Caso Industria de Deseño Téxtil S.A, Inditex
Enviado por Salma Boutafant • 11 de Diciembre de 2016 • Trabajo • 1.470 Palabras (6 Páginas) • 360 Visitas
INDICE:
- PRESENTACIÓN DA EMPRESA..................………………………………………2
- Facturación……………………........................……………………………..2
- Beneficios………………………......................……………………………..3
- Consello de administración………………………….......…………………..4
- INFORME SOBRE SU SITUACIÓN EN BOLSA………………………….………4
- Evolución de presos…...……………………………………………….…….4
- Comparativa Prezo – Beneficio Bruto (PER).............................................5
- FINANCIACIÓN A TRAVÉS DEL MERCADO DE VALORES........................6
- Splits………………………..……………………………………………….6
- OPVs…………………………………..…………………………………….6
- Feitos relevantes …………………………………………………………..6
- Pago de dividendos………...........………………………………………….7
- Comparativa Dividendo – Beneficio (Pay-out)..........................................8
- ESTRUTURA DE CAPITAL....................................................................................9
- Comparativa recursos alleos-propios..........................................................9
- PERFIL DA EMPRESA.
Industria de Deseño Téxtil S.A, máis comunmente chamado Inditex, é un grupo de distribución de moda nacido en 1963 como unha fábrica de roupa feminina que hoxe en día conta con máis de 7.000 tendas en cinco continentes.
En 1975 inaugura a súa primeira tenda Zara e é a partires de finais dos anos oitenta cando Inditex comeza a súa expansión a nivel internacional a través do lanzamento de novos formatos: Pull & Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho, Zara Home e Uterqüe.
O obxectivo principal da empresa é : “escoitar atentamente aos clientes para ofrecerlles as propostas de moda que desexen”. Para poder lograr este obxectivo conta con 152.854 persoas de 90 nacionalidades e 45 idiomas de traballo (a data de 31 de xaneiro de 2016).
- Facturación por ventas:
Analizando a facturación por ventas dos últimos 5 anos podemos observar que seguiu unha escala ascendente pasando de 13.793 millóns de euros no ano 2011 a 20.900 millóns de euros no ano 2015.
[pic 1]
Como podemos ver a continuación experimentou un crecemento importante en ano 2015; un 15,36% respecto ao ano anterior. É a maior subida rexistrada na facturación de Inditex desde o ano 2012.
[pic 2]
- Beneficios:
En caso de los beneficios vemos experimentaron unha forte baixada no ano 2013, pero no ano 2015 vemos que xa empeza a recuperar a súa posición aínda que non alcanza o crecemento experimentado no ano 2012.
[pic 3]
[pic 4]
- Consello de Administración.
- Pablo Isla álvarez de Tejera: presidente
- Amancio Ortega Gaona: vocal e fundador.
- José Arnau Sierra: vicepresidente.
- Pontegadea Inversiones S.L: vocal.
- Baronesa Kingsmill CBE: vocal.
- José Luis Durán Schulz: vocal.
- Rodrigo Echenique Gordillo: vocal.
- Carlos Espinosa de los Monteros: vocal.
- Emilia Sarachez Rodríguez de Torres: vocal.
- INFORMACIÓN SOBRE SU SITUACIÓN EN BOLSA.
Inditex cotiza en bolsa desde o ano 2001 e forma parte de índice bursátiles, tales como o Ibex-35 , FTSE, Eurotop 100 etc. e de índices de sostibilidade como Ftse4Good e Dow Jones Sustainability.
No momento da saída á bolsa (23 de maio de 2001) a empresa fixou en 2.446 pesetas (14,70 euros) o prezo da súa Oferta Pública de Venta das súas accións. Un 26,09 % das accións da sociedade matriz do grupo puxéronse á venda a través da OPV dirixida tanto a inversores particulares como institucionais. A acollida desta Oferta por parte dos inversores foi moi positiva, tanto a nivel nacional como internacional.
A día de hoxe a acción de Inditex cotiza a 33,23€, o que supón unha revalorización do 820,87%. A empresa é o valor do Ibex con maior capitalización, que agora conta cun valor de 103.551 millóns de euros.
- Evolución do prezo:
Para analizar a evolución do prezo das acción de Inditex tómase como referencia os últimos 5 anos. Como observamos no gráfico o valor máis baixo foi o 25/11/2011 situado en 12,00€ pola contra, o valor máis alto foi o 2/12/2015 de 34,5850€
[pic 5]
- Comparativa Prezo – Beneficio Bruto (PER):
El PER é un dos indicadores máis utilizados para coñecer a valoración dunha acción e para avaliar la situación financeira da empresa en canto á cotización, accións e evolución no mercado.
[pic 6]
Neste caso observamos que o PER de Inditex é elevado por lo que implica grandes expectativas de crecemento dos beneficios futuros.
- FINANCIACIÓN A TRAVÉS DEL MERCADO DE VALORES.
- Splits.
O split de accións consiste en dividir o valor nominal das accións dunha sociedade nunha proporción determinada. A finalidade desta operación é proporcionar maior liquidez aos títulos da sociedade, mellorar os seus volumes de contratación e reducir o valor das accións no mercado; é dicir, prodúcese un aumento da fraccionabilidade da inversión do accionista. Deste modo, o accionista posuirá maior número de títulos pero cun prezo proporcionalmente menor.
En 2014 Inditex realizou un split ou desdobramento de accións de cinco títulos novos por cada un antigo. É dicir, realizou un split de proporción 5 x 1.
O 15 de xullo o Consello de Administración propuxo o split á Xunta de Accionistas. Dez días despois, o 25 de xullo, levouse a cabo o canje de accións, cuxo valor nominal pasou de 0.15 a 0.03 euros. Ao cerre do mercado dese día, cada accionista recibiu cinco accións novas por cada unha antiga.
Outra data a ter en conta foi o 28 de xullo, o día que comezaron a cotizar as novas accións.
...