Memoria do campamento xuvenil “AS SINAS”
Enviado por stefenix • 8 de Octubre de 2012 • 2.344 Palabras (10 Páginas) • 826 Visitas
Memoria do campamento xuvenil
“AS SINAS”
“Actividades do mar”
Stefanie Temprano Díaz
DATOS DO CAMPAMENTO:
DENOMINACIÓN DO CAMPAMENTO:
“Campamento As Sinas”
LUGAR DO CAMPAMENTO:
ALBERGUE XUVENIL AS SINAS
Avda. Das Sinas, s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
FECHAS DO CAMPAMENTO:
2- 15 de Agosto do 20012
PARTICIPANTES DO CAMPAMENTO:
120 participantes.
PERFIL DOS PARTICIPANTES:
Nenas e nenos entre 12 e 15 anos de idad.
ESPECIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES:
“ACTIVIDADES DO MAR”
Neste campamento as actividades fundamentais das que gozarán os e as participantes serán: introducción nos deportes de vela, tabla y mergullerse; coñecemento práctico da natureza mariña; introducción ós talleres náuticos e ós talleres de bioloxía mariña. Ademáis de actividades varias de ocio e tempo libre.
Horario
8:30 ERGUERSE
9:00 ALMORZO
10:00 ACTIVIDADES DE MAÑÁN
14:00 XANTAR
15:00 ACTIVIDADES OPCIONAIS
16:00 ACTIVIDADES DE TARDE
20:00 DUCHAS
21:00 CEA
22:30 VELADA/OBRADOIRO
00:00 CONTO
00:30: SILENCIO
Obxectivos
Obxectivos xerais:
Fomentar os hábitos de vida saudable
Fomentar actitudes de solidariedade e convivencia
Ofertar as canles informativas axeitadas para fomentar a participación de que se incorpore ás actividades, como base dun sistema de relación xusto e respectuoso
Promover a educación e a equidades de xénero.
Promover situacións multiculturais
Fomentar o respecto pola identidade cultural galega
Respectar o medio
Situar criticamente á persoa fronte á realidade sociocultural na que se atopa, para que se cuestione sobre a calidade do seu estilo de vida e como inflúe no seu lecer e tempo libre.
Fomentar a expresión creativa individual como forma de recuperar o valor significativo e participativo da democracia cultural.
Promover marcos de encontro que sirvan para dinamizar as relacións interpersoais, desfrutar do ocio en sociedade e participar máis activamente na vida das comunidades.
Animar o tempo libre como un espazo suxestivo e beneficioso para a persoa, motivando a práctica de actividades, espertando aficións e animando a experiencia do lúdico e do festivo.
Obxectivos específicos:
Achegar aos participantes aos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa
Coñecer a metodoloxía e respectar as medidas de seguridade dos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa
Potenciar hábitos saudables de hixiene e nutrición
Fomentar actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico e natural
Promover o exercicio físico como forma de vida saudable mediante actividades náuticas e de aire libre
Favorecer o compañeirismo e o respecto aos demais mediante o traballo en equipo
Axudar ó desenvolvemento da autonomía persoal.
Metodoloxía:
O campamento As Sinas favorece o achegamento dos participantes á natureza e ao mar mediante deportes náuticos e actividades de aire libre.
O grupo, formado por 120 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 15 anos, divídese en seis grupos de 20 persoas cada un para que a actividade teña a maior calidade posible.
Os monitores repártense nas actividades segundo sexan necesarios, e ademais cumpren coas responsabilidades diarias de:
FURGONETA:
Encargaranse de conducir a furgoneta e do seu coidado e mantemento.
MATERIAL:
Revisarán o material ao principio e farán inventario ao remate do campamento, coidarán de que o material non se malgaste e de que o armario de material estea ordeado.
TAREFAS DIARIAS:
MONITOR DE DIA:
• Será o encargado de poñer a música para espertar a todos.
• Fará que se cumpla o horario base na medida do posible.
• Dará os avisos pertinentes durante ese día.
ENCARGADOS DE COMEDOR:
• Estarán pendentes do grupo mentres esperan para entrar e terán conta de que se boten un pouco de todo.
• Axudarán a acomodar ós nenos e nenas nas mesas.
• Terán conta de que es diferentes alerxias teñas a súa comida específica.
• Fixaranse en que os participantes coman un pouco de todo.
• Recollerán e repartirán a merenda.
• Controlarán que despois de comer as mesas queden recollidas.
ENCARGADOS DE DUCHAS:
• Controlarán que todos os acampad@s se duchen e o fagan correctamente vixiando no que leven roupa para cambiarse e que ao saír o fagan sen areas. Os / as participantes que van a vela e táboa dúchanse no C.A.R.
ENCARGADOS DE TEMPO LIBRE:
• Controlaran aos rapaces e rapazas nos tempos que estos teñan libres.
• Prestarán o material que os participantes pidan e poidan utilizar, e controlarán que o devolvan mediante un listado.
VIXIANTES NOCTURNOS
• Durante e ao rematar a reunión de monitores dous monitores farán “a ronda” durante media hora - unha hora para controlar que todos os participantes están durmidos.
Nos tempos libres os monitores organizan campionatos de diferentes actividades deportivas como fútbol ou baloncesto. Ademais dun obradoiro de radio/DJ e a participación no blog:
http://campamentosinas.blogspot.com
Ao rematar a velada e cos participantes xa deitados e os monitores nocturnos controlando os pavillóns, o equipo de monitores xúntase para avaliar o día e concretar as actividades e responsabilidades do día seguinte.
Programación:
Día 1º :
O equipo de monitores chegou o día anterior, así que antes da chegada dos participantes xa tiñamos a cartelería feita e todo o preciso preparado.
Fíxose unha reunión de pais, na que se explicou o funcionamento do campamento.
...