Historia Islam
Enviado por Manuucb7 • 17 de Noviembre de 2022 • Apuntes • 701 Palabras (3 Páginas) • 55 Visitas
PREGUNTAS TEMA 2
1. En que ano recibiu Mahoma a revelación para crear o islam e por
medio de quen? Que é a Héxira e en que ano se produciu?
No ano 610 por medio do arcanxo Gabriel. A Héxira é unha fuxida
que fixeron Mahoma e os seus seguidores da Meca a latrib Mahoma,
este lugar cambiou o seu nome ahora é a Medina. Produciuse no ano
622.
2. Escribe e explica os alicerces do islam.
-Profesión de fe (shahada): “non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o
seu profeta”.
-Oración (salat): débense realizar cinco oracións diarias e mirando á
Meca.
-Xaxún (sawm): Os musulmáns non poden comer, beber, fumar nin
manter relacións sexuais durante o día no mes do Ramadán.
Esmola(zakat): todo crente ten a obrigación de lles dar esmola aos pobres e compartir os seus bens cos máis necesitados.
Peregrinación(hay): todo musulmán debe peregrinar á Kaaba, na
Meca, polo menos unha vez na súa vida.
3. Escribe as partes da mesquita e dí que función ou para que serve
cada una.
Sahn: patio central.
Alminar: torre desde a que se chama para a oración.
Haram: sala de oración.Mihrab: Nicho orientado cara á Meca.
Qibla: muro orientado cara á Meca.
Mimbar: onde se dirixe a oración.
Sabil: fonte para purificarse.
4. Escribe e explica os factores que explican a conquista rápida do
impero islámico.
- A debilidade de persas e bizantinos, causada polas guerras que tiñan
entre eles.
- Os pactos de conquista dos musulmáns, porque respectaban as
crenzas e propiedades de quen non opuxeran resistencia, a cambio do
pago de impostos.
- Os beneficios económicos que supoñía para o Imperio musulmán en
xeral, como para os guerreiros que participaban na expansión - A motivación por expandir o islam.
5. Explica a organización política, dos impostos e da economía no
islam.
- O máximo dirixente do Imperio musulmán era o califa, era
considerado representante de Deus na terra, era o xefe político pero
tamén relixioso. O califa delegaba as funcións políticas e económicas
en diferentes secretarios que eran dirixidos por un visir. A xustiza
impartíaa o cadí ou xuíz, que sempre seguía as normas do Corán e a
Sunna. Cada provincia era gobernada e controlada por un xefe militar
ou emir e contaba, tamén, cun cadí.
- O imperio musulman vivía de diferentes impostos. Todos os
musulmáns pagaban o zakat. Os membros doutras relixións
monoteístas, podían manter as súas crenzas a cambio do pago doutro
imposto chamado yizya.
-A economía mantíñase tanto dos cultivos e a cría de animais como a
artesanía producida nas cidades
...