ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Proyecto de intervención con adolescentes en riesgo de exclusión


Enviado por   •  24 de Octubre de 2021  •  Trabajo  •  1.103 Palabras (5 Páginas)  •  82 Visitas

Página 1 de 5

1.Denominación del proyecto

Proyecto de intervención con adolescentes en riesgo de exclusión en el barrio _________

2.Naturaleza del proyecto

        

O Proxecto de Reeducación de Adolescentes está basado na detección do Departamento de Servicios Sociais do Concello de Lalín, dun incremento progresivo de demandas e intervencións con adolescentes en situación de conflicto: absentismo escolar, baixo rendemento, conductas agresivas e desordeadas, conductas pre-delictivas ou delictivas…

Demándase  unha intervención específica para o cambio de actitudes e  pautas de conducta  dos adolescentes e das súas familias de procedencia para evita-la exclusión social, aínda que se levan a cabo proxecos dirixidos a esta poboación coma o de Apoio Extraescolar, faise necesario un recurso específico para a integración social deste colectivo e a mellora da sua calidade de vida.

2.Poboación destinataria

Os beneficiados por este proxecto directamente serían adolescentes con problemáticas comúns en situación de conflicto e indirectamente os seus pais e demáis familiares da sua unidade de convivencia.

3.Obxectivos

3.1.Obxectivos xerais

  • Capacitar ós adolescentes de aptitudes e actitudes básicas para a súa óptima incorporación social, educativa e laboral
  • Proporcionar recursos que permitan un desenvolvemento persoal enriquecedor e positivo

3.2.Obxectivos específicos

  • Dotar ós adolescentes de habilidades sociais e dun pensamento crítico
  • Traballar a educación para a saúde
  • Crear grupos de discusión e autoaxuda para adolescentes con problemáticas comúns
  • Dar unha orientación vocacional e formar ós adolescentes en como facer o seu currículum ou como afrontar unha entrevista de traballo
  • Incrementar a autoestima dos rapaces
  • Motivar a participación dos rapaces en actividades de ocio e tempo libre positivas da comunidade

4.Metodoloxía

O individuo non é un ser illado, o seu benestar físico e psicolóxico depende en gran medida do seu nivel de integración grupal, falar e compartir experiencias é terapéutico, créase un clima de compenetración e entendemento, unha solidariedade grupal porque identifícanse cos demais e todos saben de que se está a falar.

Os beneficios da relación de mediación tal e coma sucede no marco grupal son un pilar fundamental no que se basan os:  

  • Grupos de Discusión e Autoaxuda

Os grupos destas características son estructuras de pequeno tamaño orientadas á axuda mutua para obter un obxectivo específico.

Establécense reunións grupais que terán unha frecuencia semanal e unha duración aproximada de duas horas.

Os grupos estarán formados por adolescentes de idades similares e con características e problemáticas comúns, o número ideal de asistentes por sesión está entre 10 e 20, xa que un número inferior ou superior non sería operativo á hora de facer dinámicas e técnicas grupais cun grao óptimo de aproveitamento e efectividade. Están formados por iguais que se reúnen para axudarse mutuamente co propósito de  cubrir necesidades comúns, obter solucións para supera-los problemas e promover o cambio.

As reunións consistirán nun obradoiro de autocoñecemento onde se pretende conseguir un entendemento positivo e unha mellora progresiva. Pretendemos a cercanía á autorrealización e alcanzamento da plenitude como persoa.

Como instrumentos de traballo utilizaremos dinámicas e técnicas grupais que nos axudarán a coñecer ós rapaces e que se coñezan entre eles para así potencia-lo grupo como axuda terapéutica.

No grupo teremos a oportunidade de:

  • Exercer unha influencia positiva
  • Observar o comportamento dos demáis
  • Participación activa
  • Aprendizaxe cooperativa
  • Promover o cambio

5.Contidos

Os planteamentos que abordaremos dentro das reunións semanais co grupo de adolescentes seguerán unha serie de fases:

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (8 Kb) pdf (61 Kb) docx (719 Kb)
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com