ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Comparación económica de diferentes países con España


Enviado por   •  14 de Octubre de 2015  •  Síntesis  •  3.011 Palabras (13 Páginas)  •  124 Visitas

Página 1 de 13

España, Australia, Malasia, Pakistán e Uganda son cinco países que mostran economías moi diferentes. Os países de ingresos altos que son España e Australia son considerados países desarrollados, mentres que os outros tres son países en vías de desarrollo ou subdesarrollados.

Os países desarrollados mostran un alto PIB pc que se reflexa a calidade de nivel de vida da poboación: alto desarrollo nas infraestructuras (portos, estradas,…), medios técnicos, cantidade e calidade dos servicios (sanitarios, educativos, financieiros,..) e a maioría da poboación manten un alto nivel de consumo. Nestes países o sector que rexistra mais ocupación é o de servizos e nos demais estase producindo un proceso de terciarización. Compre destacar que as ¾ partes da producción mundial está concentrada nos países desenvueltos e estase producindo unha especialización produtiva, que tende a aumentar o contido tecnolóxico.

Os países subdesarrollados ou en vías de desenvolvemento caracterizanse porque o nivel de PIBpc é baixo debido a baixa productividade e isto reflexase así no baixo nivel de vida da súa poboación, por exemplo nos servicios como a sanidade e a educación son de baixa calidade e inaccesibles para a maior parte da poboación nestes países, por isto hai un nivel alto de analfabetización e epidemias. O desarrollo industrial é escaso e caracterizanse por: unha man de obra barata, dependencia de inversión do exterior e por unha elevada especialización na producción dos productos primarios. Nestes países hai un amplo sector primario, un sector servizos sobredimensionado e as veces hai un sector industrial vencellado á producción primaria, pero con escasa producción manufactureira.

Analizando os factores que provocaron que uns países se desarrollaran antes que outros compre destacar que non todos os países teñen as mesmas características: cada país conta cunha forma diferente de organización, con diferentes materias primas e  cunha diferente industria e tecnoloxía. A organización política é fundamental para que se produzca o densenvolvemento, porque normalmente nos países subdesarrollados hai unha inestabilidade política con fortes desequilibrios sociales e económicos.

Nos últimos anos en España producironse grandes cambios na súa economía, que axudaron a mellorar a situación do país. Algúns destes cambios significativos son: o cambio no nivel de renda, un crecemento en todos os sectores (producindose unha especialización produtiva e comercial), cambios na producción e cambios desde un punto de vista financiero, inversor e enerxético. Os cambios que se produciron foron beneficiosos para a poboación, aunque para que aumentara a calidade de vida e se producirá o crecemento económico houbo que pasar por varias etapas de crises e crecementos: as crises estaban caracterizadas por un gran aumento do desemprego e dos prezos e nos crecementos a productividade e o emprego pc foron fundamentais para que se produciran. No que se refire aos sectores compre destacar que se hai unha menor dependencia da agricultura, producindose asi unha maior especialización nos demais sectores e un aumento da productividade. Aun despois destas melloras, compre destacar que aún existen importantes desequilibrios, como por exemplo: o déficit Público, o paro, o déficit comercial, o baixo gasto en I+D, a inflación e unha alta dependecia enerxética.

Uganda é un país subdesarrollado con ingresos baixos. Ten unha baixa renda per capita, pero podemos observar que no intervalo do ano 2000 a 2010 produciuse un aumento do PIBpc de 255,78 a 514,51 $. Esta baixa PIBpc vese reflexado na calidade de vida da poboación, xa que podemos observar que a esperanza de vida é de 53,61 anos. Esto é debido a  unha pésima calidade dos servizos  (sociais, de sanidade, educativos,  de hixiene,…) e a mala alimentación.  

O IDH é un indicador que indica o desarrollo humano de cada país e fixandonos no de Uganda observamos que toma valores de 0,45 en 2010 e de 0,37 no ano 2000. Son valores baixos comparándoos cos de España, xa que no ano 2000 o IDH era de 0,84 e no ano 2010 alcanza os 0,88.

Analizando o emprego podemos observar que a maioría da poboación está ocupada no sector agrario. A productividade é baixa e esto é debido a especialización no sector primario. A poboación está marcada por uns salarios baixos e unha forte desigualdade na distribución da renda, onde se pode ver a marcada diferenciación das clases sociais.

Para poder observar con maior precisión a desigualdade nos ingresos, fixamonos no índice de Gini. No ano 2010 acada os 44,30, dos que deducimos que hai unha moita desigualdade. En España a desigualdade é menor, no ano 2000 toma valores de 34,66 e observamos que o longo dos 10 anos produciuse unha reducción, xa que alcanza os 33,90.

Centrándonos nas exportacións e nas importacións podemos ver o crecemento que se produciu desde o ano 2000 ata o 2010. No ano 2000 as exportacións e as importacións tomaban valores de 660 mm $ e 1.369 mm $, respectivamente.  Fixándonos nas de 2010 observamos que as exportacións e as importacións aumentaron ata 4.087 mm $ e 5.833 mm $. Aun así compre salientar que aunque experimentaron un crecemento, as exportacións e importacións de España son moi superiores, alcanzando valores de 373.600 mm$ e  de 402.904 mm$.

Compre destacar que neste periodo de tempo produciuse un gran aumento na exportación de manufacturas, xa que pasou de 3,11% no 2000 a 22,85% no 2010. Tamén podemos observar que disminuiron as exportacións de materias primas agrarias e de minerais, que pasaron do 14,99% e do 5,04% no ano 2000 a 7,25% e 1,90% no ano 2010, respectivamente. En España as exportacións de minerais e de materias primas toma valores de 3,45% e 1,12% no ano 2010, mentras que no ano 2000 alcanzaban valores de 2,24% e de 1,34%.

Algúns dos factores que frean o desenvolvemento de Uganda son a inestabilidade política e o mal aproveitamento dos recursos naturais (petróleo, cobre, ouro e outros minerais).

Pakistán é un país en vías de desarrollo con ingresos medios baixos.  Observamos que en dez anos o PIBpc aumentou ata os 1018,87 $. Como ocurre con Uganda, a baixa renda vese reflexada na calidade vida da súa poboación. Ainda que podemos observar que a esperanza de vida é superior ao de Uganda, xa que no ano 2010 alcanza os 65,2 anos. É unha esperanza de vida baixa comparada ca de España, porque no ano 2000 a esperanza de vida dos españoles alcanzaba os 78,97 anos.

Analizando o emprego podemos observar que neste periodo de tempo este aumentou de 68.214 mp a 87.665 mP. Compre destacar que se produciu unha disminución do número de persoas empregadas no sector agrario, que pasou de 48,40% a 44,7%. En cambio o sector industrial e o sector servizos incrementaron o emprego. Aun asi observamos que o sector agrario segue tendo gran importancia neste país.

Podemos observar que se produciu un gran crecemento nas exportacións e nas importacións deste país. No ano 2000 as exportacións chegaban a 9.940 mm$, mentras que no ano 2010 alcanzaba os 23.971 mm$. As  importacións pasaron de 10.862 mm$ a 33.189 mm$.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (18 Kb) pdf (111 Kb) docx (17 Kb)
Leer 12 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com