.
O 20 de xuño de 1792, Luís XVI propúxolle á Asamblea Lexislativa a declaración de guerra ó emperador de Alemaña e ó rei de Prusia. A asamblea aceptou a proposta do rei. O desorganizado exército francés sufriu as súas primeiras derrotas e os exércitos alemáns invadiron o territorio francés.
Os partidarios da Revolución temían que esta invasión rematase, pola forza, co proceso revolucionario. E isto era precisamente o que desexaba o rei.
O 10 de agosto de 1792 o rei foi destituido.
A RADICALIZACIÓN DA REVOLUCIÓN (1792-1794)
A PRIMEIRA REPÚBLICA. A CONVENCIÓN E OS COMITÉS
Cos sucesos do 10 de agosto de 1792 ábrese unha nova etapa na Revolución na que se intenta dar un novo paso no proceso revolucionario.
En agosto de 1792, a Asamblea Lexislativa, despois de destitui-lo rei, disolveuse. Unha nova asamblea, elixida por sufraxio universal (voto de tódolos cidadáns varóns e mayores de idade), terá nas súas mans o poder lexislativo e mailo executivo. Esta nova asamblea sera a Convención.
A Convención elaboraba as leis, e elixía os componentes, os membros dos Comités, que se encargan do goberno do país. Estes comités só poden actuar mentres conservan a confianza da Convención que, mediante unha votación, llela pode retirar en calquera momento.
No ano 1793 elaborouse unha nova Constitución, que se axustaba ós ideais democráticos de Rousseau, pero a situación de emerxencia que vivía o país impediu que se aplicase.
GUERRA E TERROR REVOLUCIONARIO
Entre
...