ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

AS CONTAS DE INGRESOS


Enviado por   •  13 de Enero de 2014  •  1.587 Palabras (7 Páginas)  •  280 Visitas

Página 1 de 7

CONTABILIDADE

TEMA 2

Título: O PATRIMONIO

1.- CONCEPTO DE PATRIMONIO

Remitíndonos á etimoloxía da palabra, ó seu orixe, diremos que ven do Latín, "patris numium", e significa o conxunto de bens que se recibíron en herdanza do pai. Pero si preguntamos a súa acepción máis común chegaremos a concepción do Patrimonio como conxunto de riquezas que posúe unha persoa.

Desde o punto de vista contable, que é o que nos interesa, diremos que o Patrimonio é o conxunto de bens, dereitos e obrigacións dun¬ha persoa ou empresa.

Definamos, dun xeito sinxelo, cada unha das partes do Patrimonio:

Bens son as "cousas" que ten a empresa ou persoa, e que son tanxi¬bles, pódense tocar.

Dereitos son as débedas a favor da empresa ou persoa. É dicir, o que lle deben.

Obrigacións son o que a empresa ou persoa debe a outros.

Todas as empresas e todas as persoas teñen o seu patrimonio.

Fixádevos en vós mesmos: Tendes a roupa que vestides (ben), tendes unha bicicleta (ben), algo de diñeiro aforrado (ben), un amigo dé¬bevos uns cartos (dereito), debedes a entrada do cine do pasado sábado a un compañeiro de clase (obrigación), etc, etc..

Cada un dos compoñentes do voso patrimonio chámanse elementos patrimoniais. Así é un elemento patrimonial a roupa, tamén a bici, o diñeiro aforrado, etc., etc.

EXEMPLO

A empresa individual Pampín ten, nun momento determinado, os seguintes elementos patri-moniais:

Un edificio que vale 1.000.000 euros

Ten diñeiro en efectivo por valor de 300.000 euros

Un cliente seu débelle 400.000 euros

Ten mercancía por valor de 500.000 euros

Debe ós seus provedores 600.000 euros

¿Cales son bens, cales dereitos e cales obrigacións?

Dividamos este Patrimonio nos seus compoñentes:

Os bens que ten esta empresa son:

O edificio 1.000.000

Diñeiro en efectivo 300.000

Mercancía 500.000

Total 1.800.000

Os dereitos desta empresa son:

O que lle debe o cliente 400.000

As obrigacións desta empresa son:

O que debe ó provedor 600.000

2.- O PATRIMONIO NETO

Seguindo co exemplo da empresa Pampín, podemos preguntarnos:

¿Canto vale a empresa?

Busquemos o que vale esta empresa. Temos que darnos de conta que esta empresa ten unha parte positiva (bens e dereitos de cobro) e unha negativa (obrigacións de pago), se calculamos a diferenza entre unha e outra con toda seguridade obteremos o valor da empresa.

O patrimonio desta empresa ten un valor de :

1.800.000 + 400.000 600.000 = 1.600.000 euros

Así chegamos a outro concepto, o de patrimonio neto, que consiste en sumar bens e dereitos e restarlle as obrigacións.

Podemos dicir que a empresa vale 1.600.000 euros, ou doutro xeito, que esta empresa ten un patrimonio neto de 1.600.000.

PATRIMONIO NETO = BENS + DEREITOS - OBRIGACIÓNS

O patrimonio neto dunha empresa tamén recibe o nome de Capital.

CAPITAL = BENS + DEREITOS - OBRIGACIÓNS

ATENCIÓN

Xa sabedes que as palabras poden ter distintos significados (seguro que moitos de vos podedes indicar dous sentidos distintos á palabra “cabalo”). O mesmo sucede con algúns termos que usamos na Contabilidade. Por exemplo, non debemos confundir a acepción contable da palabra capital coa acepción económica que vimos nun exemplo do tema anterior. Falábamos entón do capital como un conxunto de bens producidos que serven para producir outros bens (puxemos o exemplo do tractor). Neste tema o capital conséguese sumando bens e dereitos e restando as obrigas.

Esta vai ser o concepto de capital que imos seguir.

3.- ALGÚNS TERMOS NOVOS

No que levamos escrito sobre o patrimonio saíron algúns termos que, para algún de vós poden resultar novos. Estes son:

a) Mercadorías: O que vende a empresa sen transforma¬lo, por exemplo a froita nunha froitería, os zapatos nunha zapate¬ría, etc.

b) Clientes: Chamamos así a aquelas persoas ou empresas que nos com¬pran mercancía, e non a pagan.

Estamos a falar da acepción contable, distinta do significado corrente desa palabra pois na vida cotiá un cliente é unha persoa que entra nunha tenda e compra mercancía, compra que normal¬mente paga ó contado pois non é a primeira vez que vemos colocado detrás do mostrador un letreiro que pon "Aquí non se fía".

c) Provedores: Son os que nos venden mercancía a nós, e non lles paga¬mos.

Tamén neste caso falamos da acepción contable, pois a acepción vulgar non inclúe o feito de non ter pagado ós provedores.

d) Elementos patrimoniais: Chamámoslles así a cada un dos compoñen¬tes do patrimonio dunha empresa. E dicir a cada ben, dereito e obriga¬ción.

No exemplo que poñiamos

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (9 Kb)
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com