Vicaría de Pastoral
Enviado por cynthia005 • 24 de Mayo de 2012 • Trabajo • 737 Palabras (3 Páginas) • 588 Visitas
Vicaría de Pastoral
Homenaxe a D. José Feijóo Álvarez, Párroco de Santa Lucía de Rairo
7 - X - 2010
Introducción:
D. José leva vinte e cinco anos de
párroco na comunidade de Santa Lucía de Rairo. Está a celebrar as súas
vodas de prata nesta parroquia. Pero
D. José leva 59 anos de sacerdocio na
diocese de Ourense, polo que xa cumpriu as súas vodas de ouro sacerdotais
e vai camiño das vodas de platino. É
“xusto e necesario” que os seus freigueses se acorden de el para facerlle unha
homenaxe. Despois de varias idas e
vidas, fun eu o encargado de presidir
esta celebración, que ben sei que lle correspondería ó Sr. Bispo, que, por razóns obvias da súa estadía en Vigo, non
pode acompañarnos neste día de festa e
de agradecemento. Pero, en comunicación comigo, pediume que fixese presente nesta celebración: a súa oración
ó Señor por D. José e o seu agradecemento máis profundo por tantos anos
de xenerosidade vivida a prol da nosa
diocese de Ourense.
¿Cómo argallar un esquema de homilía axeitado a esta circunstancia?
1. Domingo, día de Cristo Resucitado:
Os señores liturxistas non me perdoarían, se eu non fixese una primeira
e directa alusión ó día do Señor
1
. Por
iso, o domingo, día de Cristo resucitado, ca súa santificación na Santa Misa,
mesa da Palabra e mesa da Eucaristía,
será a nosa primeira referencia. Dá-
moslle grazas ó Señor por ser o día da
súa resurrección. Nese día vestímonos
de festa e, moi ledos, imos a igrexa toda
a familia. É a festa da comunidade, catamos xuntos e escoitamos a Palabra
de Deus, que nos recorda que o noso
Deus “non é un Deus de mortos, senón
un Deus de vivos; porque para el todos
están vivos” (Lc. 20, 27 – 38); esperamos “que Deus mesmo nos resucitará
un día” (Mac. 7, 1 – 2. 9-14). Comulgamos a Eucaristía para volver a casa,
fortalecidos e renovados, e para que o
Señor nos dea “a forza para toda clase
de palabras e obras boas” (Tes. 2, 16 –
3, 5). Non podemos esquecer que no
día de hoxe, domingo, segue connosco
en España o Papa, Bieito XVI (onte
en Compostela e hoxe en Barcelona),
que vén a confirmarnos na fe, a darnos
ánimo para que camiñemos como peregrinos en busca da Xerusalén celestial
e para que fagamos presente a Deus en
España e nos pobos de Europa, “pois
non podemos seguir vivindo a escuras
sen a luz do Sol”
2
. 1146 · Boletín Oficial · NOVIEMBRE 2010
Iglesia Diocesana
2. Mesa da Palabra e Mesa de
...