ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

EJERCICIOS CONTABILIZACION DE INGRESOS


Enviado por   •  13 de Enero de 2017  •  Apuntes  •  531 Palabras (3 Páginas)  •  102 Visitas

Página 1 de 3

3.- EXERCICIOS DE CONTABILIZACIÓN DE INGRESOS

Observación: se algunha operación é con IVE e no enunciado non se especifica se está ou non incluído na cifra correspondente, considerarase o IVE como non incluído

1.        Recibimos de parte da Administración comunicación de concesión dunha axuda a fondo perdido, para garantir a rendibilidade mínima da explotación, por un importe de 4.500 €.

2.        Recibimos comunicación bancaria de ingreso da axuda anterior.

3.        Damos de alta unha doazón, outorgada en testamento e recibida na conta bancaria, de 40.000 € para a nosa empresa familiar.

4.        A empresa posúe un local que ten alugado, facturando ao arrendatario por este concepto 900 €, IVE e retención do 21 % á parte. Queda pendente o cobro.

5.        O arrendatario paga o aluguer anterior ingresando o importe na nosa conta bancaria.

6.        A empresa conta cun economato para servizo dos traballadores e as súas familias, no que realizou vendas no semana por 9.042 € (IVE do 10 % incluído). O importe ingrésase na conta bancaria

7.        A empresa realiza un servizo de transporte accidental para outra empresa polo que lle factura 450 €, que nos quedan a deber.

8.        Por servizos de mediación prestados accidentalmente facturamos a outra empresa 350 €, que nos quedan a deber.

9.        Pola cesión temporal dunha patente da nosa propiedade facturamos a outra empresa 600 € que nos quedan a deber.

10.        A empresa cobra a través de bancos o servizo de comedor prestado a un traballador por un importe de 150 € (IVE incluído).

11.        A nosa empresa posúe 1.000 accións de COGASA e recibimos notificación da mesma indicando que nos corresponden 1,5 € por acción en concepto de dividendos.

12.        Recibimos notificación do banco comunicando que nos foron ingresados os dividendos anteriores, efectuada a retención correspondente do 21 %.

13.        A empresa posúe títulos de débeda pública emitidos pola Xunta de Galiza por un nominal de 10.000 € retribuídos cun 5 % anual de xuro, pagadoiro semestralmente os días 1 de outubro e 1 de abril de cada ano. Supoñendo que estamos a 31 de decembro, queremos contabilizar o devengo dos xuros correspondentes aos últimos 3 meses do exercicio.

14.        Posteriormente, a 1 de abril contabilizamos o devengo dos xuros correspondentes aos 3 primeiros meses do ano.

15        Finalmente, contabilizamos a recepción do ingreso dos xuros correspondentes ao semestre na conta bancaria, tendo en conta que se nos practica unha retención do 21 %.

16.        O banco abónanos na nosa conta corrente os xuros dunha conta a prazo que ascenden a 943,54 €, sobre os que se aplica unha retención do 21 %.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (3 Kb) pdf (66 Kb) docx (11 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com