SEGUIMIENTO DA PROGRAMACIÓN CO PROGRAMA MICROSOFT PROJECT
Enviado por cuco_gallego • 14 de Mayo de 2022 • Apuntes • 3.078 Palabras (13 Páginas) • 62 Visitas
UD6 - SEGUIMIENTO DA PROGRAMACIÓN CO PROGRAMA MICROSOFT PROJECT
Introdución a UD:
Esta UD ten como fin, coñecer as instrucións para ir actualizando a planificación de obra feita co Project (previa o comezo da obra), unha vez que se vai construíndo esta. O programa nos permite ir facendo cambios sobre o planificado, cambiando a duración dos tempos previstos ou ben cambiando a data de comezo das actividades; en principio consiste en introducir os datos resultantes que se van producindo no proceso de construción, o que nos vai proporcionar novas datas de finalización da obra para o resto de datos establecidos . Isto nos permitiría si fosemos con retraso sobre o previsto, aumentar recursos nas actividades que nos faltan por facer, para manter a data final prevista;isto último xa formaría parte dos coñecementos de obra dos técnicos correspondentes.
O programa ten a opción de “liñas base” , que fai un gardado da vista da planificación prevista ata ese momento. Cando acabamos a Planificación previa, facemos un gardado como liña base: Menú →Proyecto→ establecer línea base→ se nos abre unha fiestra para que denominemos a liña base; a primeira é a que sae por defecto “ liña base”.
Despois unha vez que comezamos a obra , cando nos interese podemos ir gardando outras liñas base: liña base 1, liña base 2, etc. Facendo do mesmo xeito.
Proceso de realización do seguimento.
- Debemos facer un gardado do arquivo que temos de planificación con outro nome para ter gardado os dous.
- Pantalla de seguimento: Icona da parte superior esquerda do diagrama de gantt → Diagrama de Gantt ver→activamos despregable →Gantt de seguimento.
Deste xeito vemos como nos aparecen as barras das actividades cun “ 0 % “a dereita, que significa que non está feita a actividade; nas columnas do diagrama, vemos as columnas da planificación . E interesante ocultar as mesmas, e engadir outras de xeito que nos queden visibles as seguintes columnas , no seguinte orden:
“Duración de línea base”, “Comienzo de linea base”, fin de linea base ( son os datos da planificación); “duración real”, “Comienzo real”, “fin real”(os correspondentes o seguimento ) “% completado” “costo previsto” , “costo real ”.
Nas columnas tipo “comienzo real” e “fin real “ nos aparece a abreviatura NOD, que significa que non están establecidos os valores reais.
- Gardar liña base: obxecto da liña base xa establecida o rematar o Diagrma de gantt da planificación, e facer un gardado da planificación antes de comezar a obra; deste xeito cando vaiamos facendo o seguimento, sempre teremos a referencia de como era a nosa planificación a través das barras da planificación que temos en color gris.
Antes xa se explicou como se establece a “línea base” ; agora volvemos o Diagrama de Seguimento: Menú →tarea→ no icono superior esquerdo do “ Diagrama de Gantt, eliximos o “diagrama de Gantt planificación” e podemos ver agora como debaixo de cada tarefa sal outra barra en gris; quere dicir que xa temos realizada a “línea base”.
- Facer os cambios no diagrama de Gantt segundo imos realizando as tarefas na obra: temos que ir cambiando as datas nas columnas reais (“real”): “duración real”, “comienzo real” . Hai un xeito doado de facelo, que consiste no seguinte:
- Dobre click no texto da tarefa → nos sal un cadro de información da tarefa → na pestana “General” activa, facemos os cambios que procedan: podemos cambiar a data de comezo si é o caso; a duración da tarefa; e temos que poñer sempre o 100% completado, que quere dicir que a tarefa está completada, inda que non teñamos cambios. Entón nas columnas onde aparecía NOD, no diagrama de Gantt nos van aparecendo as datas reais de comezo (hai que poñer 100% tamén nos hitos).
- En calquera momento podemos facer un gardado de como está a planificación para un momento dado; facémolo igual que a liña base, creando as seguintes liñas base: liña base 1, liña base 2, etc.
Si queremos ver as distintas lineas base seguimos o seguinte proceso: Menú → Formato → icona “linea base” : nos sal un despregable cas distintas liñas base que temos gardadas; podemos activar a que queiramos ( que teñamos creada previamente ), se desactiva a anterior; en fin, activando as distintas casillas veremos as distintas lineas bases.
No diagrama de Gantt de seguimento só vamos observar a linea de base, pero podemos ver as distintas lineas de base que vaiamos creando , tal como se dixo anteriormente ou en : Menú→ tarea→ Diagrama de Gantt Ver (icono superior esquerdo)→ más vistas → Gantt de varias lineas de aplicación / buscamos en pantalla o diagrama de Gantt de varias “lineas de base”, e observamos como nos aparecen de distinto cor; si prememos co botón esquerdo do rato nunha actividade nunha delas vemos como nos indica de cal se trata.
Realmente facer máis liñas bases a parte da “liña base”, nos val para ver como está a planificación en distintos momentos; Pódenos interesar saber como estaba a execución da obra nun momento dado.
- Diagrama de GANTT de seguimento finalizado: facendo o indicado para todas as actividades teremos rematado o Seguimento. Podemos observar como na columna % completado están todas as casillas o 100 %. Si aumentamos a duración dunha tarefa que contén “traballo” como recurso, o programa aumenta o gasto de traballo e varia o costo real sobre o costo o previsto para esa tarefa (o podemos apreciar vendo a variación entre costo previsto e costo real) ; si temos metido o costo como fixo, entón no teremos variación (a facturación das subcontratas é un costo fixo, independente do tempo que lles leve facer as tarefas).
- Impresión: podemos imprimir como sempre o noso diagrama de Gantt de seguimento, xunto cas columnas que temos visibles elixindo formato de papel, encabezado, etc. Inda que xa o vimos na UD4, se indica o proceso:
Menu→ imprimir→ventana impresión→ Imprimir fechas específicas: temos que indicarlle entre que datas queremos que nos saia o diagrama( a primeira poñemos 2 días antes do inicio indicado na programación; a ultima data xa nos sal por defecto. )→ Orientación: horizontal→ Configurar impresión: Na pestana “encabezado” podemos poñerlle o encabezado ; na pestana “ páxina” podemos elixir o formato e tamén en “ajuste de escala” podemos axustar o porcentaxe para que nos entre todo nunha páxina, ou ben no botón inferior para elixir o número de páxinas no que queremos que nos saia todo ( esta e máis práctica ; normalmente ajustar en 1 páxina para os exercicios que nos facemos.).
...