ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

GUÍA DE LECTURA LA CASA DE BERNARDA ALBA


Enviado por   •  26 de Enero de 2016  •  Ensayo  •  780 Palabras (4 Páginas)  •  386 Visitas

Página 1 de 4

GUÍA  DE  LECTURA

LA  CASA  DE  BERNARDA  ALBA

CONTEXTUALIZACIÓN

Imos analizar a obra La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca. É un drama escrito en 1936, a súa última obra, escrita no mesmo ano da súa morte. Estreouse en Buenos Aires en 1945 e en España en 1964.

Preguerra. Xeración do 27. Retrata a problemática da España rural de preguerra.

TEMAS

O tema central é a loita entre a autoridade ríxida e convencional (Bernarda) e o desexo de liberdade (as fillas, en concreto Adela).

Isto tradúcese no conflito principal da obra que é o poder exercido por Bernarda fronte ao desexo de saír da casa e ser libres por parte das fillas.

Temas secundarios:

  • O mundo das falsas aparencias, do “que dirán”.
  • O amor paixonal.
  • A envexa e o odio provocada polo orgullo de clase.
  • A marxinación do rol da muller fronte ao home
  • A honra.
  • A sexualidade feminina reprimida
  • A morte. Símbolo da perda de fertilidade. Casa = morte.

ESPAZO

Empezar falando do interior da casa. Ir aplicando a simboloxía a cada espazo. Partir de espazos patentes, latentes e ausentes.

Toda a obra represéntase no interior da casa de Bernarda.

  • ACTO I: “Habitación blanquísima del interior de la casa de Bernarda.”
  • ACTO II: Outra “habitación blanca del interior de la casa.”
  • ACTO III: “Cuatro paredes blancas ligeramente azuladas del patio interior de Bernarda.”

Espazo latente: O exterior da casa. O patio exterior.

Espazo ausente: O pobo, as ventás, o corral.

TEMPO

O tempo histórico. A obra transcorre no verán, nun pobo tipicamente español, entendemos que no ano 1936. O primeiro acto sucede cara o mediodía, o segundo cara as tres da tarde e o terceiro pola noite. Hai elipses entre cada acto. Non sabemos canto tempo pasa entre acto e acto.

Hai analepses por medio da función diexénica do diálogo, como acontece cando falan das conversas de Pepe con Angustias ou das relación de Adela con Pepe.

Posible narración circular coa morte e ¡Silencio! de Bernarda.

ACCIÓN

Hai un momento climático en cada final de acto.

  • No primeiro é a aparición de Mª Josefa.
  • No segundo é cando se organiza o axustizamento popular da filla da Librada por quedar embarazada.
  • No terceiro é o suicidio de Adela.

Hai un desencadenante cando Bernarda pecha a tódalas fillas, privándoas de liberdade. Tamén cando Bernarda lle impide a Martirio ser visitada polo seu pretendente.

ESTRUTURA EXTERNA

Tres actos.

ESTRUTURA INTERNA

Narración lineal con estrutura clásica (introdución-nó-desenlace.). Final pechado.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (5 Kb) pdf (113 Kb) docx (13 Kb)
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com