ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

O Sol Do Veran


Enviado por   •  15 de Junio de 2014  •  671 Palabras (3 Páginas)  •  953 Visitas

Página 1 de 3

O SOL DO VERAN

O argumento desta obra xira entorno a morte e o amor; a repentina morte de Carlos , que se suicida ao día seguinte de confesar , despois de tantos anos , o seu amor pola protagonista, Helena (periquita) .

A obra ten varios personaxes , pero destacan como protagonistas:

Helena que conta a historia dende o momento que morre Carlos e comparte todas as lembranzas dos veráns que pasaran xuntos dende que eran nenos. Entre eles foi crecendo un profundo amor , que non se demostran ata a noite antes da morte de Carlos, o outro protagonista e que so aparece nas lembranzas de Helena.

Outras personaxes importantes son o pai de Carlos, Leopoldo e a nai de Helena Carmela. Ao final da obra sabemos da súa historia de amor cando eran novos prohibida pola avoa Rafaela , a nai de Carmela. En certo modo , Helena e Carlos repiten esa historia.

Outros personaxes que aparecen na historia aínda que non contan con tanto protagonismo son os criados – Anselmo, Susa e Delfina – a tía Mercedes ou Arturo ( o marido de Helena) e grazas a moitos dos datos que conta Helena , a narradora, podemos coñecer a psicoloxía de cada un deles , os seus costumes, relacións.

En canto os temas presentes na obra , destaca sobre todo o amor. O autor transmite un tenro amor entre dous rapaces , que dende pequenos estiveron xuntos , que xogaban a moitas cousas xuntos, un amor que vai crecendo co paso dos anos, un amor silencioso e prohibido. Tamén o amor como amizade , un sentimento moi forte que non todos conseguen descubrir , e que Helena pensaba que iso era o que sentía.

Tratase igualmente o tema da morte, do suicidio de Carlos. Helena desde ese momento pretende encontrar o motivo ou motivos que levaron a Carlos a rematar con todo e a desfacer e romper todo o seu mundo , o bonito mundo que crearan eles dous despois de todo o que viviran xuntos. Tamén se pode destacar como tema a ideoloxía do momento, sobre os anos 60: o pai de Helena era moi relixioso e pretendía que toda a familia o fose, ou cando tía Mercedes lle dicía a Carmela que non parecía unha muller da época porque fumaba, xogaba cos rapaces.

A historia esta contada por un narrador en primeira persoa , un narrador protagonista principal que é Helena. Hai varias intervencións en forma de dialogo que reproduce a narradora cando recorda o pasado.

En canto o tempo a obra transcorre dende a morte de Carlos ata dez días despois do enterro, e nese tempo real a obra esta che de saltos cara atrás , lembranzas daquel pasado tan marabilloso dos dous rapaces , que lle van dando sentido a obra e a comprender os motivos que puideron levar a ese dramático desenlace.

O espazo que aparece na obra e principalmente a casa de Beiro, o carpazal e arredores desta onde pasaban todos os veráns Carlos e Helena . Nestes lugares sitúanse practicamente todos os recordos , tamén o presente de toda a obra , xa que

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (4 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com