ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Práctica 5 remuneración dos asalariados


Enviado por   •  16 de Marzo de 2021  •  Trabajo  •  747 Palabras (3 Páginas)  •  87 Visitas

Página 1 de 3

Práctica 5

  1. A remuneración dos asalariados en España aumentou 2.3 puntos o seu peso no PIB si comparamos os anos 1995 e 2018. Este incremento supera ao da UE-28, pois esta creceu 2.2. Aínda así a remuneración dos asalariados entre o PIB segue sendo maior na UE-28, que supera en 1.5 ao español. Isto quere dicir que a participación da remuneración de asalariados no PIBpc, tanto no Reino de España como na UE-28, é maior en 2018 ca en 1995.

No caso da tasa de salarización, en España incrementouse en 7.4 puntos dende 1995 ata 2018 mentres que na UE-28 só 3.1 puntos. Neste caso España chega a superar a tasa de salarización media da UE-28 en 2.1 puntos.  Isto quere dicir que aumentou o número de asalariados tanto en España como na UE-28.

En canto ao coste laboral unitario, en España viuse reducido en 1.2 puntos, sen embargo na UE-28 este aumentou en 0.2 puntos. Ademáis segundo os datos, o coste laboral unitario é 1.6 puntos maior na UE-28 ca en España, o que quere dicir que en España a man de obra é mais barata ca na media da UE-28.

En canto aos dous factores que forman parte da remuneración dos asalariados:

No caso de remuneración dos asalariados entre o PIBpc, si esta se incrementa como ocorre neste caso, isto pode ser debido a que pouco a pouco España pasa a ter unha economía tercializada, na que precisamos de moitos traballadores, e aínda que estes perciban un salario menor, isto provoca que a participación da remuneración dos asalariados no PIBpc sexa maior. O mesmo ocorre coa tasa de salarización, que se viu incrementada grazas ao proceso de desagrarización, a industrialización e a terciarización. Ademáis, tamén foi clave o avance do emprego público.

En canto ao coste laboral unitario, si en España é menor quere dicir que podemos ter un gran número de traballadores con salarios moi baixos, pois como xa dicíamos, a man de obra é mais barata.

  1. Tanto en España como na UE-27 as diferenzas entre os pobres e os ricos aumentaron. É dicir, os ricos cada vez son mais ricos e os pobres cada vez son mais pobres. Aínda así, esta diferenza é mais destacable no reino de España xa que incrementouse bastante mais ca na media europea.

  1. Antes das prestacións monetarias, o índice de Gini en todos os países en xeral era bastante elevado o cal tiña un significado negativo, pois canto mais se aproxime este índice a 1, mais desigualdade hai. Despois das devanditas prestacións o índice reduciuse en xeral, polo tanto as desigualdades tamén. Ademáis, no ano 2017 o país que tiña o índice mais elevado era Alemania, o cal despois das prestación tamén pasou a ser o país co índice de Gini menor.
  1. Non, non existe relación xa que por exemplo Estados Unidos encontrase no posto nº4 según o IDH de 2010 tendo un valor do 0,408 no índice de Gini mentres que a República Democrática do Congo ten un valor de 0,444 no índice de Gini (so 36 puntos mais) e encontrase no posto 168 según o IDH de 2010. A diferenza é que Estados Unidos presenta un INBpc (2010) moito maior que a República do Congo e sen embargo o seu índice de Gini asimilase mais ao país que menos INBpc (2010) ten.

Un exemplo de país onde o crecemento se traduce en desenvolvemento e diminución de desigualdades é Noruega. Un exemplo de país onde isto non aconteza é o caso que comentábamos antes, Estados Unidos.

  1. No, nin en termos de PIB nin en PIBpc se deu un proceso de converxencia entres as comunidades autónomas xa que ou aumentaba en unhas ou decrecía en outras, non era un movemento unánime.

Unhas das razóns polas que se poden comportar de maneira diferente Madrid e Extremadura é que mentres que a poboación crecía en Madrid, en Extremadura todo o contrario. Ademáis o PIB comportábase do mesmo xeito que a poboación, mentres que en Madrid subía, en Extremadura baixaba, pero aínda que isto ocurrise, ao haber menos poboación en Extremadura tamén había menos onde repartir o PIB, polo tanto este pode ser un dos motivos polos que o PIB per cápita era maior e positivo en Extremadura, mentres que en Madrid era negativo.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (4 Kb) pdf (46 Kb) docx (9 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com